Xenxibre
Xenxibre, sinxebra | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Zingiber officinale Rosc., 1807 |
O xenxibre[1][2] (Zingiber officinale) é unha planta da familia das cinxiberáceas, cuxa raíz está formada por rizomas horizontais moi apreciados polo seu recendo e sabor picante. A planta chega a 90 cm. de altura, con longas follas de 20 cm. O seu rizoma é carnoso, de forma alongada, nodoso, de cor castaña clara polo exterior e abrancazada polo interior; desecado emprégase coma condimente, caracterizándose polo seu sabor picante[3].
Medra en todas as rexións tropicais do mundo. As variedades máis caras e de maior calidade xeralmente proceden de Australia, India e Xamaica, mentres que as máis comercializadas cultívanse na China.
Usos culinarios
[editar | editar a fonte]O rizoma utilízanse na maioría das cociñas do mundo, é tenro e zumarentos e carnosos cun suave sabor. Adóitanse conservar en vinagre (no gari tan frecuente coma acompañante no suxi xaponés) como aperitivo ou simplemente engádense coma ingrediente de moitos pratos. As raíces maduras son fibrosas e enxoitas. O mollo dos rizomas vellos é extremadamente picante e a miúdo utilízase como especia na cociña chinesa para disimular outros recendos e sabores máis fortes, coma o do marisco e maila carne de año.
Na cociña occidental, o xenxibre, seco ou en po restrínxese tradicionalmente aos alimentos doces, utilízase para elaborar caramelos, pan de xenxibre, para lle dar sabor aos biscoitos e galletas e coma condimento principal da gasosa de xenxibre ou "ginger ale", bebida doce, carbonatada e sen alcol.
Usos terapéuticos
[editar | editar a fonte]En investigacións médicas demostrouse que a raíz de xenxibre é un efectivo tratamento contra das vascas causadas polos mareos en medios de transporte, así coma das padecidas polas mulleres embarazadas. Utilízase tamén como estimulante gastrointestinal, tónico e expectorante, entre outros. Contén moitos antioxidantes. Externamente serve para tratar traumatismos e reumatismos.
Valor nutricional
[editar | editar a fonte]Valor nutricional por 100 g | |
---|---|
Enerxía | 333 kJ (80 kcal) |
17.77 g | |
Azucres | 1.7 g |
Fibra alimentaria | 2 g |
0.75 g | |
1.82 g | |
Vitaminas | Cantidade %DV† |
Tiamina (B1) | 2% 0.025 mg |
Riboflavina (B2) | 3% 0.034 mg |
Niacina (B3) | 5% 0.75 mg |
Ácido pantoteico (B5) | 4% 0.203 mg |
Vitamina B6 | 12% 0.16 mg |
Ácido fólico (B9) | 3% 11 μg |
Vitamina C | 6% 5 mg |
Vitamina E | 2% 0.26 mg |
Minerais | Cantidade %DV† |
Calcio | 2% 16 mg |
Ferro | 5% 0.6 mg |
Magnesio | 12% 43 mg |
Manganeso | 11% 0.229 mg |
Fósforo | 5% 34 mg |
Potasio | 9% 415 mg |
Sodio | 1% 13 mg |
Cinc | 4% 0.34 mg |
Outros constituíntes | Cantidade |
Auga | 79 g |
| |
†As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos. Fonte: Base de datos USDA Nutrient |
Especies semellantes
[editar | editar a fonte]Os xermolos da especie Zingiber mioga Roscoe consómense na cociña xaponesa.
Outra das especies da Zingiberáceas, a Alpinia galanga, utilízase de forma semellante ao xenxibre na cociña tailandesa.
A especie procedente do leste dos EUA, Asarum canadense, da familia das Aristolochiaceae, coñecida como teudo silvestre aínda que non está emparentada co xenxibre, ten propiedades recendentes parecidas, mais con todo, non se debe utilizar coma substituto do xenxibre xa que contén ácido aristolóchico, un axente canceríxeno. Esta planta é un diurético e estimulante urinario.
Produción
[editar | editar a fonte]Dez primeiros produtores mundiais – 11 de xuño de 2008 | ||||
---|---|---|---|---|
País | Produción (toneladas) | |||
India | 380,100 | |||
China | 331,393 | |||
Indonesia | 192,500 | |||
Nepal | 174,268 | |||
Tailandia | 170,125 | |||
Nixeria | 152,106 | |||
Bangladesh | 72,608 | |||
Xapón | 52,000 | |||
Filipinas | 27,415 | |||
Camerún | 12,000 | |||
Total mundial | 1,615,974 | |||
Fonte: Food And Agricultural Organization of United Nations: Economic And Social Department: The Statistical Division Arquivado 19 de xuño de 2012 en Wayback Machine. |
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Zingiber officinale foi descrita por William Roscoe e publicado en Transactions of the Linnean Society of London 8: 348. 1807.[4]
- Etimoloxía
O seu nome provén do indoeuropeo: en sánscrito dicíase singavera, que significa «corpo de corno» (śṛṅga: «corno» e vera: «corpo, berinxela, sasafrán, boca»).[5]
- Sinonimia
- Amomum angustifolium Salisb.
- Amomum zingiber L.
- Amomum zinziba Hill
- Curcuma longifolia Wall.
- Zingiber aromaticum Noronha
- Zingiber cholmondeleyi (F.M.Bailey) K.Schum.
- Zingiber majus Rumph.
- Zingiber missionis Wall.
- Zingiber officinale var. cholmondeleyi F.M.Bailey
- Zingiber officinale f. macrorhizonum (Makino) M.Hiroe
- Zingiber officinale var. macrorhizonum Makino
- Zingiber officinale f. rubens (Makino) M.Hiroe
- Zingiber officinale var. rubens Makino
- Zingiber officinale var. rubrum Theilade
- Zingiber officinale var. sichuanense (Z.Y.Zhu, S.L.Zhang & S.X.Chen) Z.Y.Zhu, S.L.Zhang & S.X.Chen
- Zingiber sichuanense Z.Y.Zhu, S.L.Zhang & S.X.Chen
- Zingiber zingiber (L.) H.Karst.[6]
Nome en galego
[editar | editar a fonte]A Real Academia Galega só recolle o termo xenxibre como normativo. Como planta non nativa en Galicia, carece de forma tradicional en galego, e os primeiros dicionarios galegos empregaron a voz sinxebra[7]. Existen tamén as variantes xinxebra[8] e gingebra[9], pero ás máis das veces estes termos confúndense coa especie chamada oficialmente en galego seixebra: Teucrium scorodonia, polo que non está claro Juan Cuveiro Piñol (1876): Diccionario Gallego, Barcelona O nome teudo parece referirse exclusivamente á especie Teucrium scorodonia (a seixebra), que, como ás veces é chamada de sinxebra ou xinxebra, confúndese co xenxibre.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xenxibre.
- ↑ Sen presenza nas obras lexicográficas modernas, a voz sinxebra aparece entre outros nos dicionarios: Leandro Carré Alvarellos (1928-1931): Diccionario galego-castelán, 1ª ed., Lar, A Cruña, 1926-1931; Eladio Rodríguez González (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo; X. L. Franco Grande (1972): Diccionario galego-castelán, 2ª ed., Galaxia, Vigo
- ↑ Dicionario de alimentación e restauración, VV. AA. (2012), Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
- ↑ "Xenxibre". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 24 de agosto de 2015.
- ↑ Segundo o Sanskrit-English Dictionary do sanscritólogo británico Monier Monier-Williams (1819-1899).
- ↑ "Xenxibre". The Plant List. Consultado o 22 de agosto de 2015.
- ↑ Leandro Carré Alvarellos (1928-1931): Diccionario galego-castelán, 1ª ed., Lar, A Cruña, 1926-1931; Eladio Rodríguez González (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo; X. L. Franco Grande (1972): Diccionario galego-castelán, 2ª ed., Galaxia, Vigo
- ↑ Juan Cuveiro Piñol (1876): Diccionario Gallego, Barcelona; e Leandro Carré Alvarellos (1979): Diccionario galego-castelán e Vocabulario castelán -galego, A Coruña, Moret
- ↑ Marcial Valladares Núñez (1884): Diccionario gallego-castellano, Santiago, Imp. Seminario Conciliar
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Xenxibre |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xenxibre |