iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: https://gl.wikipedia.org/wiki/Wendigo
Wendigo - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Wendigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Representación artística dun wendigo.

No folclore algonquino, o wendigo ou windigo,[1] é un monstro mitolóxico caníbal ou un espírito do mal que habita nos bosques da Costa Atlántica e a Rexión dos Lagos Grandes dos Estados Unidos e o Canadá.[2] O wendigo pode aparecer como un monstro con algunhas características de humano, ou como un espírito que posuíu un ser humano e o converteu en monstro. É historicamente asociado co canibalismo, o asasinato, a cobiza insaciable e os tabús culturais contra tales comportamentos.[3]

A lenda presta o seu nome a un controvertido termo médico, a psicose wendigo, descrito polos psiquiatras como unha síndrome cultural con síntomas como unha arela intensa pola carne humana e o medo a converterse nun caníbal.[4] Nalgunhas comunidades indíxenas, a destrución ambiental e a cobiza insaciable tamén se ve como unha manifestación de psicose wendigo.[5]

  1. Brightman, Robert A. (1988). "The Windigo in the Material World". Ethnohistory 35: 337–379. doi:10.2307/482140. 
  2. Ahenakew, Cash, "The birth of the ‘Windigo’: The construction of Aboriginal health in biomedical and traditional Indigenous models of medicine Arquivado 02 de febreiro de 2017 en Wayback Machine. in Critical Literacy: Theories and Practices 5:1 2011 14, University of Calgary. Consultado o 10 de abril de 2016
  3. Brightman (1988:337, 339, 343, 364)
  4. Brightman (1988:337-8, 374)
  5. Kahentinetha, "Boogie Men" in Mohawk Nation News, Quebec, Canadá; 14 de marzo de 2013. Consultado o 10 de abril de 2016

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Smallman, Shawn (2003). Dangerous Spirits: The Windigo in Myth and History. Victoria, BC: Heritage House Publishing Company. ISBN 9781772030334. 
  • Teicher, Morton I. (1961). "Windigo Psychosis: A Study of Relationship between Belief and Behaviour among the Indians of Northeastern Canada." In Proceedings of the 1960 Annual Spring Meeting of the American Ethnological Society, ed. Verne P. Ray. Seattle: University of Washington Press.