Vibrio parahaemolyticus
Vibrio parahaemolyticus | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Imaxe de microscopio electrónico de varrido de V. parahaemolyticus | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
|
Vibrio parahaemolyticus é unha especie de bacterias gramnegativas de forma bacilar curvada que viven no mar e estuarios, que, cando son inxeridas, poden causar gastroenterite bacteriana en humanos.[1] V. parahaemolyticus é positiva para a oxidase, é un orgnismo aerobio facultativo e non produce esporas. Como outros membros do xénero Vibrio, esta especie é móbil, cun só flaxelo polar.[2]
Patoxénese
[editar | editar a fonte]Aínda que as infeccións por esta bacteria poden ocorrer pola ruta fecal-oral, a inxestión da bacteria en comida crúa ou pouco cociñada, xeralmente ostras, é a causa predominante da gastroenterite aguda causada por V. parahaemolyticus.[3] As infeccións de feridas causadas por esta bacteria tamén poden ocorrer pero son menos comúns que as producidas polos alimentos mariños. Os mecanismos da enfermidade non están aínda claros.[4]
Os illamentos clínicos adoitan posuír unha illa de patoxenicidade (PAI) no segundo cromosoma. A PAI poden adquirila por transferencia horizontal de xenes e contén xenes de varios factores de virulencia. Hai dúas variantes completmente secuenciadas da PAI de V. parahaemolyticus con liñaxes claramente diferentes.[5][6] Cada variante de PAI contén un sistema de secreción de tipo III (T3SS) xeneticamente distinto, que pode inxectar proteínas da virulencia nas células do hóspede que alteran as funcións da célula hóspede ou causan a súa apoptose. As dúas variantes coñecidas de T3SS do cromosoma 2 de V. parahaemolyticus son T3SS2α e T3SS2β. Estas variantes corresponden ás dúas variantes coñecidas da PAI. Xunto co T3SS, na PAI atópanse dous xenes ben caracterizados que codifican proteínas da virulencia: o xene da hemolisina direta termoestable (tdh) e/ou o xene de hemolisina relacionada con tdh (trh). As cepas que posúen un tipo ou ambos destas hemolisinas presentan beta-hemólise en placas de ágar sangue. Parece existir unha correlación distinta entre a presenza de tdh, trh, e as dúas variantes coñecidas de T3SS: diversas observacións correlacionaron a T3SS2α con cepas tdh+/trh-, mentres que a T3SS2β correlaciónase con cepas tdh-/trh+.[7]
Signos e síntomas
[editar | editar a fonte]O período de incubación de aproximadamente 24 horas vai seguido dunha intensa diarrea acuosa ou sangrante acompañada de náuseas, vómito, cambras abdominais, e ás veces febre. Os síntomas desaparecen normalmente en 72 horas, pero poden persistir ata 10 días en persoas inmunocomprometidas. Como a gran maioría dos casos de envelenamentos alimentarios por V. parahaemolyticus son autolimitantes, a doxiciclina non é normalmente necesaria. En casos graves, está indicada unha terapia de rehidratación oral.[2]
Epidemioloxía
[editar | editar a fonte]Os brotes tenden a concentrarse en rexións costeiras durante o verán e inicio do outono cando as maiores temperaturas da auga favorecen niveis máis altos da bacteria. Os alimentos de orixe mariña son os que están implicados na maioría dos casos, como luras, xarda, atún, sardiñas, cangrexos, gasterópodos, gambas, e bivalvos, como ostras e ameixas. No noroeste dos Estados Unidos, hai un incremento da incidencia desta doenza debido ás ostras contaminadas con V. parahaemolyticus, que está asociada co movemento cara ao norte pola costa atlántica de augas máis cálidas do golfo de México.[8]
Ademais, nadar ou traballar en áreas afectadas pode orixinar infeccións nos ollos, oídos,[9] ou cortes abertos e feridas.
Hóspedes
[editar | editar a fonte]Entre os hóspedes de V. parahaemolyticus algúns exemplos son:
- Clithon retropictus, un gasterópodo tipo mincha.[10]
- Litopenaeus, gamba (sospeitoso; posible causa de hepatopancreatite necrotizante).[11]
- Nerita albicilla, gasterópodo.[10]
- Magallana gigas, ostra do Pacífico.[12][13]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "What is Vibrio parahaemolyticus?". Consultado o 25 de setembro de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 Ryan KJ, Ray CG, eds. (2004). Sherris Medical Microbiology (4ª ed.). McGraw Hill. ISBN 0-8385-8529-9.
- ↑ Finkelstein RA (1996). Baron S; et al., eds. Cholera, Vibrio cholerae O1 and O139, and Other Pathogenic Vibrios. In: Barron's Medical Microbiology (4ª ed.). Univ of Texas Medical Branch. ISBN 0-9631172-1-1. (via NCBI Bookshelf).
- ↑ Baffone W, Casaroli A, Campana R, et al. (2005). "'In vivo' studies on the pathophysiological mechanism of Vibrio parahaemolyticus TDH(+)-induced secretion". Microb Pathog 38 (2–3): 133–7. PMID 15748815. doi:10.1016/j.micpath.2004.11.001. hdl:11576/2504278.
- ↑ Makino, Kozo; Kenshiro Oshima; Ken Kurokawa; et al. (1 de marzo de 2003). "Genome sequence of Vibrio parahaemolyticus: a pathogenic mechanism distinct from that of V. cholerae". The Lancet 361 (9359): 743–9. PMID 12620739. doi:10.1016/S0140-6736(03)12659-1.
- ↑ Okada, Natsumi; Tetsuya Iida; Kwon-Sam Park; et al. (febreiro de 2009). "Identification and Characterization of a Novel Type III Secretion System in trh-positive Vibrio parahaemolyticus Strain TH3997 Reveal Genetic Lineage and Diversityt of Pathogenic Machinery beyond the Species Level". Infection and Immunity 77 (2): 904–913. PMC 2632016. PMID 19075025. doi:10.1128/IAI.01184-08.
- ↑ Noriea, Nicholas; CN Johnson; KJ Griffitt; DJ Grimes (setembro de 2010). "Distribution of type III secretion systems in 'Vibrio parahaemolyticus from the northern Gulf of Mexico". Journal of Applied Microbiology 109 (3): 953–962. PMID 20408916. doi:10.1111/j.1365-2672.2010.04722.x.
- ↑ Casey, Michael. "New Hampshire Looks for Answers Behind Oyster Outbreaks". R&D Magazine. Associated Press. Consultado o 5 de decembro de 2016.
- ↑ Penland RL, Boniuk M, Wilhelmus KR (2000). "Vibrio ocular infections on the U.S. Gulf Coast". Cornea 19 (1): 26–9. PMID 10632004. doi:10.1097/00003226-200001000-00006.
- ↑ 10,0 10,1 Kumazawa, NH; Kato, E; Takaba, T; Yokota, T (1988). "Survival of Vibrio parahaemolyticus in two gastropod molluscs, Clithon retropictus and Nerita albicilla". Nihon Juigaku Zasshi. The Japanese Journal of Veterinary Science 50 (4): 918–24. PMID 3172602. doi:10.1292/jvms1939.50.918.
- ↑ "Cause Of EMS Shrimp Disease Identified". Gaalliance.org. Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2014. Consultado o 2013-12-29.
- ↑ "Vibrio parahaemolyticus and raw Pacific oysters from Coffin Bay, SA". Food Standards Australia New Zealand (FSANZ). Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2021. Consultado o 2021-12-04.
- ↑ "Coffin Bay Oysters Recalled". Government of South Australia. Consultado o 2021-12-04.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vibrio parahaemolyticus |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Vibrio parahaemolyticus |