Vallabhbhai Patel
Vallabhbhai Patel, nado en Nadiad o 31 de outubro de 1875 e finado en Bombai o 15 de decembro de 1950, coñecido popularmente como Sardar Patel, foi un político indio. Foi o primeiro Viceprimeiro Ministro da India. Foi avogado e estadista, líder do Congreso Nacional Indio e pai fundador da República da India que tivo un papel principal na loita pola independencia do seu país e guiou a integración nunha única nación independente.[1] Na India e noutros lugar adoita ser chamado Sardar, que significa "xefe" en hindi, urdú e persa. Actuou como ministro do interior durante a integración política da India e a guerra indopaquistaní de 1947.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Patel creceu na área rural do estado de Gujarat.[3] Foi un avogado de éxito e organizou os campesiños de Kheda, Borsad e Bardoli en Gujarat nun movemento non violento de desobediencia civil contra o Raj británico, converténdose nun dos líderes máis influentes do estado. Foi nomeado o 49.º presidente do Congreso Nacional da India, organizando o partido para as eleccións de 1934 e 1937 mentres promovía o movemento Quit India.
Como primeiro ministro do interior e viceprimeiro ministro da India, Patel fixo esforzos polos refuxiados de Punjab e Delhi e traballou para restaurar a paz. Liderou as tarefas para forxar unha India unida, integrando con éxito na nova nación independente as provincias coloniais británicas que foran "colocadas" no país.[4] Ademais destas provincias que estaban baixo o goberno directo británico, aproximadamente 565 estados principescos autónomos foran liberados da soberanía británica pola Acta de Independencia India de 1947. Ameazando as forzas militares, Patel persuadiu a case todos os estados principescos a acceder á India. O seu compromiso coa integración nacional foi total e inflexible, valéndolle o alcume de "Home de Ferro da India".[5] Tamén é lembrado como o "santo patrón dos servidores civís da India" porque estableceu o moderno sistema administrativo do país. Tamén se lle chamou "Unificador da India".[6] A Estatua da Unidade, estatua máis alta do mundo, dedicóuselle o 31 de outubro de 2018 e mide aproximadamente 182 metros.[7]
Na cultura popular
[editar | editar a fonte]- 1947: Patel apareceu na portada da revista Time.[8]
- 1976: Kantilal Rathod dirixiu un documental sobre el.
- 1982: En Gandhi, de Richard Attenborough (1982), o actor Saeed Jaffrey interpreta a Patel.
- 1989: Na novela satírica The Great Indian Novel de Shashi Tharoor, a personaxe de Vidur Hastinapuri está baseada simultaneamente en Patel e na personaxe mitolóxica de Vidura.
- 1993: Ketan Mehta dirixiu o filme biográfico Sardar.[9]
- 2000: Arun Sadekar interpretou a Patel en Hey Ram, de Kamal Haasan.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "How Vallabhbhai Patel, V P Menon and Mountbatten unified India". 31 de outubro de 2017.
- ↑ Gandhi, Rajmohan. Patel: a life (Biography). navjivan trust.
- ↑ Lalchand, Kewalram (1977). The Indomitable Sardar. Bharatiya Vidya Bhavan. p. 4.
Sardar Vallabhbhai Patel
- ↑ Menon, V.P. (15 de setembro de 1955). Original first edition with maps - The story of the integration of the Indian states (First ed.). Bangalore: Longmans Green and Co. Consultado o 22 de marzo de 2019.
- ↑ "PM Modi pays rich tribute to 'iron man' Sardar Patel on his 141st birth anniversary". The Indian Express. 31 de outubro de 2016.
- ↑ "Prime Minister Narendra Modi pays tribute to India's 'Iron Man' on his 141st birth anniversary". The Financial Express. 31 de outubro de 2016.
- ↑ "India unveils the world's tallest statue". BBC. 31 de outubro de 2018.
- ↑ Time covers
- ↑ "Film fest to celebrate Independence Day". The Times of India.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vallabhbhai Patel |
A Galipedia ten un portal sobre: India |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bhatt, M.C. (1991). "5". En Kumar, Ravinder. Life and Work of Sardar Vallabhbhai Patel. Atlantic Publishers & Distributors.
- Gandhi, Rajmohan (1990). Patel: A Life. Ahmedabad: Navajivan. OCLC 25788696.
- Guha, Ramachandra (2007). India After Gandhi. MacMillan.
- Krishna, Balraj (2007). India's Bismarck, Sardar Vallabhbhai Patel. Indus Source. ISBN 978-8188569144.
- Desai, Mahadev (1933). Vir Vallabhbhai.
- Panjabi, K.L (1969). The Indomitable Sardar (3rd ed.). Bharatiya Vidya Bhavan. OCLC 1207231.
- Parikh, Narhari (1953). Sardar Vallabhbhai Patel. Navajivan Pub. House. OCLC 7071692., OCLC 65653329 online vol 1
- Nandurkar, G.M. (1981). Sardar's letters, mostly unknown. Sardar Vallabhbhai Patel Smarak Bhavan. OCLC 10423422., OCLC 4639031
- Patel, Raojibhai (1972). Hind Ke Sardar. Navajivan Pub. House.
- Pattabhi, Sitaramayya (1946). Feathers & Stones "my study windows". Padma Publications. OCLC 37520214.
- Menon, V.P. (1985). Integration of Indian States. Sangam Books Ltd. ISBN 978-0861314652.
- Menon, V.P. (1961). The story of the integration of the Indian States. Orient Longmans. OCLC 260719.
- Menon, V.P. (1997) [1957]. The Transfer of Power in India. Orient Longman. ISBN 978-8125008842.
- Nayar, Pyarelal (1958). Mahatma Gandhi: the last phase. Navajivan Pub. House. OCLC 1652068.
- Hodson, H.V. (1997). Great Divide; Britain, India, Pakistan (New ed.). Oxford University Press, US. ISBN 978-0195778212.
- Campbell-Johnson, A. (1953) [1951]. Mission With Mountbatten. Dutton. OCLC 1302764.
- Munshi, K.M. (1967). Pilgrimage to freedom, 1902–1950, (Indian constitutional documents) (1st ed.). Bharatiya Vidya Bhavan. OCLC 5433579.
- Shankar, Vidya (1974–75). My Reminiscences of Sardar Patel (2 volumes) (1st ed.). Nova Deli: Macmillan. OCLC 2119134.
- Patel, Vallabhbhai; Das, Durga (ed.) (1971). Sardar Patel's correspondence: 1945–50 (1st ed.). Navajivan Pub. House. Consultado o 2 de setembro de 2013.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sardar Patel National Informatics Centre
- Operation Polo Bharat Rakshak.com
- "Sardar Patel". Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2006. Consultado o 17 de maio de 2019. Sarvadharma.org
- Sardar Patel – Builder of a steel strong India Press Information Bureau, Government of India