Universidade de Graz
Universidade de Graz Karl-Franzens-Universität Graz | |
---|---|
Datos xerais | |
Fundación | 1585 |
Fundador | Carlos II de Estiria e Francisco I de Austria |
Datos actuais | |
Alumnos | 22000 |
Datos de contacto | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Universidade de Graz [1] (nome oficial alemán: Karl-Franzens-Universität Graz, en latín: Carolo-Franciscea ) é a universidade máis grande de Estiria e, despois da Universidade de Viena, a segunda máis antiga de Austria. Debe o seu nome ao arquiduque Carlos II de Estiria[2] e ao emperador Francisco I de Austria[3]. No semestre de inverno 2007/2008 tiña 21340 alumnos, sendo a porcentaxe de estranxeiros do 9,4 %.
Estrutura
[editar | editar a fonte]Segundo a Lei universitaria austríaca do ano 2002, esta universidade está subdividida en seis facultades:
- Facultade de Teoloxía Católica
- Facultade de Dereito
- Facultade de Ciencias Económicas e Sociais
- Facultade de Humanidades
- Facultade de Ciencias Naturais
- Facultade de Ciencias da Educación e do Medio Ambiente
A Facultade de Medicina converteuse durante o ano 2003 nunha universidade independente, a Medizinische Universität Graz.
Conxuntamente coa Technische Universität Graz leva a cabo o proxecto de cooperación NAWI Graz, polo que traballan en conxunto diversos programas de investigación e docencia no marco das ciencias naturais, química, bioloxía molecular, ciencias da terra, matemáticas e física.
Premios Nobel
[editar | editar a fonte]- Walther Hermann Nernst, 1920 en química; estudante en Graz en 1886.
- Fritz Pregl, 1923 en química; en Graz desde 1913 ata a súa morte en 1930.
- Julius Wagner-Jauregg, 1927 en medicina; en Graz de 1889 a 1893.
- Erwin Schrödinger, 1933 en física; en Graz de 1936 a 1938.
- Otto Loewi, 1936 en medicina; en Graz de 1909 a 1938.
- Victor Franz Hess, 1936 en física; estudante en Graz de 1893 a 1906m despois en 1919-1931 e 1937-1938.
- Gerty Cori, 1947 en medicina; traballou antes de 1922 en Graz.
- Ivo Andrić, 1961 en literatura; licenciouse en Graz en 1924 cunha tese sobre "A vida intelectual en Bosnia e Herzegovina durante a era otomá".
- Karl von Frisch, 1973 en medicina; en Graz de 1946 a 1950.
- Peter Handke, 2019 en Literatura; en Graz de 1961 a 1965.
Outros académicos
[editar | editar a fonte]- Alexius Meinong, filósofo autor da Teoría dos Obxectos.
- Alfred Wegener, xeólogo e meteorólogo, desenvolveu a teoría da deriva continental.
- Anselm Franz, creador do motor a reacción Jumo 004.
- Christian von Ehrenfels, filósofo, relator en Graz da psicoloxía da Gestalt.
- Ernst Mach, físico.
- Hans Gross, criminólogo.
- Hugo Schuchardt, romanista.
- Joseph Schumpeter, economista.
- Ludwig Boltzmann, físico.
- Nikola Tesla, enxeñeiro e inventor.
- Paul Guldin, matemático.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Véxase ao respecto Bast, UG 2002 (2003), Anm. 1 ao § 6
- ↑ "Lugares que ver Universidad de Graz". lugaresquever.com (en castelán). Consultado o 2022-05-16.
- ↑ "Universidades en Austria: Lista de las 12 mejores universidades (2021)". topunis.org (en castelán). Consultado o 2022-05-16.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Universidade de Graz |
- Karl-Franzens Universität Graz (Páxina oficial)
- A+ntigos alumnos UNI graz - Asociación de graduados e amigos da Universidade de Graz
- 'KinderUni' de Graz
- Videorreportaxe da Universidade
- Organigrama (pdf; 20 kB)
- Consideración arquitectónica do centro ReSoWi (Nextroom Architektur Datenbank)