Turquesa (cor)
O turquesa é a cor azul verdosa semiclara, de aspecto brillante, céreo. Denomínase tamén azul turquesa. Ten como referencia de orixe a coloración da xema homónima.[1]
Esta cor está comprendida nos acervos iconolingüísticos tradicionais das culturas asiática, europea, norteamericana e mesoamericana.[1]
O turquesa é unha cor estándar, é dicir, que debido ao seu uso popular inclúese en catálogos e inventarios cromáticos; mais non conta cunha definición exacta, polo que presenta variacións, sendo, na práctica unha familia de cores parecidas entre si, aturquesadas.[1]
Coordenadas aproximadas da cor
[editar a fonte]Triplete hexadecimal | #40E0D0
|
RGB (r, g, b) | (64, 224, 208) |
CMYK (c, m, y, k) | (71, 0, 7, 12) |
HSV (h, s, v) | (174°, 71 %, 88 %) |
HTML | #3CB3B6 | #26AFA6 |
CMYK | (60, 0, 27, 0) | (65, 0, 36, 0) |
RGB | (60, 179, 182) | (38, 175, 166) |
HSV | (181°, 67 %, 71 %) | (176°, 78 %, 69 %) |
Referencia | [1] | [1] |
Usos
[editar | editar a fonte]Antigas culturas mesoamericanas
[editar | editar a fonte]A turquesa, como xema, era moi apreciada en tempos antigos en norte e Centroamérica, sendo obxecto dun activo comercio entre diferentes pobos. Na área de influencia do náhuatl —idioma capaz de complexas metáforas e posuidor dun amplo vocabulario cromático que inclúe a cor turquesa—, o conxunto das coloracións verdeazuladas asociábase simbolicamente coa auga e a vexetación, que se entendían como elementos indispensables para a vida. Algúns materiais preciosos con esta coloración, como a turquesa, o xade e as plumas de quetzal, representaban metaforicamente a auga e a vexetación, e tamén o facían as cores destes materiais.[2]
Así mesmo, un texto náhuatl di que a casa do deus Quetzalcóatl ten «traveseiros de cor turquesa», suxerindo que a cor, e non só a pedra homónima, tiña un valor simbólico asociado coa nobreza e co divino.[3]
Moda
[editar | editar a fonte]A cor turquesa está suxeita aos vaivéns da moda. Foi particularmente popular nos anos 1950.
Turquesa pictórico
[editar | editar a fonte]O turquesa que se adoita ver na pinturas artísticas é tipicamente diferente do anterior. A súa coloración responde á do pigmento empregado nas pinturas comercializadas como de cor azul turquesa, turquesa ou bleu turquoise: ftalocianina de cobre bromada.[1] Unha mostra aproximada desta cor:
A similitude deste turquesa pictórica coa cor da turquesa natural faise evidente ao aclarar a pintura con branco, como se ve abaixo.
HTML | #00969F |
CMYK | (80, 10, 35, 0) |
RGB | (0, 150, 159) |
HSV | (183°, 100 %, 62 %) |
Referencia | [1] |
Cores HTML
[editar | editar a fonte]As cores HTML establecidas por protocolos informáticos para o seu uso en páxinas web inclúen catro tonalidades chamadas turquoise (turquesa):
Pale turquoise | Turquoise | Dark turquoise | Medium turquoise | |
---|---|---|---|---|
HTML | #AFEEEE | #40E0D0 | #00DED1 | #48D1CC |
RGB | (175, 238, 238) | (64, 224, 208) | (0, 222, 209) | (72, 209, 204) |
HSV | (180°, 26 %, 93 %) | (174°, 71 %, 88 %) | (176°, 100 %, 87 %) | (178°, 66 %, 82 %) |
Protocolo | X11 | X11 | X11 | X11 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Gallego, Rosa; Sanz, Juan Carlos (2005). H. Blume, ed. Guía de coloraciones. Madrid. ISBN 84-89840-31-8.
- ↑ Dehouve, Danièle (2003). "Nombrar los colores en náhuatl (siglos XVI–XX)". En Universidad Autónoma de México. El color en el arte mexicano (PDF). México, D.F. pp. 65–66. ISBN 970-32-0455-4.
- ↑ Ferrer, Eulalio (2000). UNAM, Instituto de Investigaciones Históricas, ed. "El color entre los pueblos nahuas". Estudios de Cultura Náhuatl (México, D.F.) (31): 220. ISSN 0071-1675. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de maio de 2013. Consultado o 21 de maio de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]