iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: https://gl.wikipedia.org/wiki/Théoden
Théoden - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Théoden

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Théoden
Personaxe de O Señor dos Aneis
Creador(es) J. R. R. Tolkien
Información
Alcume Tûrac
Raza Home de Rohan
Sexo Masculino
Nacemento 2948 T.I.
Falecemento 15 de marzo de 3019 T.I.
Campos de Pelennor
Título Señor da Marca
Rei de Rohan
Cónxuxe Elfhild
Fillos Théodred
Familiares Thengel (pai)
Morwen (nai)
Residencia Edoras

Théoden é un personaxe ficticio que pertence ó legendarium creado polo escritor británico J. R. R. Tolkien. Era o rei de Rohan e aparece principalmente nos libros As dúas torres e O regreso do rei, o segundo e terceiro volumes da triloxía O Señor dos Aneis. A súa espada chamábase Herugrim.

"þeoden," unha verba en inglés antigo para "príncipe," "líder," "rei".

Na etimoloxía da Terra Media, o nome Théoden é unha tradución do rohírrico Tûrac, unha verba antiga para rei. Algúns estudosos relacionan Théoden coa verba en inglés antigo þēoden,[1] que quere dicir "líder do pobo" (ou tamén "rei" ou "príncipe").[2][3] Ó igual que outros nomes descritivos do seu legendarium, Tolkien usa este nome para xerar a impresión de que o texto é "'histórico', 'real' ou 'arcaico'".[4]

Aparicións

[editar | editar a fonte]

Literatura

[editar | editar a fonte]

Foi o único fillo do rei Thengel e Morwen de Lossarnach. Tivo catro irmás (unha maior e tres menores) e era especialmente achegado á última, Théodwyn.[5] Naceu no 2948 T. E. en Gondor, onde a súa familia viviu ata que Thengel pasou a ser rei de Rohan. Medrou falando sindarin e oestron, pero aprendeu o rohírrico, a lingua da súa terra, máis tarde. Converteuse en rei despois da morte do seu pai en 2980. Théodwyn viviu con el en Edoras. Casou con Elfhild, quen morreu dando a luz ó seu fillo, Théodred. Logo de que a súa irmá Théodwyn e o seu esposo Éomund morreran, adoptou ós seus fillos: Éomer e Éowyn. Tamén foi o primeiro Mariscal da Marca logo da morte de Éomund.

Nos anos da Guerra do Anel Théoden levaba case trinta anos como rei de Rohan, e estaba amosando sinais de vellez; era cada vez máis manipulado por Gríma Lingua de Verme, que estaba secretamente baixo o mando de Saruman, quen acelerou o seu avellentamento mediante pocións e velenos.[6] Nos últimos anos antes Théoden estaba perdendo o control do seu reino pola influencia de Gríma, xa que Rohan era ameazado de novo por orcos e dunlendinos, que operaban guiados por Saruman dende Isengarda.

Despois de que Théodred fora mortalmente ferido na Primeira Batalla dos Vaos do Isen enfrontándose ós exércitos de Isengarda, Eomér pasou a ser o herdeiro de Théoden.

Cando Gandalf o Branco e Aragorn apareceron en Edoras, Théoden non lles prestou maior atención, pero logo de que Gríma fose desenmascarado e Théoden retomara os seus sentidos, aceptou loitar contra Isengarda, devolveulle os poderes ó seu sobriño e liderou ós Rohirrim na Batalla do Abismo de Helmo.

Polo Xuramento de Eorl, unha eterna alianza entre Rohan e Gondor, Théoden encabezou ós Rohirrim para loitar na Batalla dos Campos de Pelennor. Nesta batalla derrotou á cabalería dos Haradrim. Foi mortalmente ferido logo de que o seu cabalo caese enriba del ó ser atravesado por unha frecha. Foi vingado por Éowyn e Merri, os cales cabalgaran á guerra en segredo. Nos seus derradeiros minutos despediuse de Éowyn e proclamou rei ó seu sobriño.

Versión cinematográfica

[editar | editar a fonte]
Bernard Hill interpreta o rei Théoden.

Nos filmes de Peter Jackson The Lord of the Rings: The Two Towers e The Lord of the Rings: The Return of the King, Theoden é interpretado polo actor inglés Bernard Hill. No terceiro filme da triloxía, Théoden morre a mans do Rei Bruxo de Angmar.

Predecesor:
Thengel

Rei de Rohan

2980 - 3019 T. E.
Sucesor:
Éomer
  1. Wynne, H. (10 de outubro de 2006). "THEODEN". En Drout, M. D. C. J.R.R. Tolkien encyclopedia: scholarship and critical assessment (primeira ed.). Routledge. p. 643. ISBN 978-0-415-96942-0. 
  2. Véxase definición: Bosworth, Joseph; Toller, T. Northcote. An Anglo-Saxon Dictionary (en liña), ed. "þeóden". Praga: Charles University.  - (tamén escrtio ðeoden), conato do nórdico antigo þjóðann
  3. Solopova, p. 21. "Théoden ('Lord' in Old English)".
  4. Solopova, p. 22.
  5. Apéndice A: anais dos reis e os gobernantes - II. A casa de Eorl». 
  6. Tolkien, J. R. R. Unfinished Tales (George Allen & Unwin paperback edition, 1982), p. 355.