iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: https://gl.wikipedia.org/wiki/Teleoloxía
Teleoloxía - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Teleoloxía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Platón

A teleoloxía é un concepto filosófico que establece que a finalidade existe na natureza. Isto significa que, a semellanza das finalidades encontradas nas accións humanas, a natureza tende esencialmente cara fins concretos.

A teleoloxía foi investigada por Platón e Aristóteles, por Anselmo de Canterbury durante o século XI, por Inmanuel Kant no século XVIII, como un principio regulador no seu libro "Crítica do xuízo", e por Jung. Tamén foi fundamental para a especulación filosófica de Hegel.

Algo é teleolóxico cando ten un motivo ou causa final. En xeral pódese dicir que hai dous tipos de finalidade: intrínseca e extrínseca.

  • Unha cousa ou acción ten unha finalidade intrínseca cando é por causa de algo externo. Dalgunha maneira, as persoas mostran este tipo de finalidade cando procuran a felicidade dun neno. Se o externo non existise, a acción non mostraría finalidade.
  • Algo ten unha finalidade extrínseca cando non se produce por ningunha outra cousa que o propio motivo. Por exemplo, intentamos ser felices polo simple motivo de ser felices, e non por outra cousa.

Desde Novum Organum, de Francis Bacon, as explicacións teleolóxicas na ciencia tenden a ser deliberadamente eludidas por que se son verdadeiras ou non é discutible máis alá da percepción humana e o noso entendemento para xulgar. Algunhas disciplinas, en especial dentro da bioloxía evolutiva, son aínda propensas a usar palabras que semellan teleolóxicas cando describen tendencias naturais que van deica unhas *inudables condicións finais. Non obstante, eses argumentos pódense traducir case sempre a formas non teleolóxicas.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

A palabra procede do grego τέλος, telos (fin, propósito) e -λογία (rama da aprendizaxe). O termo foi acuñado en 1728 polo filósofo xermano Christian Wolff no seu traballo Philosofía rationalis sive logica.

Teleoloxía clásica

[editar | editar a fonte]

Platonismo

[editar | editar a fonte]

No Fedón, Platón argumenta que as explicacións verdadeiras para algún fenómeno físico teñen que ser teleolóxicas. Así mesmo, lamenta as equivocacións para distinguir entre algo necesario e algo que é suficiente, que el identifica respectivamente como causas materiais e finais.

Imaxina non poder distinguir entre unha causa real doutra que non actúa como tal. Isto é o que a maioría parece facer, como se medrasen na escuridade. Eles chaman a esta unha causa, co que lle dan un nome que non lle corresponde. Isto é polo que algúns consideran que a Terra está rodeada por un remuíño e a supoñen fixa no centro do mundo e outros din que o aire a soporta; pero non buscan investigar o por que de este feito nin cren que hai unha forza divina involucrada, como un forte e máis inmortal Atlas que sostén todo, ó cal, que é o único capaz de ligalo e abrazalo todo, téñeno como unha vana idea. Platón, Fedón

Platón razoa aquí que os materiais que compoñen un corpo están necesariamente condicionados para realizar os seus movementos ou accións dunha maneira segura, pero que eses materiais non poden estar suficientemente condicionados para actuar como actúan. Por exemplo, se Sócrates está sentado nunha prisión de Atenas, a elasticidade dos seus tendóns é o que lle permite sentar. Dese modo, a descrición física dos seus tendóns pode ser definida como "condicións necesarias ou motivos auxiliares da súa acción de sentarse." No entanto, estas só son condicións necesarias de que Sócrates se sente. Para dar unha descrición física do corpo de Sócrates dicimos que está sentado, pero isto non nos dá unha idea de por que esta sentado no lugar inicial. Para dicir por que el estaba sentado temos que explicar o proveitoso desta acción en relación ó que provoca (todas as consecuencias. Por iso, dar unha explicación sobre o que é algo é igual ca decidir sobre o que é bo. A súa bondade é o motivo actual, e a súa resolución, propósito ou razón para iso.

Aristotelismo

[editar | editar a fonte]

De maneira similar, Aristóteles argumenta que Demócrito de Abdera estaba equivocado intentando reducir todas as cousas ao soamente necesario, porque facendo iso descoidaba a finalidade, co cal xeraba estas necesarias condicións:

Demócrito, secasí, descoidando a finalidade, reducía todas as operacións da natureza ao necesario. Actualmente, son necesarias, é verdade, mais sono por unha finalidade, un motivo ou o que sexa mellor en cada caso. Por eso nada evita que se formen os dentes e logo se perdan. Aristóteles, Xeración dos animais

Na Física, Aristóteles rebate a suposición de Platón de que o Universo foi creado por un intelixente deseñador usando formas eternas como modelo. Para Aristóteles, os fin naturais son producidos pola natureza (principios de cambio interno para os seres vivos) e, polo tanto, non son deliberados.

É un absurdo supor que os fins están presentes na natureza porque non poidamos ver un axente deliberado nela. Aristóteles, Física

Estes argumentos de Platón e Aristóteles son contrarios aos presentados primeiro por Demócrito e logo por Lucrecio, ambos respaldados polo que agora a miúdo chamamos naturalismo metafísico ou accidentalismo.

Nada no corpo está feito para que nós o usemos. O que acontece é que existir é o motivo do seu uso. Lucrecio, De rerum natura

Teleoloxía moderna e contemporánea

[editar | editar a fonte]

Historicamente, a teleoloxía foi identificada coa tradición filosófica do Aristotelismo. O racional da teleoloxía foi investigado por Immanuel Kant na Crítica do xuízo e, logo, foi fundamental na teoría especulativa de Hegel e en varias das súas escolas, enunciando a historia das nosas especies como unha variante do dito por Darwin, así como o materialismo dialéctico de Karl Marx e Friedrich Engels o cal agora recibe o nome de filosofía analítica. O punto de partida non é unha lóxica demasiado formal nin un feito científico pero serve para "identificar" (Na terminoloxía de Hegel: o obxectivo do espírito).

A conciencia humana, no proceso para conseguir autonomía e liberdade, non ten alternativa, pero trata cunha realidade obvia: as identidades colectivas (tales como a multitude de puntos de vista no mundo e as identidades éticas, culturais e nacionais) que divide a raza humana e pon (e sempre os puxo) a diferentes grupos en conflito. Hegel pensaba que todo este mutuo antagonismo, con diferentes maneiras de ver o mundo e a vida ao longo da historia foron conducidas cunha finalidade. A contradición obxectiva entre suxeito e obxecto ao final nega unha forma de vida que deixe o conflito violento atrás. Esta noción teleolóxica do proceso histórico como un conxunto está presente nunha variedade de autores do século XX, a pesar de que a súa importancia diminuíu drasticamente tras a II guerra mundial.

En contraste, a teleoloxía e as grandes narrativas son evitadas na actitude contemporánea e a teleoloxía é vista como reducida, excluída e nociva.

En contra disto, Alasdair MacIntyre argumentou que o entendemento narrativo de cada quen, a súa capacidade de razoamento, a dependencia e as prácticas e tradicións sociais nas que se participa, tenden todas cara a un fin liberador. As prácticas sociais propias son entendidas como orientacións teleolóxicas cara beneficios propios. Por exemplo: prácticas filosóficas e enquisas científicas son teleolóxicas para un correcto entendemento dos seus obxectivos. After Virtue de MacIntyre rexeita a teleoloxía naturalista da bioloxía metafísica de Aristóteles. Este autor moveuse cautelosamente da ideoloxía deste libro dunha teleoloxía sociolóxica cara a unha exploración no que segue sendo válido nunha teleoloxía naturalista máis tradicional.

Teleoloxía e ética

[editar | editar a fonte]

A teleoloxía forma parte do estudo da ética.

Ética profesional

[editar | editar a fonte]

Os empresarios, normalmente, pensan en termos de acción útiles como, por exemplo, a administración de obxectivos. Unha análise teleolóxica da ética profesional condúcenos á consideración do rango de todas as persoas con interese nas decisións dunha empresa, incluíndo a administración, persoal, compradores, accionistas, país, habitantes e medio ambiente.

Ética médica

[editar | editar a fonte]

A teleoloxía dispón uns fundamentos morais para a ética na medicina. Os doutores están xeralmente preocupados polas secuelas e por dar medicamentos paradigmáticos.

Consecuencialismo

[editar | editar a fonte]

O amplo espectro da ética consecuencialista, do cal o utilitarismo é un bo exemplo, céntrase no resultado final ou consecuencia (segundo o filósofo utilitarista John Stuart Mill: "O mellor para o maior número"), tamén chamado Principio de Utilidade. Este principio é teleolóxico, pero cun amplo significado, que é entendido noutro aspecto da filosofía. Segundo a noción clásica, a teleoloxía é inherente na natureza, mentres que para o consecuencialismo, a teleoloxía é imposta polos humanos na mesma. As teorías consecuencialistas xustifican de maneira innata o que moita xente chama actos viles. Por exemplo, unha teoría consecuencialista di que sería aceptable matar a unha persoa se con iso salvas a dúas ou máis. Estas teorías poden ser resumidas como "o fin xustifica os medios".

O consecuencialismo mantense en contraste coas nocións máis clásicas da ética deontolóxica, tales como a ética da virtude de Aristóteles e o Imperativo Categórico de Inmanuel Kant. Na ética deontolóxica, sacar o mellor e o peor dos actos do individuo xustifica os malos actos. Para conseguir un final pleno, a ética deontolóxica posúe unha ética maior co consecuencialismo.

Mill tamén se basea na ética deontolóxica para guiar o comportamento práctico, sempre e cando estea xustificado co Principio de Utilidade.

Teleoloxía e ciencia

[editar | editar a fonte]

Na ciencia moderna as explicacións que utilizan a teleoloxía son evitadas, xa sexa porque son innecesarias ou porque se son verdadeiras ou falsas é relativo segundo a habilidade de percepción humana e o seu entendemento para xulgar. Emporiso, o uso da teleoloxía, en particular na bioloxía evolutiva é aínda discutible.

Bioloxía

[editar | editar a fonte]

Aparentemente a teleoloxía é recorrente na bioloxía evolutiva, ante a consternación dalgúns autores.

As afirmacións que din que a natureza posúe metas, por exemplo, cando se di dunha especie que fai algo para sobrevivir, utilizan a teleoloxía e, polo tanto, non son válidas. Normalmente é posible reescribir algunhas oracións para así eliminar a aparente teleoloxía. De feito, algúns cursos de bioloxía teñen incorporados exercicios requirindo aos estudantes que escriban de novo algunhas frases para que non se lean de maneira teleolóxica. Así e todo, os filósofos aínda escriben frecuentemente de maneira que se poida palpar a teleoloxía cando realmente non existe ningunha intención. Estas cuestións foron discutidas recentemente por Jonh Reiss. Argumentaba que a bioloxía evolutiva podía ser limpada da teleoloxía rexeitando a analoxía da selección natural como un reloxeiro. Outros argumentos en contra desta analoxía son tamén promovidos por escritores como Richard Dawkins.

Algúns autores, como James G. Lennox, dixeron que Darwin fora teleoloxista, mentres que outros como Michael Ghiselin describían as súas declaracións como mitos fomentados pola mala interpretación dos seus discursos e a mestura entre usar metáforas teleolóxicas e ser teleolóxico.

O filósofo da bioloxía Francisco J. Ayala argumentou que todas as afirmacións sobre iso podían ser trivialmente trasladadas a afirmacións teleolóxicas e viceversa, pero que as teleolóxicas eran máis explicativas e non se podían desfacer. Karen Neander afirmou que o concepto moderno de función biolóxica depende da selección. Así, por exemplo, non é posible dicir que algo simplemente palpita na existencia sen un proceso de selección das súas funcións. Nós decidimos se un membro ten unha función de análise do proceso de selección que o guiou. Por conseguinte, falar de funcións ten que ser posterior á selección natural e a función non pode ser definida da maneira manifestada por Reiss e Darkins. Ernst Mayr dixo que a adaptación é un resultado posterior mellor ca un afán inicial. Varios comentadores viron as frases teleolóxicas utilizadas na moderna bioloxía evolutiva como un tipo de taquigrafía. Por exemplo, S. H. P. Madrell escribiu que "a apropiada pero embarazosa maneira de describir un cambio na evolución é substituílo por pequenas afirmacións teleolóxicas" pero que isto non debería implicar que a evolución non provén de nada máis que de mutacións presentadas por cambios, que xorden para conservar a selección natural."

Cibernética e teleonomía

[editar | editar a fonte]

Julian Bigelow, Arturo Rosenblueth e Norbert Wiener conciviron os mecanismos realimentadores como prestacións dunha teleoloxía para as máquinas. Wiener, un matemático, acuñou o termo cibernético para designar o estudo de "máquinas teleolóxicas". A cibernética é o estudo da comunicación e o control dos reguladores da realimentación nos seres vivos e nas máquinas e a súa combinación. Na clasificación cibernética presentada en Comportamento, propósito e teleoloxía, a teleoloxía da realimentación é controlada de cara a un propósito. Este sistema de clasificación foi criticado e a necesidade dunha conservación externa da conduta foi instaurada para validar as condutas e a obtención dos logros. O propósito da observación dos sistemas é respectivamente distinguida pola autonomía subxectiva destes e un control obxectivo.

Recentemente, a teleoloxía end-driven foi contrastada coa aparente teleoloxía, teleonomía ou process-drive.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]