iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: https://gl.wikipedia.org/wiki/Taquínidos
Taquínidos - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Taquínidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Taquínidos

Archytas sp[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Diptera
Subsección: Calyptratae
Superfamilia: Oestroidea
Familia: Tachinidae
[[{{{diversity link}}}|Diversidade]]
1523 xéneros, ca. 10.000 especies
Subfamilias

Os taquínidos (Tachinidae) son unha gran familia de dípteros braquíceros con gran diversidade, xa que conta con máis de 8.200 especies e posiblemente quedan moitas máis por describir. Atópanse en todo tipo de hábitat por todo o mundo.[2]

Características

[editar | editar a fonte]

As moscas adultas presentan gran variedade de aspectos, algunhas son de cores brillantes, outras son pouco rechamantes e parécense ás moscas domésticas. Pero a maioría son robustas e con fortes setas. As antenas teñen tres segmentos.

A maioría dos taquínidos son parasitoides. As larvas desenvólvense dentro do hospedeiro e finalmente mátano. Outras poucas son parasitas que non matan o hóspede. Algunhas son parasitoides de eirugas de Lepidoptera, outras de larvas de escaravellos e moitas de Hemiptera ou Orthoptera. Raramente son parasitas de cempés. Unhas poucas son especialistas dunha soa especie de hospedante, aínda que a maioría poden parasitar varias especies diferentes. Debido a isto moitas son inimigos naturais de graves pragas e polo tanto úsanse como controis biolóxicos. Algunhas especies foron introducidas noutros países con este propósito. Por exemplo, poden ser praga do verme da seda.

As femias usan diversas estratexias, algunhas insiren os ovos no corpo do hóspede ou deposítano na superficie externa, outras poñen os ovos en follas de plantas que logo son inxeridas polos hóspedes. As que parasitan vermes trade da madeira poñen os ovos á entrada dos buratos feitos pola especie hóspede.

Os adultos aliméntanse do néctar das flores e tamén de polen, poden ser así polinizadores importantes, especialmente a elevadas altitudes onde as abellas son escasas.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

A taxonomía desta familia presenta dificultades, baseándose principalmente en trazos morfolóxicos, pero tamén nos hábitos reprodutivos e nos estadios inmaturos.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]