iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: https://gl.wikipedia.org/wiki/Siros
Siros - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Siros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaSiros
Imaxe

Localización
Mapa
 37°27′N 24°54′L / 37.45, 24.9
EstadoGrecia
Administracións descentralizadasadministración descentralizada do Exeo
PeriferiasExeo Meridional Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación21.507 Editar o valor en Wikidata (210,1 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie102,365 km² Editar o valor en Wikidata
Medición8 (ancho) × 16 (lonxitude) km
Bañado porMar Exeo Editar o valor en Wikidata
Altitude442 m Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario

Siros (grego: Σύρος) ou Syros ou Syra é unha illa de Grecia situada no arquipélago das Cícladas, no mar Exeo, e capital da prefectura do mesmo nome e da rexión do Exeo meridional. Atópase a 144 km ao sueste de Atenas. A superficie da illa é de 83´6 km² e ten 21.507 habitantes (censo 2011).

As cidades máis grandes son Ermoupoli (grego: Ερμούπολη), Ano Siros, e Vari grego: Βάρη Σύρου. Ermoupoli é a capital da illa e das Cícladas. Sempre foi unha cidade portuaria importante, e durante o século XIX foi aínda máis significativo que o Pireo. Outros pobos son Galissas, Foinikas, Pagos, Manna, Kini e Poseidonia.

Ermoupoli

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Ermoupoli.
O porto de Ermoupoli

Ermoupoli (grego: Ερμούπολη) ou Hermoupolis, atópase nun sitio en forma de anfiteatro natural, con edificios neoclásicos, vellas mansións e casas brancas en cascada cara ao porto. O Concello, na praza Miaoulis atópase rodeado de cafés e con zonas para sentar baixo as palmeiras. A "Cidade de Hermes" ten numerosas igrexas, entre elas Metamorphosis, Koimisis, San Demetrio, Tres Xerarcas, Anastasis, Evangelistria e San Nicolas. O Museo Arqueolóxico ten moitos achados e a Biblioteca Municipal contén numerosas edicións. No barrio da cidade coñecido como Vaporia é onde vivían os capitáns de barco. Ao longo das súas rúas estreitas, atópanse numerosas mansións neoclásicas.

Ano Syros

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Ano Syros.
Ano Siros
Vista de Ano Siros

Ano Siros é a segunda cidade de Siros e foi construída polos venecianos ao principio do século XIII no outeiro de San Xurxo, no noroeste de Hermoupolis. Ano Siros mantén unha atmosfera medieval. Innumerables pasos entre rúas estreitas e casas con portas de cores conducen á parte superior da cidade. O asentamento medieval de Ano Siros é accesible en coche, aínda que a cidade as rúas están feitas por pasos de mármore. A distancia desde o porto ata o punto de entrada principal da cidade é de aproximadamente 1000 metros. A Católica catedral de San Xurxo domina Ano Siros. A catedral foi construída durante o século XIII. Desde a catedral os visitantes teñen unha vista panorámicas das veciñas illas de Tinos, Delos, Mykonos, Paros, Andros e Naxos.

Cultura Kastri

[editar | editar a fonte]

A historia de asentamento en Siros remóntase polo menos a 5.000 anos, á Idade de Bronce na civilización das Cícladas. Isto foi cando comezou o asentamento na cima dun outeiro Kastri (Siros). Os arqueólogos describen a cultura temperá das Cícladas III (ECIII) como cultura Kastri.

Kastri, datada polos arqueólogos no 2800-2300 aC, foi un dos primeiros asentamentos en Grecia que estaban protexidos por muros de pedra con bastións redondeados. Tamén o cemiterio de Chalandriani asóciase cos Kastri. Dentro da fortificación, as casas comparten medianeiras e están pegadas unhas a outras. Estímase que a cidade fortificada era o fogar de ata 300 persoas.

O sitio foi descuberto por primeira vez e escavado en 1898 por Christos Tsountas, o "pai da investigación das Cícladas". En Kastri fixéronse algúns dos primeiros traballos en metal na rexión, e tamén os primeiros usos do torno de alfareiro.

Antigüidade

[editar | editar a fonte]
Un busto de Ferecides

Durante o século VI a.C. naceu o filósofo Ferécides, tío e mestre de Pitágoras. Tivo unha concepción do heliocentrismo e alcanzou o seu apoxeo en Siros. A gruta onde vivía pódese visitar en Ano Meria. Posuía dúas cidades principais, Siros (agora a moderna Ermoupoli) e outra cidade na costa oeste, onde se atopa hoxe en día Galissas.

Ao longo da historia, a illa foi coñecida como Syra, a continuación, Syros ou Siros. Durante o século V a.C., os fenicios instaláronse en Siros e transformaron a illa nunha forza comercial mellorando o seu porto. Na Odisea, Siros foi o país do porqueiro Eumaeus quen a describiu en detalle (Odisea, XV, 403 ss.).

Durante as guerras médicas, os persas conquistaron Siros, que foi liberada polos atenienses; logo, Siros foi membro da confederación de Delos, unha alianza marítima creada e presidida polos atenienses, e pagaba impostos á cidade de Atenas.

No século IV a.C., Siros caeu baixo a dominación de Filipo II de Macedonia e despois baixo a autoridade do seu sucesor, Alexandre o Grande. Tras a morte deste último, a illa seguiu a sorte do resto das illas gregas e pasou ao reino dos tolomeos de Exipto.

Durante a dominación romana Siros prosperou e desenvolveuse; isto durou dous séculos e acabouse cando a illa veciña de Delos fíxolle unha forte competencia. A illa non xogou un papel importante durante Antigüidade nin nos primeiros anos do cristianismo [Cómpre referencia], nos que nin sequera era unha diocese, nun momento en que ata a illa máis pequena posuía o seu bispo. Durante os tempos dos romanos a capital de Siros atopábase na zona da actual Ermoupoli.

Idade Media

[editar | editar a fonte]
Dentro da catedral de San Nicolás en Hermópolis, patrón de Siros.
Igrexa de Anastaseos en Vrodado.

Ao final dos tempos antigos, as incursións bárbaras e a piratería, afectaron ao Exeo durante moitos séculos, levaron ao declive de Siros. A illa, xunto co resto das Cícladas, foi devastado varias veces durante a Idade Media polos asaltantes de diferentes procedencias, incluíndo sicilianos, árabes, turcos e venecianos. Isto explica por que as cidades da época foron construídas nas montañas.

Nos anos bizantinos Siros formou parte da Thema do mar Exeo, xunto co resto das illas Cícladas. Logo da caída de Bizancio na Cuarta Cruzada polos venecianos e os francos en 1204, a illa foi conquistada definitivamente polos venecianos en 1207 os venecianos tomaron o control das illas gregas e Marco Sanudo conquistou Siros e Naxos e foi duque de Naxos. Durante a dominación veneciana, os habitantes de Siros sufriron de pobreza, fame e de ataques piratas. A influencia veneciana é visible hoxe na cidade medieval de Ano Siros, fundada nesta época, que posúe unha igrexa fortificada dedicada a San Xurxo.

Durante o período latino, a maioría da comunidade local convertéronse á relixión católica, aínda que mantiveron a lingua grega, na actualidade a poboación de Siros conserva unha importante porcentaxe de católicos en relación co resto de Grecia, país maiormente ortodoxo).

Durante o reinado de case tres séculos e medio do Ducado de Naxos, permanecería baixo dominio veneciano ata 1522, Siros tivo un singular réxime feudal.

Era otomá

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Grecia otomán.
Catedral (católico romana) de San Xurxo
Igrexa católica de San Xoán (1640), Ano Siros

No século XVI, a frota otomán chegou a dominar no Exeo e o Ducado veuse abaixo. En 1522 o corsario Barbarroxa tomou posesión da illa, o que se coñece como "señor" durante o dominio otomán.[1] Con todo, as negociacións das autoridades locais cos otománs deron as Cícladas privilexios substanciais, como a redución fiscais e liberdade relixiosa.

Ao mesmo tempo, a raíz dun acordo de Francia e a Santa Sé coas autoridades otomás, os católicos da illa quedaron baixo a protección de Francia e Roma [Cómpre referencia].

A diocese católica de Siros foi unha diocese latina, sufragánea de Naxos. Os venecianos estableceran alí un bispado latino que estivo suxeito ao Arcebispado latino de Atenas ata 1525. Desde o momento da ocupación da illa polos turcos no século XVI, os gregos estableceron unha metropolitano ortodoxo en Siros: : Joseph[2] coñecido moi pronto, xunto con Simeón, que morreu en 1594[3] e Ignatius en 1596.[4] A illa era na súa maior parte católica.[5]

A lista de bispos titulares pode atoparse en Le Quien[6] e en Eubel.[7] O máis famoso deles foi John Andrew Carga, a quen os turcos estrangularon en 1617 porque se negou a converterse ao islam e porqué estaba axudando aos revolucionarios gregos ocultos na illa.[8]

Logo da segunda metade do século XVII, comezou un período de recuperación económica no Exeo, culminando durante a transición desde o XVIII ata o século XIX. O réxime especial das illas permitiu o desenvolvemento da autonomía local. A diminución da piratería desde o comezo do século XIX deu lugar á liberación gradual das rutas marítimas do Mediterráneo oriental.

De 1770 a 1774 na guerra ruso-turca, a illa foi conquistada polos rusos; tres anos máis tarde, volveu caer baixo dominio turco.

Grecia Independente

[editar | editar a fonte]

Guerra de Independencia de Grecia

[editar | editar a fonte]
Siros en 1836

Debido á súa posición xeográfica fundamental, Siros chegou a ser coñecido como un punto de escala marítimo. Por outra banda, as condicións sociais, relixiosas e institucionais particulares que existen na illa conduciu á neutralidade dos Siriotas ao comezo da revolución grega en 1821, e que non tomaran parte na revolta grega. Como resultado, Siros converteuse nun refuxio seguro durante a revolución, que atraeu a moitos refuxiados gregos de Asia Menor, Quios, Spetses, Psara, Aivali, Smyrna, Kydonia, Kassos e outros lugares.

Século XIX

[editar | editar a fonte]
Concello de Ermoupolis, deseñado por Ernst Ziller, coa estatua de Andreas Miaoulis na praza Miaoulis (obra de Georgios Bonanos).

En 1829 foi incorporada ao recentemente fundado reino Helénico. A illa volveu á paz e a tranquilidade, Siros é coñecido como un cruzamento de camiños no Exeo e como un centro comercial internacional que une Europa Occidental e o mar Mediterráneo ao leste. A construción dos primeiros edificios comezou en 1822, e en 1824 construíronse a primeira igrexa ortodoxa Metamorphosis e o maior sanatorio grego.

Teito do teatro Apolo
Postal de Siros, 1904.
Rúa Eleftheriou Venizelou, Ermoupolis

Coa fundación do estado grego, a poboación católica da illa helenizouse e cambiou os seus apelidos latinos ao grego, (por exemplo, o nome da familia Vuccino a Voutsinos, Russo a Roussos, Vacondio a Vakondios, Daleggio a Dalezios, Salsa a Salsapoulos, Freri a Freris só por mencionar algúns).

Con todo, non houbo ningún problema de integración entre os antigos residentes de Siros, na súa maioría católicos romanos e os refuxiados recentemente chegados, na súa maioría ortodoxos gregos. Debido á dominación veneciana da Idade Media en diante, os insulares foran exclusivamente católicos. Con todo, debido á inmigración doutras illas, os católicos constitúen na actualidade ao redor do 47% da poboación. A maioría da poboación é ortodoxa grega. Eles viven en paz uns xunto aos outros. O matrimonio entre Igrexas é moi común en Siros.

Durante 1831 Siros desempeñou un papel destacado na elaboración da nova Constitución grega. Baixo Ioannis Kapodistrias (Giovanni Capo D'Istria), o primeiro gobernador do novo estado, a poboación de Hermópolis chegou a 13.805 habitantes e a cidade converteuse na sede do goberno.

Tiña un Tribunal de leis de comercio, unha oficina de correos (unha das primeiras en Grecia), corredurías de seguros, a primeira escola pública, unha sucursal do Banco Nacional de Grecia, galería de arte, museo, biblioteca, club social para a sociedade da elite etc. Con todo, en 1854 o cólera e unha serie doutras epidemias por desgraza sumiu a Siros no loito. Durante este período establecéronse varias institucións benéficas de saúde pública e servizos sociais: orfanatos, asilos e un hospital mental.

Os recentemente chegados, principalmente mariños e comerciantes, deron á illa unha nova dinámica, fundaron a cidade de Ermoupoli, que se converteu rapidamente no principal porto de Grecia, xunto co seu desenvolvemento demográfico e económico, converteuna nun centro administrativo e cultural.

Entre 1822 e 1865, Ermoupoli foi reconstruída en estilo neoclásico, fusión do grega clásico con elementos do renacemento. Moitos puntos de referencia tales como o Concello (deseñado polo famoso arquitecto alemán Ernst Ziller), o Teatro Apolo polo arquitecto italiano Pietro Campo (unha versión en miniatura da Scala en Milán), a biblioteca principal, o hospital xeral de Siros (Vardakeio-Proio), a praza Miaoulis e outros edificios foron construídos durante ese período por arquitectos europeos (principalmente alemáns e italianos) e tamén gregos que participaron no deseño e planificación de Hermópolis respectado a arquitectura clásica e o grego antigo e harmonizado co romanticismo de Occidente. Ermoupoli ten unha alta densidade da arquitectura neoclásica. A prosperidade de Siros estaba conectado co desenvolvemento da vida social e cultural. O ciclo evolutivo completouse coa creación das primeiras unidades industriais durante a década de 1860 a 1870.

A maioría dos edificios públicos, igrexas, escolas, estadios e moitas mansións foron construídas no mesmo estilo elegante e neoclásico, facendo de Ermoupoli no momento unha cidade moi moderna cun carácter único. Como resultado, Siros pasou de ser unha illa bastante tranquila a un centro vigoroso da artesanía, a industria e a produción. Ademais, debido ao seu gran porto de Ermoupoli, se converteu nun centro importante para a construción e reparación de barcos. Neorion foi primeiro estaleiro de Grecia. A día de hoxe, segue sendo un lugar onde moitos barcos son mantidos e reparados.

Desde 1830, o comercio de tecidos, a seda, a construción de barcos, coiro e ferro desenvolvéronse en Siros e ao mesmo tempo creouse un gran sistema bancario. O enorme crecemento e desenvolvemento de Hermópolis continuou ata 1860 Siros foi o porto comercial máis importante de Grecia. Xunto co comercio e a construción naval, a construción e as obras públicas tamén se desenvolveron. Fundouse a Greek Steamship Company en 1856.

Despois seguiu un período de declive, cando a vela foi substituída polo vapor, a importancia da situación xeográfica da illa reduciuse e o porto do Pireo finalmente tomou a posición predominante en Grecia, que xunto coa competencia de Patras tamén reduzo a importancia comercial de Siros.

Século XX

[editar | editar a fonte]

Comezando a finais do século XIX e durante varias décadas, tivo lugar unha recuperación económica temporal, debido ao desenvolvemento da industria téxtil ( "Foustanos-Karellas-Velissaropoulos Co").

A segunda guerra mundial reduciu o desenvolvemento económico de Siros, como todos os centros económicos en Grecia. Con todo, desde a década de 1980, xunto coa recuperación económica xeneralizada e o aumento dos niveis de vida en Grecia, elementos de mellora apareceron, co turismo como o seu eixe central. Ao mesmo tempo, a reapertura dos estaleiros Neorion, así como unha serie doutras actividades, indican que Siros está nunha tendencia ascendente.

Ermoupoli hoxe conta con 7 escolas primarias, 2 secundarias, 2 escolas secundarias, 2 escolas técnicas e a Universidade Exea cun departamento de Belas Artes e deseño. O Syros Island National Airport, o Casino Exeo, un bo sistema de transporte en barco de pasaxeiros e todos os demais servizos modernos axudan a atraer a moitos turistas nacionais e estranxeiros á illa durante todo o ano.


Vista dos estaleiros Neorion

Vista dos estaleiros Neorion
Costa leste de Siros

Administración

[editar | editar a fonte]
Praia de Galissas

Siros é unha unidade rexional da rexión do Exeo Meridional. O único municipio da unidade rexional é Syros-Ermoupoli. Como parte da reforma do goberno de Kallikratis de 2011, a unidade rexional de Siros creouse a partir da antiga Prefectura das Cícladas. Na mesma reforma, o municipio Siros-Ermoupoli foi creado a partir dos 3 municipios anteriores:[9]

O municipio tamén inclúe a illa deshabitada Giaros e varios outros illotes. A superficie total do municipio é de 102´4 km².

Provincia

[editar | editar a fonte]

A provincia de Siros (grego: Επαρχία Σύρου) foi unha das provincias da Prefectura das Cícladas. O seu territorio correspondíase coa das unidades rexionais actuais Siros e Mykonos[10] foi suprimida en 2006.

  1. http://www.turkcebilgi.com/ege_adalar%C4%B1/ansiklopedi Ege Adaları
  2. Le Quien, op. cit., II, 233
  3. Ampelas, Histoire de Syros, 411
  4. Miklosich and Mueller, "Acta patriarchatus constantinopolitani", V, 461
  5. Ricaut, "Histoire de l'estat présent de l"Eglise grecque", 361; Hilaire de Barenton, "La France Catholique en Orient", 171-173
  6. Oriens christianus, III, 865-868
  7. Hierarchia catholica medii aevi, I, 492; II, 267; III, 324
  8. Pétridès in "Revue de l'Orient chrétien", V, 407-422
  9. "Kallikratis reform law text" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de xuño de 2018. Consultado o 22 de agosto de 2016. 
  10. Detailed census results 1991 (en grego) (en francés).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]