Sinope (lúa)
Descubrimento | |
---|---|
Descuberta por | S. B. Nicholson |
Descuberta no | 21 de xullo de 1914 |
Designación alternativa | Xúpiter IX |
Características orbitais | |
Raio orbital medio | 23.540.000 km[1] |
Periapse | 18.237.600 km |
Apoapse | 30.191.200 km |
Excentricidade | 0,25[1] |
Período orbital | 724,1 d (1,95 a)[1] |
Inclinación | 128,11° (respecto da eclíptica) 153,12° (respecto do ecuador de Xúpiter)[1] |
Velocidade orbital | 2,252 km/s |
Satélite de | Xúpiter |
Características físicas | |
Raio medio | ~19 km[2][3] |
Área superficial | ~4.500 km² |
Volume | ~28.700 km3 |
Masa | ~7,5 x 1016 kg |
Densidade media | 2,6 g/cm3 asumida[2] |
Gravidade superficial | ~0,014 m/s2 (0,001 g) |
Velocidade de escape | ~0,023 km/s |
Albedo | 0,04 (asumido)[2][3] |
Temperatura | ~124 K |
Sinope (ou en grego Σινώπη), é unha lúa de movemento retrogrado do planeta Xúpiter. Foi descuberta por Seth Barnes Nicholson dende o Observatorio Lick no ano 1914,[4] e recibiu máis tarde o nome de Sinope, procedente da mitoloxía grega. Sinope non recibiría o seu nome oficial ata o ano 1975,[5][6] antes dese ano era simplemente coñecida coma Xúpiter IX. Foi chamada ás veces "Hades"[7] entre os anos 1955 a 1975.
Sinope era a lúa máis afastada de Xúpiter, antes de que se descubrirá a Megaclite no ano 2000. Actualmente a lúa máis afastada de Xúpiter é a lúa designada temporalmente coma S/2003 J 2.
Órbita
[editar | editar a fonte]Sinope orbita Xúpiter nunha órbita retrograda cunha grande excentricidade e tamén cunha grande inclinación. Os seus elementos orbitais foron tomados en xaneiro do ano 2000.[1] Pero estes parámetros están en continuo cambio debido as perturbacións solares e do propio planeta Xúpiter sobre a órbita de Sinope. Normalmente é asignada ó grupo de satélites Pasífae,[3] pero dada a inclinación que ten e que a súa cor difire da cor da meirande parte dos membros do grupo, Sinope podería ser un obxecto independente, capturado por separado, e sen ter relación coa colisión e esnaquizamento do obxecto proxenitor do grupo Pasífae.[8] O diagrama ilustra os elementos orbitais de Sinope en relación cos outros satélites do grupo.
Sinope tamén é coñecida por estar nunha resonancia orbital con Xúpiter, de xeito semellante a Pasífae. Pero Sinope pode escapar desta resonancia, tendo períodos de resonancia e non resoantes que abarcan escalas de tempo de 107 anos.[9]
Características físicas
[editar | editar a fonte]Estimouse que o diámetro de Sinope é duns 38 km (asumindo un albedo de 0,04)[3] A lúa é de cor vermella (índices de cor B-V=0,84 V-R=0,46),[8] caso contrario ó de Pasífae que é de cor gris. O seu espectro infravermello é semellante ó dos asteroides tipo D, que difire tamén do espectro de Pasífae, que é semellante ó dos asteroides tipo C.[10] Estas diferenzas nos parámetros físicos suxiren unha orixe diferente respecto dos membros do núcleo do grupo de satélites Pasífae.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Jacobson, R. A. (2000). "The Orbits of the Outer Jovian Satellites". Astronomical Journal 120: 2679–2686. doi:10.1086/316817. Arquivado dende o orixinal o 13/12/2019. Consultado o 03/11/2010.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 JPL (Solar System Dynamics), ed. (24-10-2008). "Planetary Satellite Physical Parameters". Consultado o 12-12-2008.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 Sheppard, S. S.; e Jewitt, D. C.; An Abundant Population of Small Irregular Satellites Around Jupiter, Nature, Vol. 423 (Maio do 2003), pax. 261-263
- ↑ Nicholson, S. B. (1914). "Discovery of the Ninth Satellite of Jupiter". Publications of the Astronomical Society of the Pacific 26: 197–198. doi:10.1086/122336.
- ↑ Nicholson, S. B. (abril de 1939). "The Satellites of Jupiter". Publications of the Astronomical Society of the Pacific 51 (300): 85–94. doi:10.1086/125010. (onde el declinou darlle nome ós satélites recen descubertos (pax. 93–94))
- ↑ IAUC 2846: Satellites of Jupiter outubro de 1974 (nomeando a lúa)
- ↑ Payne-Gaposchkin, Cecilia; Katherine Haramundanis (1970). Prentice-Hall, ed. Introduction to Astronomy. Englewood Cliffs, N.J. ISBN 0-134-78107-4.
- ↑ 8,0 8,1 Grav, T.; Holman, M. J.; Gladman, B. J.; e Aksnes, K.; Photometric Survey of the Irregular Satellites, Icarus, Vol. 166 (2003), pax. 33-45
- ↑ Nesvorný, D.; Beaugé, C.; e Dones, L. (2004). "Collisional Origin of Families of Irregular Satellites". The Astronomical Journal 127: 1768–1783. doi:10.1086/382099.
- ↑ Grav, T.; Holman, M. J. (2004). "Near-Infrared Photometry of the Irregular Satellites of Jupiter and Saturn". The Astrophysical Journal 605: L141–L144. doi:10.1086/420881.
- Efemérides IAU-MPC NSES
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sinope Profileby NASA's Solar System ExplorationArquivado 09 de novembro de 2007 en Wayback Machine. (en inglés)
- David Jewitt pages (en inglés)
- Jupiter's Known Satellites (by Scott S. Sheppard) (en inglés)