iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: https://gl.wikipedia.org/wiki/Satyagraha
Satyagraha - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Satyagraha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Satyagraha (sánscrito: सत्याग्रह satyāgraha) é a idea de resistencia non violenta (loitar coa paz) iniciada por Gandhi. El usou a satyagraha no movemento independentista indio e tamén durante a súa loita anterior en Suráfrica.

A satyagraha axudou a dar forma á loita de Nelson Mandela baixo o apartheid, as campañas de Martin Luther King Jr. durante o movemento polos dereitos civís nos Estados Unidos e outros movementos similares. De alguén que fai satyagraha dise que "é un satyagraha".

Foi usada en movementos e numerosas loitas non violentas na India. Como Marcha Daandi, Movemento de Non Cooperación, Marcha do Sal; etc.

Significado do termo

[editar | editar a fonte]
Gandhi lidera Salt Satyagraha (a marcha do sal), un exemplo notable de Satyagraha

A palabra Satyagraha procede das palabras sánscritas Satya que significa 'verdade' e Agraha que é 'insistencia'. Para Gandhi, Satyagraha foi moito máis alá da simple "resistencia pasiva" (resistir sen actuar), segundo el era unha forza moral nacida da verdade e a non-violencia.[1] Tamén escribiu que lle gustaba máis o termo "Resistencia civil" que "Desobediencia civil".[2] Gandhi tamén o traduciu como "forza amorosa" ou "forza da alma".[3]

Idea de Satyagraha

[editar | editar a fonte]

Principais puntos de Satyagraha

[editar | editar a fonte]

En Satyagraha o obxectivo é cambiar a mente do malfeitor.[4] Vencer é levarse co inimigo e facer que o que está mal sexa correcto, quizais eles non se dean conta. Para que aconteza, a mente do inimigo debe cambiar para se decatar de que está a impedir unha meta certa.

  1. Non violencia (ahimsa)
  2. Verdade: isto inclúe a honestidade, pero tamén significa vivir plenamente polo que é certo e estar de acordo con el
  3. Non roubar
  4. Castidade (brahmacharya): isto significa manter a moral sexualmente, pero tamén prestar máis atención a seguir a verdade que a satisfacer os impulsos. Gandhi logo da morte da súa esposa testaba a súa brahmachaya durmindo con rapazas espidas, para evidenciar a súa falta de desexo, o que se converteu en polémica, especialmente co paso das décadas. [5]
  5. Non posuír (non é o mesmo que ser pobre)
  6. Traballo do corpo ou traballo do pan
  7. Non comer moito do que non é bo
  8. Non ter medo
  9. Igual respecto a todas as relixións
  10. Loitar con boicots (non comprar a quen son un problema)
  11. A liberdade de intocabilidade, ou a idea dunha casta (un grupo de persoas coas mesmas cantidades de diñeiro e poder) tan baixa que "non se pode tocar".

Outra vez, Gandhi deu sete regras importantes: [6] Un satyagrahi:

  1. debe ter unha fe viva en Deus
  2. debe crer na verdade e na non violencia, e ter fe na bondade da natureza humana
  3. debe levar unha vida casta (moral) e estar disposto a morrer ou perder todo o que posúe
  4. debe ser un portador de khadi
  5. debe estar lonxe do alcol
  6. debe seguir todas as demais regras de disciplina
  7. se o meten no cárcere, debe cumprir as regras da cadea, a non ser que fosen feitas para prexudicar a súa autoestima.
  1. Nas súas palabras: "A verdade (satya) implica amor, e a firmeza (agraha) enxendra e, polo tanto, serve como sinónimo de forza. Así comecei a chamar ao movemento indio Satyagraha, é dicir, a Forza que nace da Verdade e Amor ou non violencia, e renunciou ao uso da frase 'resistencia pasiva', en relación con ela, tanto é así que mesmo na escrita en inglés moitas veces o evitamos e utilizamos no seu lugar a palabra 'satyagraha'..." Satyagraha en Suráfrica, 1926 de Johnson,.
  2. Nunha carta a PKRao, Servants of India Society, datada de 10 de setembro de 1935, citado en Louis Fischer, The Life of Mahatma Gandhi, Parte I, Capítulo 11, pp. 87-88, "A declaración da que deducín a miña ideia de 'desobediencia civil' para explicar nosa loita aos lectores ingleses. Mais descobrín que mesmo a "desobediencia civil" fallou en transmitir o significado completo da loita. Por tanto, adoptei a frase "Resistencia Civil".
  3. "Tamén chamei de forza do amor ou forza da alma. Na aplicación de satyagraha, descobrín nos primeiros estadios que a busca da verdade non admitia que a violencia fose inflixida ao oponente, mais que el debe ser afastado do erro pola paciencia e compaixón. Pois o que parece ser verdade para um pode parecer erro para outro. E paciencia significa sofrimento propio. Así, a doutrina pasou a significar vindicación da verdade, non inflixindo sofrimento ao oponente, mais a si mesmo. Gandhi, MK Statement to Disorders Inquiry Committee, 5 de xaneiro de 1920 (The Collected Works of Mahatma Gandhi vol. 19, p. 206)
  4. "O obxectivo do Satyagrahi é converter, non coaccionar, ao malfeitor". Gandhi, M.K. "Requisite Qualifications" Harijan 25 de marzo de 1939
  5. "Cómo se verían hoxe as probas de celibato de Gandhi con raparigas espidas?". The Guardian. Consultado o 1-1-2022. 
  6. Gandhi, M.K. “Qualifications for Satyagraha” Young India 8 de agostod de 1929

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]