Saraxevo
Sarajevo (bs) Sarajevo (hr) Сарајево (sr) | |||||||
Localización | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
Estado | Bosnia e Hercegovina | ||||||
Entidade territorial administrativa | Federación de Bosnia e Hercegovina | ||||||
Cantón | Sarajevo Canton (en) | ||||||
Capital de | |||||||
Poboación | |||||||
Poboación | 275.524 (2013) (1.947,17 hab./km²) | ||||||
Xeografía | |||||||
Superficie | 141,5 km² | ||||||
Bañado por | Rio Miljacka (pt) | ||||||
Altitude | 527 m-518 m | ||||||
Datos históricos | |||||||
Creación | 1462 | ||||||
Evento clave
| |||||||
Organización política | |||||||
• Xefe do goberno | Benjamina Karić (pt) (2021–) | ||||||
Membro de | |||||||
Identificador descritivo | |||||||
Código postal | 71000 | ||||||
Fuso horario | |||||||
Prefixo telefónico | 033 | ||||||
Outro | |||||||
Irmandado con | Kíiv (2022–) | ||||||
Sitio web | sarajevo.ba | ||||||
Saraievo[1][2][3], Saraxevo,[4][5][6] ou Sarajevo[7][8] (Sarajevo en bosníaco, croata e serbio latino, Сарајево en serbio cirílico) é a capital e principal cidade de Bosnia e Hercegovina. En 2013 a súa poboación era de 275.524 persoas (555.210 coa área metropolitana), o 80,74% bosníacos, o 4,94% croatas e o 3,78% serbios.
Historia
[editar | editar a fonte]Saraievo foi fundada polos otománs en 1461 como capital de Bosnia e no século XVI construíuse a maior parte do que hoxe a cidade vella. En 1697, nunha incursión do príncipe Eugène de Savoia, a cidade foi destruída e tivo que ser reconstruída máis tarde. En 1878 pasou ao Imperio Austrohúngaro.
O 28 de xuño de 1914 o arquiduque Francisco Fernando de Austria e a súa muller foron asasinados mentres visitaban a cidade, o que constituíu a orixe inmediata da primeira guerra mundial, logo da guerra Saraxevo integrouse en Iugoslavia como capital de Drinska banovina. Trala segunda guerra mundial, Saraievo converteuse nun importante centro industrial. En 1984 foi a sede dos Xogos Olímpicos de Inverno.
Logo da descomposición de Iugoslavia, Saraievo foi cercada polas forzas serbiobosníacas o 6 de abril de 1992, o que provocou o inicio da guerra de Bosnia e a destrución de gran parte da cidade e dramáticos cambios na composición étnica. En outubro de 1995 rematou a guerra cos acordos de Dayton e comezou a reconstrución da cidade.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Saraievo en Fernández, B. (dir.); et al. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. p. 1307. ISBN 84-8288-752-1.
- ↑ Saraievo en Santa María, I. e Massó, N. (2009). Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo. Do Cumio. p. 137 C3. ISBN 978-84-8289-328-0.
- ↑ Saraievo en Faginas, Sandra; et al. (2002). "galego-topónimos". Libro de estilo de La Voz de Galicia (PDF) (1ª ed.). pp. 174–186. ISBN 84-9757-065-0. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de novembro de 2016. Consultado o 05 de novembro de 2016.
- ↑ Saraxevo en Diciopedia do século 21 3. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1892.
- ↑ Saraxevo en Sanmartín, G. (coord.) et al. (2012) Criterios para o uso da lingua UDC. ISBN 978-84-9749-504-2.
- ↑ Saraxevo en Rodríguez, Anaír e Davila, Montserrat (2004) Lingua galega: dúbidas lingüísticas Arquivado 21 de xuño de 2012 en Wayback Machine. UVIGO ISBN 84-8158-266-2.
- ↑ Sarajevo en Diccionario enciclopédico galego universal 55. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 18. ISBN 84-7680-429-6.
- ↑ Sarajevo en Enciclopedia Galega Universal 15. Ir Indo. 1999-2002. p. 206. ISBN 84-7680-288-9.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Saraxevo |