iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: https://gl.wikipedia.org/wiki/Sal_(química)
Sal (química) - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Sal (química)

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Dicromato de potasio, unha sal de cor laranxa brillante, usada como pigmento.

Un sal é un composto neutro dun catión ligado a un anión. O sal é tipicamente o produto dunha reacción química entre:

En xeral, os sales son compostos iónicos que forman cristais. Son frecuentemente solúbeis en auga, onde os dous ións se separan. Os sales en xeral teñen un alto punto de fusión, reducida dureza e pouca compresibilidade. Fundidos ou disolvidos en auga, conducen a electricidade.

Os sales reciben o nome dos ións que os constitúen. Os compoñentes catiónicos, en xeral ións metálicos ou amonio, son presentados no final, precedidos dos compoñentes aniónicos: cloruro de potasio, acetato de sodio etc. Os anións reciben o nome de acordo co ácido que os formou. Exemplos:

Propiedades físicas

[editar | editar a fonte]
A dependencia da solubilidade dalgúns sales respecto á temperatura.

En xeral, os sales son materiais cristalinos con estrutura iónica. Por exemplo, os cristais de haluros dos metais alcalinos e alcalinotérreos (NaCl, CsCl, CaF2) formados por anións, situados ao principio do empaquetamento esférico máis denso, e catións que ocupan ocos dentro do paquete. poden Tamén poden formarse cristais de sal iónicos a partir de residuos de ácido combinados en innumerables estruturas dimensionais aniónicos e fragmentos destes con ctións nas cavidades (como os silicatos). Esta estrutura reflíctese apropiadamente nas súas propiedades físicas: teñen puntos de fusión elevados e en estado sólido son dieléctricos.[1]

De particular interese son os líquidos iónicos, con puntos de fusión por baixo de 100 °C. Durante a fusión anormal de líquidos iónicos practicamente non hai presión de vapor, pero si unha alta viscosidade. As propiedades especiais destes sales explícanse pola baixa simetría do catión, a interacción débil entre os ións e unha boa distribución da carga do catión.[2]

Dicromato de potasio, un sal laranxa brillante que se emprega como pigmento.
Dióxido de manganeso, un sal negro opaco.

Os sales poden ter a aparencia de seren claras e transparentes (como o cloruro de sodio), opacos e mesmo metálicos e brillantes (como a pirita ou sulfuro de ferro). En moitos casos a opacidade ou transparencia aparentes están relacionadas coa diferenza de tamaño dos monocristais individuais; como a luz se reflicte nas fronteiras de gran, os cristais grandes tenden a seren transparentes, mentres que os agregados policristalinos teñen a aparencia de po branco.

Os sales poden ter moitas cores diferentes. Algúns exemplos son:

A maioría dos minerais e pigmentos inorgánicos, así como moitos tinturas orgánicos sintéticos, son sales. A cor do sal específico é debido á presenza de electróns desparellados no orbital atómico dos elementos de transición.

Os diferentes sales poden provocar todos os cinco diferentes sabores básicos como, por exemplo, o salgado (cloruro de sodio), o doce (acetato de plomo (II), que provoca saturnismo se se inxere), o agre (bitartrato de potasio), o amargo (sulfato de magnesio) e o umami (glutamato monosódico) .

Os sales de ácidos fortes e bases fortes (sales fortes), non adoitan ser volátiles e non teñen olor, mentres que os sales tanto de bases débiles como de ácidos débiles (sal débil), poden ter olor en forma de ácido conxugado (por exemplo, acetatos como o ácido acético ou vinagre, e cianuros como o cianuro de hidróxeno nas améndoas) ou en forma de base conxugada (por exemplo, sales de amonio como o amoníaco) dos ións compoñentes. Esta descomposición parcial e lenta é usualmente acelerada pola presenza da auga, xa que a hidrólise é a outra metade da ecuación da reacción reversible de formación dos sales débiles.

Propiedades químicas

[editar | editar a fonte]

As propiedades químicas veñen determinadas polas propiedades dos catións e anións ou unha parte deles.

Os sales reaccionan cos ácidos e as bases, obténdose o produto de reacción e un gas precipitado ou unha substancia como a auga

Os sales reaccionan cos metais cando este se libera do sal de metal nunha serie electroquímica de reactividade:

Os sales reaccionan entre si e o produto resultante da reacción (producen gas, e precipitan sedimentos ou auga); estas reaccións poden ter lugar co cambio nos estados de oxidación dos átomos reactivos:

Algúns sales descompóñense cando se quentan:


Clasificación

[editar | editar a fonte]

Os sales pódense clasificar nos seguintes grupos:[3]

  • Sal haloideo, hidrácido ou binario neutro: son compostos binarios formados por un metal e un non metal, sen ningún outro elemento. O anión sempre vai tener a terminación -uro. Exemplos: cloruro de sodio, NaCl; cloruro de hierro (III), FeCl3; sulfuro de hierro (II), FeS.
  • Sal de oxácido: procede de substituír os hidróxenos dun oxácido por catións metálicos.
    • Sal oxácido, oxiácido ou ternario neutro: substitúense todos os hidróxenos. Exemplo: hipoclorito de sodio, NaClO.
    • Sal ácido: substitúense parte dos hidróxenos. Exemplo: hidrogenocarbonato de sodio ou bicarbonato de sodio, NaHCO3.
    • Sal básico ou hidroxisal: conteñen ións hidróxido (OH-), ademais doutros anións. Pódense clasificar como sales ou hidróxidos. Exemplo: hidroxicarbonato de hierro (III), Fe(OH)CO3.
    • Sal dobre: substitúense os hidróxenos por dous ou máis catións. Exemplo: carbonato dobre de potasio e litio, KLiCO3.
  • Hidroxosal: sal formado a partir dun hidróxido anfótero, que reacciona como un ácido unha base débil ante unha base ou un ácido forte.
Al(OH)3 + 3 Na(OH) → Al(OH)6Na3 (hexahidroxoaluminato de sodio)
Al(OH)3 + 3 HCl → AlCl3 (cloruro de aluminio) + 3 H2O
  • Sal mixto: contén varios anións. Exemplos: clorurofluoruro de calcio, CaClF; clorurofosfato de potasio, K4ClPO4, nitratosulfato de hierro (III), Fe(NO3)SO4.
  • Oxisal: formado pola unión dun óxido e un sal. Exemplos: oxinitrato de plomo (IV), PbO(NO3)2; oxicloruro de cobalto (III), CoOCl.
  • Sal hidratado ou hidrato: sal con moléculas de auga na súa estrutura cristalina. Exemplos: óxido de chumbo (III) hemihidrato (o hemihidratado), PbO·½H2O; sulfato de calcio dihidrato, CaSO4·2H2O.
  1. Knuni ︠ a ︡ nt ︠ s ︡, Gl. red. I. L. (1990). Khimicheskai ︠ a ︡ ENT ︠ s ︡ iklopedii ︠ a ︡ (en ruso). Moscova: Sovetskai ︠ a ︡ ENT ︠ s ︡ iklopedii ︠ a ︡. ISBN 5-85270-035-5. 
  2. Wasserscheid, P.; Keim, W. (2000). "Ionic Liquids-New "Solutions" for Transition Metal Catalysis". Angew. Chem. Int. Ed (en inglés) 39 (21). PMID 11091453. doi:10.1002/1521-3773(20001103)39:21. 
  3. Martínez Lorenzo, Antonio (1997). Formulación química IUPAC. Editorial Bruño. ISBN 84-216-0874-6.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]