Rush
Rush | |
---|---|
Rush en Milán | |
Orixe | Willowdale, Toronto, Ontario, Canadá |
Período | 1968 - presente |
Xénero(s) | hard rock, rock progresivo, heavy metal |
Selo(s) discográfico(s) | Moon, Mercury, Anthem, Atlantic |
Membros | Geddy Lee Alex Lifeson Neil Peart |
Antigos membros | John Rutsey Jeff Jones |
Na rede | |
http://www.rush.com/ | |
Rush é unha banda canadense de rock progresivo formada en agosto de 1968 na veciñanza de Willowdale de Toronto, Ontario. Actualmente está composta polo baixista, teclista e vocalista Geddy Lee, o guitarrista Alex Lifeson e o batería Neil Peart. A banda sufriu moitos cambios na súa formación entre 1968 e 1974, acadando a súa forma definitiva cando Neil Peart substituíu o batería orixinal John Rutsey en xullo de 1974, dúas semanas antes da súa primeira xira polos Estados Unidos.
Dende a edición do seu álbum de estrea en marzo de 1974, Rush fíxose coñecida polas habilidades instrumentais dos seus membros, as súas complexas composicións, e os seus eclécticos motivos líricos con grandes doses de ciencia ficción, fantasía e filosofía, e que tamén abordan temas humanitarios, sociais e medioambientais. O estilo musical de Rush foi cambiando ao longo dos anos, comezando cun heavy metal inspirado no blues no seu primeiro álbum, e abarcando posteriormente hard rock, rock progresivo e incluso pasando por un período cun forte uso dos sintetizadores. A banda foi citada como influencia de varios artistas musicais, como Metallica, Primus, Rage Against the Machine e The Smashing Pumpkins, así como os grupos de metal progresivo Dream Theater e Symphony X.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Rush | 1974 | Moon Records |
Fly by Night | 1975 | Mercury Records |
Caress of Steel | 1975 | Mercury Records |
2112 | 1976 | Mercury Records |
A Farewell to Kings | 1977 | Mercury Records |
Hemispheres | 1978 | Mercury Records |
Permanent Waves | 1980 | Mercury Records |
Moving Pictures | 1981 | Mercury Records |
Signals | 1982 | Mercury Records |
Grace Under Pressure | 1984 | Mercury Records |
Power Windows | 1985 | Mercury Records |
Hold Your Fire | 1987 | Mercury Records |
Presto | 1989 | Atlantic Records |
Roll the Bones | 1991 | Atlantic Records |
Counterparts | 1993 | Atlantic Records |
Test for Echo | 1996 | Atlantic Records |
Vapor Trails | 2002 | Atlantic Records |
Feedback | 2004 | Atlantic Records |
Snakes & Arrows | 2007 | Atlantic Records |
Clockwork Angels | 2012 | Roadrunner Records |