iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: https://gl.wikipedia.org/wiki/Roman_Vishniac
Roman Vishniac - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Roman Vishniac

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRoman Vishniac

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento19 de agosto de 1897 Editar o valor en Wikidata
Pavlovsk, Rusia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte22 de xaneiro de 1990 Editar o valor en Wikidata (92 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Humboldt de Berlín Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFotografía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónzoólogo, profesor universitario, historiador da arte, fotógrafo, biólogo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorCase Western Reserve University (pt) Traducir
Instituto Pratt
Universidade da Cidade de Nova York
Universidade Yeshiva (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosWolf V. Vishniac Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Discogs: 3150432 Editar o valor en Wikidata
Roman Vishniac.

Roman Vishniac, nado en Pavlovsk o 19 de agosto de 1897 e finado en Nova York o 22 de setembro de 1990, foi un fotógrafo ruso-estadounidense, famoso polas súas imaxes e filmes sobre a poboación xudía da Europa do leste e Centroeuropa, antes da Shoah.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu nos arredores de San Petersburgo, criouse en Moscova no seo dunha familia xudía acomodada. Vivir na cidade era un dereito garantido a poucos xudeus. Roman puido vivir alí grazas a que o seu pai, Solomon Vishniac, era un rico manufactureiro de paraugas, e a súa nai, Manya, era filla dun acomodado comerciante de diamantes. Así mesmo, Roman tamén tiña unha irmá chamada Katja. Dende neno amosou interese pola bioloxía, en especial polos microorganismos. Esta afección levouno a cursar zooloxía no Shahanyvsky Institute, onde centrou a súa investigación nas mutacións dunha especie de píntega acuática.

Logo do estalido da Revolución Rusa, no 1918 mudouse coa súa familia a Berlín para escapar das persecucións aos xudeus. Alí coñece a Luta Bagg, con quen tivo dous fillos. Para manter á familia, Vishniac tivo que converterse en pluriempregado, mentres que nos seus momentos libres estudaba historia da arte na Universidade de Berlín.

Mentres o antisemitismo medraba imparable en Alemaña, Vishniac aproveitou unha serie de viaxes a Europa do leste, que fixo ao longo de catro anos (aínda que o período aínda se discute), para retratar a vida dos asquenacís, os xudeus desa rexión. Estas comunidades xudías, a diferenza das sefardís, adoitaban a ser pobres. Retratou tanto os guetos das cidades coma os shtetl, aldeas habitadas exclusiva ou maioritariamente por poboación xudía.

No 1939, á vista do auxe do nazismo, trasladouse coa súa familia a Suecia, onde foron acollidos polos pais da súa esposa. Posteriormente, partiron cara a Niza, Francia. Nunha viaxe a París, no 1940, foi detido e internado no campo de concentración de Ruchard. O motivo foi que Vishniac tiña nacionalidade de Letonia, e este país naquel momento estaba inserido na URSS, polo que as autoridades o consideraron apátrida. Logo de tres meses de cativerio, os esforzos de Luta e dunha organización estadounidense de auxilio xudeu conseguiron que se lle concedera un visado. Con el puido ir a Lisboa e de alí escapar aos Estados Unidos. O pai tivo que permanecer en Francia, mentres que a nai morreu de cancro durante a estancia en Niza.

Ao chegar a Nova York, Vishniac pasou apuros económicos, posto que aínda que dominaba o ruso, o alemán e o yiddish, non falaba inglés. Isto deparoulle unha época dura no económico, máis coa tranquilidade de atoparse a salvo dos nazis. A súa sorte mudou no 1942, cando tomou o que quizais sexa o retrato máis coñecido de Albert Einstein, e o que o propio científico consideraba o seu preferido. No 1946 divorciouse de Luta, e ao ano seguinte casou con Edit Ernst.

Durante os anos da segunda guerra mundial buscou desesperadamente dar a coñecer a situación dos xudeus de Europa do leste, organizando exposicións coas imaxes que tomara, anos antes, nos guetos e nos shtetls. Ao mesmo tempo amosou, dende o seu exilio americano, o seu apoio ao sionismo.

Mentres tanto, adicábase profesionalmente a fotografar microorganismos. No 1957 comezou a colaborar no Albert Einstein College of Medicine, no 1961 ascendeu a profesor de bioloxía, e posteriormente pasou a traballar no Pratt Institute. Daquela xa vivía no West Side de Manhattan, onde deu renda solta á súa paixón polo coleccionismo.

Roman Vishniac morreu dun cancro de colon.

Ao principio, as fotografías das comunidades xudías do Leste de Europa foron feitas a petición do American Jewish Joint Distribution Committee , pero Vishniac apaixonouse tanto coa tarefa que, despois de rematar o encargo, continuou viaxando durante anos a Rusia, Polonia, Romanía, Checoslovaquia e Lituania.

Para eludir a vixilancia nazi, durante estas viaxes fíxose pasar por viaxante de comercio, sendo detido varias veces (aos xudeus non lles estaba permitido sacar fotografías). Ás veces tiña que conformarse con sacar só unha toma de cada escena, posto que, segundo a mesma normativa, non podía adquirir carretes por non ser ario.

Cunha cámara Leica agochada na bufanda, ou cunha Rolleiflex asomando tras o burato dun botón do seu abrigo, Vishniac conseguiu sacar multitude de fotografías sen que fora descuberto, as máis das veces nin polos propios fotografados. A estas dificultades había que sumarlle a de ter que cargar el só un equipo que pesaba aproximadamente cincuenta e dous quilos, e ter que devolver os carretes en encontros clandestinos nocturnos. Ademais, tivo que facer fronte a multitude de problemas técnicos, como a iluminación. Nas casas dos xudeus non adoitaba a haber luz artificial, e sacar certas fotografías de día era moi arriscado. Neses casos, empregaba unha lanterna de queroseno, que lle deu a esas fotografías unha luminosidade moi característica.

Malia todo, foi quen de quitar máis de 16.000 imaxes, que supoñen o maior legado fotográfico dunhas xentes e dunha cultura que foron borrados da face da terra. Vishniac dixo no 1983:

Xusto antes dos campos de concentración, sentín que era a miña obriga cos meus antepasados conservar un mundo que podería deixar de existir.

O máis senlleiro deste traballo apareceu recollido no libro Un mundo esvaecido (A vanished world), publicado por primeira vez no 1983.