Riga
Rīga (lv) | |||||
Epónimo | Riga (en) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Letonia | ||||
Capital de | Reichskommissariat Ostland (pt) Ducado Unido do Báltico Free City of Riga (en) República Socialista Soviética de Letonia Ducado da Curlândia e Semigália (pt) Riga County (en) Confederação da Livonia (pt) Riga governorate (en) (1713 (Xuliano)–1796 (Xuliano)) Livonia Governorate (en) (1796 (Xuliano)–1918) República de Letonia (1918-1940) (1918–1940) Letonia (1990–) | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 605.273 (2024) (1.991,03 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua letoa | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 304 km² | ||||
Bañado por | Golfo de Riga, Río Dviná Occidental, Ķīšezers (en) , Buļļupe (en) , Sarkandaugava (en) , Vecdaugava (en) , Jugla Lake (en) , Mazā Daugava (en) , Mīlgrāvis (en) e Mārupīte (en) | ||||
Altitude | 6 m | ||||
Comparte fronteira con | Jūrmala Município de Salaspils (pt) Ropaži Municipality (en) Ķekava Municipality (en) Ādaži Municipality (en) Municipio de Mārupe Município de Olaine (pt) Babite (pt) (–2021) Município de Marupe (pt) (–2021) Município de Carnikava (pt) (–2021) Município de Kekava (pt) (–2021) Município de Garkalne (pt) (–2021) Município de Stopini (pt) (–2021) | ||||
Datos históricos | |||||
Fundador | Albert (v. Buxhoeveden) | ||||
Creación | 1201 | ||||
Evento clave
| |||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Vilnis Ķirsis (2023–) | ||||
Órgano lexislativo | Riga City Council (en) , | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 17.647.619.000 € (2021) | ||||
PIB per cápita | 28.943 € (2021) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | LV-1000 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 66-67 | ||||
ISO 3166-2 | LV-RIX | ||||
Latvian toponymic names database ID (en) | 29779 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | riga.lv | ||||
Riga (en letón: Rīga, [riːɡa] (AFI), escoitar) é a capital de Letonia, está situada na costa do Mar Báltico nas ribeiras da desembocadura do río Daugava. Riga é a segunda maior cidade dos Países Bálticos. O centro histórico de Riga está declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, a cidade caracterízase pola súa arquitectura Art Nouveau, comparable a de cidades como Viena, San Petersburgo ou Barcelona.
Historia
[editar | editar a fonte]A fundación da cidade data de 1201, cando o bispo alemán Albrecht von Buxhoeven chega de Bremen para evanxelizar e xermanizar a rexión de Livonia, habitada por pobos bálticos de relixión pagá.
No plano de expansión, o clero alemán foi apoiado pola orde livonia dos Irmáns Livonios da Espada en primeira instancia e logo pola orde Teutónica, que rematou por controlar non soamente Riga, senón todo o territorio da Letonia actual, aínda que as fraccións alemás empezaron finalmente a competir polo dominio da rexión e remataron por se debilitar mutuamente. Así a todo, grazas á adhesión A liga Hanseática, a cidade coñece un período de bonanza comercial durante todo o medievo, o que influíu para que se crease a clase mercantil, á que pertencían maioritariamente os alemáns, que mantivo o control político da cidade durante varios séculos.
Logo, a cidade pertenceu ós polacos e posteriormente ós suecos de 1621 a 1710, cando foi conquistada polos rusos tras unha guerra. A importancia de Riga para o Imperio Ruso medrou co tempo, ata que a cidade se converteu nun dos portos máis importantes de Rusia. Paralelamente, a poboación duplicouse en só cincuenta anos, entre 1850 e 1900. Neste período de grandes migracións internas, os alemáns remataron sendo unha minoría en comparación cos rusos e letóns, aínda que lograron mante-la súa posición social e política de maior prestixio por pouco tempo. A finais de 1891, a lingua oficial da cidade seguía sendo o alemán, se ben pronto sería substituído polo ruso.
Coa disolución do imperio tsarista, Riga convértese na capital da nova República independente de Letonia en 1918 .
Riga na segunda guerra mundial
[editar | editar a fonte]En 1940 Letonia foi anexada á Unión Soviética e ocupada polos alemáns durante a segunda guerra mundial de 1941 a 1944. Do 30 de novembro ao 8 de decembro de 1941 uns 24.000 xudeus de Riga e de toda Letonia foron confinados no Gueto de Riga e asasinados na matanza dos bosques de Rumbula. Rematada a guerra volveu ser ocupada polos soviéticos e os opositores políticos foron deportados a gulags.
O país recupera a súa independencia en 1991 coa caída da URSS e a desaparición da República Socialista Soviética de Letonia, da cal era tamén capital.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A cidade está á beira do mar Báltico, preto da desembocadura do Dvina Occidenta (en letón Daugava) no golfo de Riga. Riga está situada nunha chaira costeira e areosa no golfo de Riga que xurdiu despois do fin da última glaciación hai uns 11.000 anos. A chaira está a 1.10 m sobre o nivel do mar Báltico. Caracterízase por unha gran cantidade de lagos e ríos, o Daugava é o máis importante deles, flúe de sur a norte a través de Riga e parte en dúas a cidade. Riga está situada a 10 km da desembocadura do río Daugava no golfo de Riga.
A zona ten unha extensión de 307 km², a zona residencial esténdese máis de 67 km² (22%), 54 km² son de áreas industriais (17%), 25 km² estradas e rúas (8%), 58 km² son parques (19%) e outros 49 km² de auga (16%).
Economía
[editar | editar a fonte]Case tódalas institucións financeiras do país áchanse en Riga; a máis importante é o banco central letón, chamado Banco de Letonia.
O intercambio co estranxeiro está aumentando dende xa fai algúns anos, e a cidade recibiu un novo pulo económico dende a entrada de Letonia na Unión Europea o 1 de maio de 2004.
En Riga concéntrase case a metade da produción industrial letoa. A industria de Riga está especializada no sector financeiro, os servizos públicos, a industria farmacéutica, de téxtiles, de moblaxe e de produtos manufacturados en xeral, ademais da construción de barcos.
O porto de Riga é un importante porto rexional e centro rexional de expedición vía cargo. Durante a época soviética, Riga era a segunda cidade rusa de occidente despois de San Petersburgo.
Poboación
[editar | editar a fonte]A poboación da cidade diminuíu dende a independencia de Letonia en 1991 de 910.000 a 760.000, principalmente como resultado da emigración por parte da minoría rusa.
Riga é a cidade máis poboada dos países bálticos, con 739.232 habitantes en 2003. En Riga, os letóns representan o 42% da poboación, os rusos atinxen unha porcentaxe case igual. A maior parte dos letóns son protestantes, da fe evanxélica luterana, mentres que os rusos son ortodoxos.
Transportes
[editar | editar a fonte]As viaxes de negocios e de pracer a Riga aumentaron considerablemente nos últimos anos grazas ó melloramento da infraestrutura comercial e de transporte. En canto á cidade portuaria, Riga é o principal nó de transportes do país, nela conflúen os transportes ferroviarios e o sistema de estradas nacionais.
A maior parte dos turistas chega en avión ó Aeroporto Internacional de Riga, o máis grande dos países bálticos, modernizado en 2001 con ocasión do 800 aniversario da fundación da cidade. O transporte mariño conecta a cidade con Estocolmo, Kiel (Alemaña) e Lübeck (Alemaña).
Os turistas denomínana a París do leste pola cantidade de atractivos turísticos e cafés sobre as vereas.
Lugares de interese
[editar | editar a fonte]O centro histórico de Riga foi declarado en 1997 Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, en virtude dos seus edificios de Art Nouveau e pola arquitectura que se conserva do século XIX.
Os monumentos máis importantes da capital letoa son:
- A Catedral.
- Igrexa de San Pedro.
- Casa das cabezas negras.
- Grande e Pequeno Gremio.
- Os tres irmáns.
- Museo da Ocupación.
- Castelo de Riga (residencia presidencial).
- Monumento á Liberdade.
A cidade foi Capital europea da cultura no ano 2001 xunto con Basilea (Suíza); tamén foi sede do Festival da Canción de Eurovisión 2003. No ano 2006 a capital de Letonia foi sede dos Campionatos Mundiais de Hóckey sobre xeo, o acontecemento deportivo máis importante na historia dos Estados Bálticos.
En novembro de 2006 acolleu o primeiro cumio da OTAN celebrado en territorio ex-soviético
Cidades irmás
[editar | editar a fonte]Predecesor: Košice Marsella |
Capital Europea da cultura xunto con Umeå 2014 |
Sucesor: Mons Plzeň |
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Riga |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial da cidade (en varias linguas)
- Páxina do Museo da Ocupación de Letonia (1940-1991) (en varias linguas)