Punto (xeometría)
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2015.) |
Na Xeometría, os puntos non posúen volume, área, lonxitude ou calquera dimensión semellante. Así, un punto é un obxecto de dimensión 0 (cero). Un punto tamén pode ser definido coma unha esfera de diámetro cero.
Xeometría euclidiana
[editar | editar a fonte]Nos Elementos de Euclides, un punto é definido coma "o que non ten partes". Isto significa que o que caracteriza un punto é a súa posición no espazo. Co xurdimento da xeometría analítica, pasou a ser posíbel referirse a esa posición a través de coordenadas.
Xeometría proxectiva
[editar | editar a fonte]Na xeometría proxectiva, un punto é un elemento dun espazo proxectivo, ou sexa, é unha recta.
Topoloxía
[editar | editar a fonte]En topoloxía, un espazo topolóxico é un conxunto de puntos, aos cales está asociada unha noción de proximidade. Porén, existe unha abordaxe recente da topoloxía, chamada a topoloxía sen puntos, que estuda os espazos topolóxicos sen se referir aos puntos que os constitúen. Esta abordaxe encádrase na teoría das categorías.