O rugby é un deporte de contacto orixinario de Inglaterra no cal se enfrontan dous equipos nun terreo de xogo rectangular co obxectivo de anotar puntos cun balón ovalado. Os puntos poden acadarse pousando o balón coas mans na zona de ensaio rival ou pasando o balón co pé entre dous paus. Existen varias modalidades de rugby que se diferencian principalmente pola cantidade de xogadores que compoñen cada equipo.
O deporte do rugby toma o seu nome da cidade inglesa na que naceu, sendo a súa orixe as primitivas regras do fútbol escritas no Rugby School no século XIX. Nos tempos actuais a súa práctica está moi estendida nas Illas Británicas, en países con pasado colonial británico como Australia, Suráfrica e Nova Zelandia, e noutros países como Francia, Italia e Arxentina. Outros países como Estados Unidos, Canadá, Xapón, Samoa, Fidxi, Tonga, Uruguai, Namibia, Xeorxia ou Romanía tamén participan frecuentemente en torneos internacionais de primeiro nivel como a Copa do Mundo de Rugby, que se disputa cada catro anos. Outros torneos de gran importancia a nivel de seleccións nacionais son o Seis Nacións e o Rugby Championship que se disputan cada ano. A nivel de clubs os torneos mais salientables son o Super Rugby e a Champions Cup.
A entidade reguladora do rugby a nivel mundial e a World Rugby, fundada en 1886, e cuxa sede está en Dublín (Irlanda).
O Torneo das Seis Nacións (coñecido coma RBS 6 Nations por motivos de patrocinio), coñecido antes do ano 2000 coma o Cinco Nacións, é unha competición anual de rugby entre seis seleccións europeas: Escocia, Francia, Gales, Inglaterra, Irlanda, Italia.
O Six Nations Championship, cos seus predecesores o Cinco Nacións e o Campionato das Home Nations, e o primeiro torneo internacional de rugby no Hemisferio Norte. Os campións do Seis Nacións son vistos tamén coma os Campións de Europa. O evento está patrocinado actualmente polo RBS, o Royal Bank of Scotland (Banco Real de Escocia).
Irlanda é o equipo que ostenta o título do Grand Slam, recoñecido oficialmente por primeira vez dende 1948, tras gañar a competición de 2009 gañando a tódalas outras selección, sendo ademais os gañadores da Triple Coroa tras vencer a Escocia, Gales e Inglaterra (os catro equipos das Illas Británicas).
Existe á parte do masculino o torneo das Seis Nacións feminino e unha versión Xuvenil, para menores de 20 anos. Cabe resaltar que cando o nome do torneo non está acompañado por ningunha outra sinalización refírese ao torneo orixinal masculino. Nestes outros dous torneos participan os mesmos seis países que no de homes.
No seu amplo palmarés a nivel nacional salientan o título da División de Honra conquistado na tempada 2014-15 co CRAT, logo de ser subcampioa co club herculino nas tempadas 2010-11, 2011-12 e 2013-14. Ten xogado 26 encontros coa selección española, gañando 19 deles e perdendo unicamente sete, sendo titular en todos os partidos agás no so seu debut. Co combinado español conseguiu o campionato de Europa en 2010 logo de derrotar por 31 a 13 a Italia.
En 2016, Paula Medín foi unha das 12 xogadoras seleccionadas polo seleccionador José Antonio Barrio para disputar o torneo olímpico de Río de Janeiro, no cal o equipo nacional acadou un diploma olímpico ó rematar na sétima posición. Este torneo foi a despedida de Paula Medín da Selección feminina de rugby a 7 de España.