Plasencia
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Estremadura | ||||
Provincia | Provincia de Cáceres | ||||
Capital | Plasencia (en) | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 39.412 (2023) (180,84 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 217,94 km² | ||||
Altitude | 415 m | ||||
Comparte fronteira con | Aldehuela de Jerte (pt) Malpartida de Plasencia Gargüera (pt) Cañaveral (pt) Holguera (pt) Riolobos (pt) Casas del Castañar (pt) Oliva de Plasencia (pt) Cabezabellosa (pt) Carcaboso (pt) Valdeobispo (pt) Galisteo (pt) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 10600 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 10148 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | plasencia.es… | ||||
Plasencia é unha cidade e un concello estremeño, pertencente á provincia de Cáceres. Con 39.982 habitantes (2007) constitúe o segundo núcleo máis poboado da provincia e o cuarto da rexión tras as capitais provinciais, Cáceres e Badaxoz, e a capital autonómica, Mérida. É ademais sede episcopal, cun recoñecido casco monumental, que fai dela un destino turístico importante. Así mesmo, por ela pasa o Camiño de Santiago, na Ruta ou Vía da Prata.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Plasencia está situada no norte da provincia, no curso inferior do río Jerte, exercendo de capial da comarca do seu val. A unha altitude de 352 m, áchase rodeada dos contrafortes da serra de Gredos, sobre a falla de Alentexo-Extremadura. Dista algo máis de 83 km de Cáceres, de 126 km de Salamanca e de 245 de Madrid. O seu termo municipal cobre unha área de 218 km².
Clima
[editar | editar a fonte]Plasencia encóntrase nunha zona dominada polo clima mediterráneo, con todo a súa situación na área do Sistema Central, fai que adquira matices continentalizados, aínda que non rigorosos, e que as precipitacións sexan algo maiores.
Parámetros climáticos medios da estación termopluviométrica de Plasencia[1] | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Anual |
Temperatura media mensual das máximas absolutas (°C) | 14.4 | 16.7 | 22.1 | 26.4 | 31.3 | 36.4 | 39.3 | 38.6 | 34.1 | 27.6 | 20.5 | 15.2 | 39.7 |
Temperatura media mensual (°C) | 6.7 | 8.4 | 11.2 | 14.1 | 18.0 | 23.3 | 27.3 | 26.5 | 22.2 | 16.7 | 11.2 | 7.4 | 16.1 |
Temperatura media mensual das mínimas absolutas (°C) | -2.4 | -1.3 | 1.3 | 3.6 | 6.6 | 11.1 | 15.2 | 15.1 | 11.5 | 6.1 | 1.1 | -1.8 | -3.7 |
Precipitación (mm) | 94.1 | 80.0 | 56.5 | 57.3 | 60.5 | 31.6 | 11.4 | 7.2 | 38.3 | 72.5 | 91.3 | 93.3 | 694.0 |
Historia
[editar | editar a fonte]Plasencia foi fundada durante a época medieval, en plena expansión do reino leonés en 1186, polo monarca Afonso VIII. Dous anos despois, en 1188, foi dotada de sé episcopal. Apenas dez anos despois, os almohades, dirixidos por Aben Yusef tomárona, aínda que a reacción cristiá no ano seguinte logrou recuperar a praza, de novo con Afonso VIII, que mandou fortificar as murallas en 1201. En 1262, o rei Afonso X o Sabio concedeulle carta foral. No século XIII iniciouse a construción do que hoxe se coñece como Catedral Vella, so a dirección de Gil de Cislar.
Durante case os 250 anos seguintes foi cidade de reguengo, até que en 1442 o rei Xoán II de Castela a cedeu a Pedro de Zúñiga, que foi nomeado conde de Plasencia. En 1446, o bispo Juan de Carvajal creou un Estudo de Humanidades. En 1488 tornou á Coroa, a petición do seu concello, descontento co señorío dos Zúñiga.
Plasencia contaba desde a súa fundación cunha xudería importante. A presenza de hebreos na localidade está testemuñada en varios artigos da súa carta foral. En 1474, segundo se desprende do Repartimento de cargas impostas ás alfamas xudeas de Castela, aínda que polo monto era superada por Béjar, Trujillo ou Guadalaxara, Plasencia con 5.000 morabedís de carga, superaba a Salamanca, Sevilla, León ou Burgos, e a moitas outras cidades. Compre lembrar que a contribución de PLasencia era conxuntamente con Galisteo e Aldeanueva del Camino (pero o mesmo acontecía noutros lugares (Béjar, p.ex., pagaba con Hervás). Dunha relación de xudeus placentinos feita a partir de datos recollidos en documentación dispersa, resulta que eran en boa medida xentes con oficios artesanais: tecedores, ferreiros, zapateiros, mesoneiros; había en total máis de 100 familias israelitas. En 1492, como sucedeu no resto de España, víronse obrigados a deixar a cidade, a causa da expulsión decretada polo Reis Católicos, pasando para Portugal. A súa sinagoga, con casas e currais adxuntos, estaba sita na desaparecida igrexa de Santa Isabel (que así foi cristianizada, precisamente en honra da raíña católica); o predio pasou a ser propiedade do cabido catedralicio, que cobraba un censo perpetuo de 3.100 marabedís anuais por el. O seu cemiterio comprouno, en 400 reais, o daián Diego de Jerez[2].
Dez anos despois, a iniciativa do bispo Gutierrez Álvarez de Toledo, comezaron as obras da Catedral Nova, nas que interviron diversos mestres: Juan de Álava, Francisco de Colonia, Gil de Siloé e Henrique Egas. Ao longo dos séculos seguintes, encargos diversos aumentaron o patrimonio artística da sé.
A cidade perdeu o voto en Cortes de que dispuña en época medieval, En 1635, decidiu o seu concello, comprar o voto ao rei, acto polo que pagou 80.000 ducados, e buscou asociarse con outras localidades para efectualo. Aceptada a compra, foi creada a provincia de Plasencia.
A diocese pertenceu á provincia eclesiática de Santiago de Compostela até o Concordato de 1851, ano no que foi desagregada, pasando a depender do arcebispado de Toledo.
Patrimonio histórico-cultural
[editar | editar a fonte]Plasencia foi unha cidade medieval amurallada, con muros que datan do século XII. Aínda se conservan 20 torres e 7 das portas, amén de bastantes tramos da mesma cerca. As portas máis sonadas son a do Sol e a de Trujillo, ambas do XV.
O núcleo antigo está situado sobre un outeiro que circunvala o río Jerte polo sur e suroeste. O centro da vida actual xira en torno á "Plaza Mayor", que está localizada no medio do recinto. Desde esta, seguindo a curva de nivel paralela ao río chégase á "Plaza de la Catedral" que está moi próxima, e desde esta, seguindo o mesmo sentido, alcánzase a "Plaza de San Vicente Ferrer". En dirección oposta alcánzase a "Plaza de Santa Ana".
No contorno da Praza Maior, centro vital da vila, con mercado popular os martes de cada semana, encontra un de seguido:
- A Casa Consistorial, do século XVI, de estilo de transición gótico-renacentista, presidindo a Praza Maior.
- O Antigo Cárcere, do século XVII, nun lateral do edificio anterior.
- Dúas sés, mais unidas nunha única fábrica:
A lista de edificacións dignas de interese é ampla, mais cómpre citar:
Edificios eclesiásticos
[editar | editar a fonte]- Igrexa de Santo Estevo.
- Convento de Santa Clara, gótico-flamígero, hoxe é Centro Cultural Municipal.
- Igrexa de San Nicolás, con portadas románicas.
- Igrexa de Santa Ana, plateresca.
- Igrexa de San Salvador, de orixe románica,
- Convento de San Vicente Ferrer, coñecido popularmente como Santo Domingo, dos séculos XV-XVI, actualmente Parador Nacional de Turismo.
- Igrexa de San Pedro, románica.
Construcións civís
[editar | editar a fonte]- Pazo dos Monroy, comezado no século XII a raíz da fundación da cidade.
- Pazo dos marqueses de Mirabel, desde século XV, antigo pazo dos señores de Plasencia, os Zúñiga, duques da cidade.
- Pazo episcopal, estilo renacentista na fachada, e "colonial" do XVIII, na parte posterior.
- Casa do Deán, edificio do barroco.
- Pazo dos Condes de Torrejón, ao lado do anterior, gótico-plateresco.
- Pazo dos Carvajal-Girón, século XVI, con almofadado.
- Pazo de Almaraz ou dos Grijalva, séculos XVI-XVII.
- Casa das Argolas.
- Pazo dos Trejo y Vargas.
- Hospital Provincial, fundado no século XIV, con fachada renacentista.
- Acueduto de Santo Antón, século XVI.
Museos
[editar | editar a fonte]- Museo Catedralicio, sito na sé vella, con pintura e escultura, obxectos litúrxicos e pezas arqueolóxicas.
- Museo Etnográfico-Téxtil Pérez Enciso, enfronte da catedral, con magnífica colección de pezas téxtiles.
Festas
[editar | editar a fonte]- San Fulxencio, 16 de xaneiro, patrón da cidade.
- Semana Santa.
- Romaría da Virxe do Porto, no domingo seguinte a Pascoa, que se celebra nun santuario a 5 km da cidade, na Dehesa de Valcorchero.
- Martes Maior, no primeiro martes do mes de agosto, conmemora os oito séculos que a cidade leva celebrando mercado tal día da semana.
Comunicacións
[editar | editar a fonte]Plasencia posúe boas comunicacións por estrada, pois ten enlace moi próximo coa A-66 (Autovía da Prata), que une Cádiz e Xixón e que actualmente (2008) se acha en vías de terminación no tramo Béjar-Salamanca. Está igualmente próxima a un ramal da A-5 (Autovía do Suroeste), que une Madrid con Badaxoz e se prolonga até Lisboa.
Por ferrocarril a estación de Plasencia enlaza con Madrid, vía Talavera de la Reina, e con Sevilla, vía Mérida. Suprimido o tramo Plasencia-Salamanca, a cidade ficou sen unión co norte de España.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente de España (ed.). "Informe de la Estación Meteorológica de Plasencia. Datos de precipitación para el periodo 1961-1996 y de temperatura para el periodo 1968-1996." (en español). Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 3 de marzo de 2013.
- ↑ Cfr. Fidel Fita, Informe: Monumentos hebreos, in Boletín Real Acad. Historia, tomo L, 1907, páxs. 93-96; ver tamén do mesmo autor, Variedades: Epígrafes hebreos de Béjar y Salamanca, op. cit., páx74
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Plasencia |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]