iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: https://gl.wikipedia.org/wiki/Planetoide
Planetoide - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Planetoide

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ilustración dun planetoide.

Un planetoide[1] ou planeta menor é unha clasificación, no presente en desuso, que até 2006 abranguía os corpos do Sistema Solar que, non sendo satélites nin cometas, resultaban ser máis pequenos que os planetas «tradicionais» pero meirandes que os meteoroides, comunmente definidos cun tamaño máximo de 10 metros.[2]

O primeiro planeta menor foi Ceres, descuberto o 1 de xaneiro de 1801 polo italiano Giuseppe Piazzi. Ceres foi considerado orixinalmente un novo planeta, aínda que despois se considerou un asteroide ou planeta menor, e dende 2006 está clasificado como planeta anano.[3] William Herschel, descubridor de Urano, cuñou o termo «asteroide» para os primeiros obxectos descubertos no século XIX, os cales orbitan o Sol entre Marte e Xúpiter, e xeralmente nunha órbita de baixa excentricidade relativa.[4] Dende daquela, atopáronse planetas menores en tódalas órbitas planetarias dende Mercurio até Neptuno, e un número crecente de obxectos transneptunianos (en inglés: trans neptunian objects ou TNO) alén órbita de Neptuno.

Os planetas menores clasificábanse en grupos e familias baseados nas características das súas órbitas. Ademais destas extensas divisións, adoitábase denominar un grupo de asteroides a partir do primeiro membro do grupo descuberto (normalmente o maior). Mentres que os «grupos» son asociacións dinámicas relativamente soltas, as «familias» son máis estables e coherentes. As «familias» só se recoñecen dentro do cinto de asteroides, e foron recoñecidas por vez primeira por Kiyotsugu Hirayama en 1918, sendo chamadas «familias Hirayama» na súa honra.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para planetoide.
  2. Beech, M.; Steel, D. I. (setembro de 1995). "On the Definition of the Term Meteoroid". Quarterly Journal of the Royal Astronomical Society 30 (3f): 281–28f. Consultado o 31 de agosto de 2006. 
  3. Características de Ceres, Adín noticias, 26 de agosto de 2006.
  4. James Lindsay Hilton. "When did asteroids become minor planets?". U.S. Naval Observatory. Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2006. Consultado o 25 de maio de 2006. .

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]