iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: https://gl.wikipedia.org/wiki/Philippe_Noiret
Philippe Noiret - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Philippe Noiret

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPhilippe Noiret

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Philippe Pierre Fernand Noiret Editar o valor en Wikidata
1 de outubro de 1930 Editar o valor en Wikidata
Lille (Francia) Editar o valor en Wikidata
Morte23 de novembro de 2006 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
VII Distrito de París (Francia) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Montparnasse, 3 Editar o valor en Wikidata
EducaciónLycée Janson-de-Sailly (pt) Traducir
colexio de Juilly Editar o valor en Wikidata
Lateralidadedestro Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor de cinema, actor de dobraxe, humorista, artista de cabaret, actor, actor de teatro Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1948 Editar o valor en Wikidata - 2006 Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMonique Chaumette (1962–2006), morte do cónxuxe Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0634159 Allocine: 190 Allmovie: p52872 TCM: 141771 TV.com: people/philippe-noiret IBDB: 100567
BNE: XX1119352 Musicbrainz: 6d6eee4d-1720-425f-95a8-a53a03d4670a Discogs: 815284 Find a Grave: 16755076 Editar o valor en Wikidata

Philippe Pierre Fernand Noiret, nado en Lille o 1 de outubro de 1930 e finado en París o 23 de novembro de 2006, foi un actor de cinema francés. Interpretou, entre moitos outros, o papel de Pablo Neruda no filme Il postino, e tamén o de Alfredo en Cinema Paradiso.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Noiret naceu nunha familia de pequenos comerciantes[1] e pasou a súa infancia en Tolosa. Estudou en París, no Lycée Janson de Sailly e no Collège de Juilly, en Sena e Marne. Ingresou no coro da escola, onde demostrou unha calidade de voz suficiente para participar, en 1949, nunha misa na basílica de San Pedro do Vaticano.

Despois de suspender os exames de bacharelato en tres ocasións, en 1950 deixou os estudos e matriculouse nun curso de arte dramática en París e continuou no Centre dramatique de l'Ouest de Rennes. O escritor Henry de Montherlant convenceuno para seguir unha carreira de actor.

En 1953 presentouse ao Théâtre National Populaire, unha institución estatal, onde foi aceptado, comezando a súa carreira profesional como actor ata 1960, cando interpretou máis de corenta obras, incluíndo clásicos como El Cid, Macbeth, O enfermo imaxinario e A escola das mulleres.

Ao mesmo tempo actuou con éxito nun dúo con Jean-Pierre Darras, que satirizaba figuras políticas da época, como Charles De Gaulle, Michel Debré e André Malraux. No Théâtre National Populaire coñeceu á actriz Monique Chaumette,[2] coa que casou en 1962 e coa que tivo a súa filla, Frédérique Noiret.[2]

En 1956 debutou no cinema no filme La Pointe-courte de Agnès Varda, substituto de última hora do actor Georges Wilson, que caeu enfermo e tivo que marchar.

En 1960 deixou definitivamente o Théâtre National Populaire e centrouse na súa carreira como actor de cinema con Zazie dans le métro (1960) de Louis Malle, seguido de Thérèse Desqueyroux (1962) de Georges Franju. Fíxose coñecido polo público do cinema francés, pero non acadou un papel importante ata 1966, en La Vie de château de Jean-Paul Rappeneau.

Logrou un éxito rotundo no seu país de orixe co filme Alexandre le bienheureux (1967) de Yves Robert; outros filmes destacados foron The Night of the Generals (1967) de Anatole Litvak e Topaz (1969) de Alfred Hitchcock.

Nos anos setenta participou en máis de trinta filmes, incluíndo The War of Murphy (1971) de Peter Yates; La grande abbuffata (1973), de Marco Ferreri, un polémico filme no seu tempo, que demostraba a súa gran versatilidade, xunto coa súa esposa Monique, que tamén tiña un papel no filme. Outro filme destacado foi L'Horloger de Saint-Paul (1974) de Bertrand Tavernier, o primeiro filme do director e co que colaborou noutras ocasións.[3]

Recibiu o seu primeiro premio César ao mellor actor, pola súa participación en Le vieux fusil (1975), de Robert Enrico. Outros filmes destacados foron Un taxi mauve (1977), de Yves Boisset, e Who Is Killing the Great Chefs of Europe? (1978) de Ted Kotcheff.

Ampliou o seu campo de traballo en Italia, actuando en filmes de destacados directores como Mario Monicelli, Valerio Zurlini, Francesco Salviati e Ettore Scola, entre outros.

Na década seguinte, participou noutros trinta filmes, sendo nomeado ao premio César por Coup de torchon de Bertrand Tavernier e a Les Ripoux (1984) que tivo dúas secuelas máis, en 1990 e 2003. Tamén gañou o premio da BAFTA ao mellor actor, polo seu traballo en Cinema Paradiso (1988), de Giuseppe Tornatore, ademais doutros galardóns.

Recibiu o seu segundo premio César polo seu traballo en La Vie et rien d'autre (1990) de Bertrand Tavernier.[3] Interpretou o poeta Pablo Neruda no filme Il postino (1994), de Michael Radford, filme que recibiu numerosos premios internacionais; na década de 1990 actuou noutros trinta filmes máis.

Na década de 2000 apareceu en oito filmes, sendo o último f foi Tois amis (2007), de Michel Boujenah.

En maio de 2000, recibiu o premio Trophée du meilleur ouvrier de France do presidente do Festival de Cannes, Gilles Jacob. O 14 de xullo de 2005, recibiu a Lexión de Honor no grao de Cabaleiro.

A súa prolífica carreira chegou a case 150 filmes, tocando practicamente todos os xéneros cinematográficos. Foi considerado un dos actores máis populares no cinema francés e internacional e no ambiente teatral.

Enfermo de cancro, morreu aos 76 anos en París. Os seus restos descansan no cemiterio de Montparnasse da mesma cidade.

Filmografía

[editar | editar a fonte]
  1. filmreference.com (ed.). "Philippe Noiret - Biography". 
  2. 2,0 2,1 Philippe Noiret, La pudeur des sentiments, documental Un jour, un destin presentafo por Laurent Delahousse a France 2, 6 de xaneiro de 2014.
  3. 3,0 3,1 [1] Arquivado 11 de xuño de 2009 en Wayback Machine. EW.com, 27 de novembro de 2006

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]