iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: https://gl.wikipedia.org/wiki/Panca_analóxica
Panca analóxica - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Panca analóxica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Panca analóxica do gamepad da Nintendo GameCube

A panca analóxica ou stick analóxico (frecuentemente confundida co joystick, mais é erróneo denominala así) é un dispositivo de entrada para un gamepad para dúas dimensións. Diferénciase do joystick pois, mentres que un joystick se basea en conexións eléctricas simples para o movemento, a panca analóxica consiste en actividade eléctrica continua obtida por potenciómetros. Aplicado a xogos, tal diferenza permite que unha panca analóxica indique non soamente que o xogador está a moverse para certo sentido, así como os joysticks, senón tamén a intensidade do movemento.

En videoxogos, as pancas analóxicas son xeralmente utilizadas para mover un obxecto do xogo, como o protagonista. Tamén pode ser utilizada para mover ou rotar a cámara de visualización da escena. O seu uso é común en xogos 3D, nos cales son necesarias máis de oito direccións.[1]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]