iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: https://gl.wikipedia.org/wiki/Nepal
Nepal - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Nepal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaNepal
नेपाल (ne) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoSayaun Thunga Phool Ka Editar o valor en Wikidata

Lema«Mother and Motherland are Greater than Heaven (en) Traducir» Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 28°N 84°L / 28, 84
CapitalKatmandú Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Bagmati Province (en) Traducir (2015–)
Gandaki Pradesh (pt) Traducir (2015–)
Karnali Province (en) Traducir (2015–)
Koshi Province (en) Traducir (2015–)
Madhesh Province (en) Traducir (2015–)
Província de Lumbini (pt) Traducir (2015–)
Sudurpashchim Province (en) Traducir (2015–) Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación29.164.578 (2021) Editar o valor en Wikidata (198,15 hab./km²)
Número de fogares6.666.937 (2021) Editar o valor en Wikidata
Lingua oficialLingua nepalesa Editar o valor en Wikidata
RelixiónHinduísmo, budismo, Islam, Kirat Mundhum (en) Traducir, cristianismo, Prakriti (pt) Traducir e bön (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie147.181,254346 km² Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoEverest (8.848,86 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoKechana Kawal (pt) Traducir (70 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación 28 de maio de 2008República Editar o valor en Wikidata
Día festivo
Organización política
Forma de gobernorepública federal (2008–) Editar o valor en Wikidata
• Lista (pt) Traducir Editar o valor en WikidataRam Chandra Poudel (pt) Traducir (2023–) Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoGovernment of Nepal (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Primeiro-ministro (pt) Traducir Editar o valor en WikidataPushpa Kamal Dahal (pt) Traducir (2022–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoParliament of Nepal (en) Traducir , Editar o valor en Wikidata
Máxima autoridade xudicialSarbochha Adalat (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal36.924.841.430 $ (2021) Editar o valor en Wikidata
MoedaRupia nepalesa Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.np Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+977 Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia100, 101 e 102 Editar o valor en Wikidata
Código de paísNP Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webnepal.gov.np Editar o valor en Wikidata
BNE: XX451566

O Nepal, cuxo nome oficial é República Federal Democrática do Nepal (en nepalés: सङ्घीय लोकतान्त्रिक गणतन्त्र नेपाल), é un país do sur de Asia, con fronteiras coa China (Tíbet) ao norte e a India ao sur. A súa capital e Katmandú; a lingua oficial é o nepalés e a moeda é a rupia nepalesa. O país foi unha monarquía ata 2008, sendo Gyanendra o seu derradeiro rei.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Nepal ten, máis ou menos, a forma dun trapecio irregular, formando un pequeno país que de leste a oeste ten unha lonxitude duns 800 km e de norte e sur unha anchura máxima duns 200 km, cubrindo unha área de 147.181 km².

Desde unha perspectiva fisiográfica, Nepal pode ser dividido en tres zonas, que dun xeito groseiro, están orientadas de leste a oeste: a zona montañosa, a zona dos outeiros e a rexión do Terai. Estas tres zonas están irrigadas polos maiores cursos de auga do país. A altitude varía desde os 60 metros no Terai, até os 8.848 metros na cima do Everest. Este gradiente tan enorme entraña unha diversidade de climas e de terras.

A grandes trazos hai tres variedades climáticas básicas:

  • subtropical nas chairas do Terai, que bordean no sur do país á India, e por onde corren os tres ríos principais, Kosi, Narayani e Karnali, que pertencen á marxe norte da grande chaira indo-ganxética. Caracterízase por unha estación chuviosa, entre xuño e setembro, causada polo monzón, e outra estación, seca, que cobre o resto do ano;
  • temperado na rexión central, de montañas medianas e outeiros;
  • frío e seco na rexión das altas montañas do Himalaia.

Soamente un 20 % da superficie total do país é cultivábel, de xeito que as necesidades acrecentadas unha poboación que medra, tanto en combustíbel como en arroz, o alimento básico, arrastran a unha deforestación preocupante.

Terremoto de 2015

[editar | editar a fonte]

O 25 de abril de 2015 produciuse o devastador terremoto de magnitude 7,8 na escala de Richter. O terremoto rexistrouse ás 06:11 GMT, e o seu epicentro localizouse no distrito de Lamjung, a 81 quilómetros ao noroeste da capital, Katmandú, e a unha profundidade de 15 quilómetros. O número de mortos superou os 8.700 e o total de feridos foi de 20.000, sen incluír o total de desaparecidos, que ascendeu a 273 persoas, entre elas 80 estranxeiros. A maioría dos falecidos concentráronse nos distritos de Sindhupalchowk, ao norte da capital nepalesa, e no distrito administrativo de Katmandú, mentres que outras persoas morreron en Nuwakot.

O Centro Nacional de Operacións de Emerxencia de Nepal indicou que o terremoto destruíu totalmente 10.744 edificios e causou danos parciais en 14.741. As vivendas irrecuperables superan as 191.000, mentres que outras 175.000 sufriron graves danos. O Goberno considerou que se necesitarían uns 2.000 millóns de dólares para a reconstrución. O terremoto causou unha destrución xeneralizada en todo o país e cuantiosos danos materiais. Unha parte importante dos edificios máis emblemáticos e históricos do chamado Val de Katmandú, declarado Patrimonio da Humanidade, quedaron reducidos a cascallos.

Economía

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Economía do Nepal.
Nepal Nepal divídese en 14 zonas

Demografía

[editar | editar a fonte]

Relixión

[editar | editar a fonte]

Segundo o censo do ano 2001, o 80,6 % dos habitantes do Nepal son hinduístas. Os budistas constitúen o 10,7 %, os musulmáns o 4,2 % e outras relixións o 3,5 %, tamén existen minorías de ateos e cristiáns.

Segundo o censo do 2001, fálanse 92 linguas no Nepal. As principais (porcentaxes como lingua nai) son: nepalés (49%), maithili (12%), bhojpuri (8%), Tharu (6%), Tamang (5%), Newari/Nepal Bhasa (4%), Magar (3%), awadhi (2%), Bantawa (2%), Limbu (1%), e Bajjika (1%). As restantes 81 son faladas por menos do 1%.

Evolución da demografía entre 1960 e 2010 (cifra da FAO, 2012). Poboación en milleiros de habitantes.


Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]