iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: https://gl.wikipedia.org/wiki/Nazaret
Nazaret - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Nazaret

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Este artigo trata sobre a cidade de Israel, para a cidade portuguesa véxase Nazaré, para a belga véxase Nazareth.

Modelo:Xeografía políticaNazaret
נצרת (he)
الناصرة (ar) Editar o valor en Wikidata
Vista nocturna
Imaxe

Localización
Mapa
 32°42′08″N 35°17′52″L / 32.702103, 35.29785
EstadoIsrael
DistritoDistrito Norte
SubdistritoJezreel Subdistrict (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación83.400 (2019) Editar o valor en Wikidata (5.905,26 hab./km²)
Xeografía
Superficie14,123 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude290 m Editar o valor en Wikidata
Creación2200 a. C. Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Páxina webnazareth.muni.il Editar o valor en Wikidata

Nazaret (en hebreo: נָצְרַת, Natzrat; en árabe: النَّاصِرَة, an-Nāṣira, en arameo: ܢܨܪܬ, Naṣrath) é a capital e a cidade máis poboada do Distrito Norte de Israel. A cidade é coñecida como a capital árabe de Israel.[1] En 2016 a súa poboación era de 75.922 habitantes [2]) Os seus habitantes son principalmente árabes, dos cales un 69% son musulmáns e un 30.9% cristiáns.[1][3][4] Nazareth Illit (lit. "Upper Nazareth"), declarada cidade separada en xuño de 1974, está construída xunto á Nazaret, e tiña unha poboación xudía de 40.312 habitantes en 2014.[5]

No Novo Testamento, a cidade aparece como o lugar da Anunciación e no que pasou a súa infancia Xesucristo,[6] polo que é un importante lugar de peregrinación entre os cristiáns.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Hebreo: Netzer

[editar | editar a fonte]

Algunhas fontes suxiren que "Nazaret" derívase do termo hebreo נֵ֫צֶר (ne·ṣer) e alude ás palabras proféticas e mesiánicas do Libro de Isaías 11:1. {{Cita|Sairá un xermolo do pé da árbore de Ixaí e un gromo (netzer) brotará da súa raíz.[7] Suxeriuse que este topónimo pode ser un exemplo dun nome tribal empregado para asentar a poboación logo do exilio.[8] Por outra banda, o nome tamén pode derivar do verbo na·ṣar, נָצַר, "ver, gardar, manter,"[9] e entendida no sentido de "torre de vixilancia" ou "recuncho".[10] As referencias negativas a Nazaret no Evanxeo de Xoán suxiren que os antigos xudeus non relacionaban o nome da cidade coa profecía.[11]

Árabe: an-Nāṣira

[editar | editar a fonte]

O nome árabe para Nazaret é an-Nāṣira, e Xesús (árabe: يَسُوع, Yasū`) tamén chamado an-Nāṣirī, reflicte a tradición árabe segundo a cal a xente recibe o sobrenome do lugar do que proviña, xa sexa en termos xeográficos coma tribais. No Corán, os cristiáns son mencionados coma os naṣārā, que significa "seguidores do an-Nāṣirī", ou "aqueles que seguen a Xesús de Nazaret".[12]

Segundo historiadores e estudosos bíblicos actuais, é probábel que esta cidade non existise en tempos de Xesús. Non existe referencia histórica contemporánea ningunha da súa existencia e a máis antiga, a parte da Biblia,[13] é de comezos do século IV. Estudándoa chegouse á conclusión que se produciu un eroor de tradución do grego ao latín e que na forma orixinal non se dicía que Xesús fose de Nazaret senón que era nazareno, ou sexa que vivía segons uns usos e costumes concretos dun grup da época. Séculos máis tarde, a tradición cristiá inventaríase o asentamento da cidade e a construiría.[14] Mais non se pode descartar a súa existencia coma unha aldea ou microtopónimo sen importancia. Constantino I o Grande ergueu alí unha basílica. Epifanio di que até o tempo de Constantino o Grande só moraban alí xudeus, porén pola conquista musulmá (636) xa moraban cristián e no 670 Arculf di que existían dúas igrexas. No 943 al-Masudi fala dunha igrexa moi loada (sen dúbida a Igrexa da Virxe).

Destruída polos sarracenos antes da conquista polos croatas, estes reconstruírona e após o bispo de Escitópolis trasladouse a ela. O abade ruso Daniel dá unha boa descrición da igrexa da Anunciación e do Pozo de María (1113/1115). En 1187 foi ocupada per Saladino e cando se axustou a paz con Ricardo Corazón de León en 1192 ficou en mans do sultán aiúbida. Despois noméaa Yaqut al-Hamawi en 1225. Lois IX de Francia foi aló en peregrinación desde Acre en 1251. Baibars I ordenou ao emir Ala al-Din a destrución da cidade (1263) e especialmente a igrexa da Virxe.

Vista do centro

Contra o 1300 al-Dimashki menciónaa[15] coma unha vila xudaica na provincia de Safad, habitada tamén por árabes iemenitas. Tamén Khalil al-Zahiri na metade do século XV considéraa parte da provincia mameluca de Safad. Os peregrinos cristiáns pola súa banda describen Nazaret coma unha vila miserábel con poucos cristiáns e unha igrexa en ruínas, onde a poboación musulmá era hostil cos peregrinos cristiáns.

En 1620 o emir druso Fakhr al-Din abriu a vila aos franciscanos que reconstruíron a igrexa da Anunciación e o convento latino, aínda que os traballos non remataron até un século despois; a parte dos freires poucos cristiáns moraban en Nazaret. Na metade do século XVIII o xeque Zahir al-Amr de Acre deulle un novo pulo polo que acodiron máis cristiáns e aos poucos aumentaron no século a seguir. En 1890 tiña 7.419 habitantes (1825 musulmáns, 2870 gregos católicos, e o resto cristiáns de diversos ritos) e os xudeus non podían residir na vila. O gran convento coa igrexa da Anunciació ao sueste, pertencía aos latinos, e a igrexa da Anunciació do noroeste á igrexa grega. Os musulmáns tiñan unha gran mesquita e cinco walis. O Pozo de María recibía a auga dun manancial que ficaba so da igrexa grega.

Na primeira guerra mundial foi un dos cuarteis xerais dos otománs. Foi ocupada polos británicos en setembro de 1918. Na guerra de 1948 foi cualtel xeral dos árabes mandados por Fawzi Kawudji, mais derrotado este, a vila se vai render sen loita. Ficou dentro de Israel mais con poboación árabe e se converteu nun mercado principal para a poboación árabe do norte de Galilea e cabeceira do ditrito setentrional. En 1970 tiña unha poboación aproximada de 34.000 habitantes, case todos árabes e na súa maioría cristiáns. Unha nova igrexa da Anunciación construíuse en 1960.

  1. 1,0 1,1 Laurie King-Irani (Spring 1996). "Review of "Beyond the Basilica: Christians and Muslims in Nazareth"". Journal of Palestine Studies 25 (3): 103–105. JSTOR 2538265. doi:10.1525/jps.1996.25.3.00p0131i. 
  2. Israel Central Bureau of Statistics (ed.). ""List of localities, in Alphabetical order" (PDF)" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de maio de 2018. Consultado o 31 de maio de 2018. 
  3. "2005" (PDF). Cbs.gov.il. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de setembro de 2012. Consultado o 2012-11-16. 
  4. Dumper, Michael; Stanley, Bruce E.; Abu-Lughod, Janet L. (2006). Cities of the Middle East and North Africa: a historical encyclopedia (Illustrated ed.). ABC-CLIO. pp. 273–274. ISBN 9781576079195. 
  5. "Table 3 – Population of Localities Numbering Above 2,000 Residents and Other Rural Population" (PDF). Israel Central Bureau of Statistics. 30 de xuño de 2006. Consultado o 31 de outubro de 2010. 
  6. Jeffrey, David L. (1992). A Dictionary of biblical tradition in English literature. Wm. B. Eerdmans Publishing. pp. 538–40. ISBN 978-0-85244-224-1. 
  7. Isaias "11-15". A Biblia Galega. 
  8. Bargil Pixner, cited in Paul Barnett,Jesus & the Rise of Early Christianity: A History of New Testament Times,InterVarsity Press, 2002 p. 89, n. 80.
  9. "...se a palabra Nazaret deriva do hebreo, debe ter a súa orixe neste verbo [ex. נָצַר, naṣar, ver]" (Merrill, Selah, (1881) Galilee in the Time of Christ, p. 116.
    Francis Brown, S. R. Driver, Charles A. Briggs, The Brown-Driver-Briggs Hebrew and English Lexicon (1906/2003), p. 665.
  10. R. H. Mounce, "Nazareth", in Geoffrey W. Bromiley (ed.) The International Standard Bible Encyclopedia, Vol. 3 Eerdmans Publishing 1986, pp. 500–501.
  11. Bauckham, Jude, Jude, Relatives of Jesus in the Early Church, pp. 64–65. Ver "E de Nazaret pode saír algo bo? Xoan "1-5". A Biblia Galega.  e "Pero é que o Mesías vai vir da Galilea? Non di a Escritura que o Mesías ha vir da semente de David, e de Belén, a vila de onde era David?" Xoan "6-11". A Biblia Galega. .
  12. Antoun (1991). Antoun, Richard T.; Quataert, Donald, eds. Syria: society, culture, and polity. SUNY Press. ISBN 9780791407134. 
  13. Robert Ambelain, Jesús o el secreto mortal de los Templarios, páxina 98
  14. Zindler, F. "Where Jesus Never Walked," American Atheist, Winter 1996-97, pp. 33-42.
  15. Petersen, Andrew (2002). A gazetteer of buildings in Muslim Palestine (en inglés). vol.1. Oxford University Press. p. 239. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Admiralty Handbook, Palestina and Transjordan, Londres, 1943