iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: https://gl.wikipedia.org/wiki/Nai
Nai - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Nai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Para o artigo sobre a aldea, véxase Nai, San Vicente de Paradela, Paradela

Nai migrante de Dorothea Lange.

Unha nai, no contexto biolóxico, é o ser de sexo feminino que tivo descendencia.

No caso dos mamíferos como o ser humano, a nai xesta o seu fillo (primeiro chamado embrión e logo feto) na matriz, ata que o feto está desenvolvido dabondo para nacer. A nai entra en parto e dá a luz. Nun sentido máis amplo enténdese por nai a muller que concibe, xesta, da luz e cría un neno. En organismos asexuados, a palabra nai tamén pode significar pai; e no caso dos organismos unicelulares que se reproducen por división, a nai é unha célula que se divide para producir células fillas.

Tipos e características

[editar | editar a fonte]

O título de nai pode telo tamén a muller que cumpra o devandito papel sen ser propiamente a nai biolóxica, especialmente se é quen cumpre o papel social da cría do neno. É o habitual en mulleres que adoptan nenos ou con mulleres casadas con homes que previamente xa tiñan descendencia. O termo tamén se pode referir a unha persoa á que se lle identifica co estereotipo de nai.

Dándolle de mamar ao neno, escultura no parque da Fontevella, no Porriño.

Na actualidade, co avance en tecnoloxías reprodutivas, a función de nai biolóxica pode separarse entre a nai xenética (a que cede o óvulo), a que o xesta (coñecido como nai ou ventre de alugueiro), e a que servirá como nai social, criando o neno. A conexión entre nai e fillo forma unha base segura, dende a que o neno pode posteriormente aventurarse ao mundo.

As mulleres tiñan o principal papel dentro da crianza dos nenos, pero dende finas do século XX o rol do pai no coidado dos nenos ten maior relevancia e aceptación social nos países occidentais. Dende os anos 79, a fertilización in vitro fai posible os embarazos máis alá dos límites "naturais", xerando controversias éticas e xerando cambios no significado social da maternidade.

Nalgunhas sociedades o status de nai solteira ten connotacións negativas. Especialmente en América Latina e nos países mediterráneos, desenvolveuse unha complexa figura en torno á nai, na que é líder e vítima do tecido social, vinculada directamente co fenómeno do machismo.

O Día da Nai celébrase anualmente, en diferentes datas, en moitas partes do mundo. En Galicia celébrase o primeiro domingo de maio.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Jacqueline Rose. Madres: un ensayo sobre la crueldad y el amor.[1]
  1. Zas Marcos, Mónica (26 de xuño de 2018). "“Una madre no tiene permitido, bajo ningún concepto, ser un sujeto sexual”". El Diario. Consultado o 2 de xullo de 2018.