iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: https://gl.wikipedia.org/wiki/Monumento
Monumento - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Monumento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Lincoln Memorial, Monumento a Washington, e o Capitolio dos Estados Unidos. A capital do país, Washington, D.C., está construída arredor dos monumentos adicados ós "Pais Fundadores".
A Gran Pirámide de Gizeh construída hai 5.000 anos para ser a tumba do faraón Queops, é unha das Sete marabillas do mundo e un símbolo da civilización do Antigo Exipto.
O Partenón é considerado un símbolo da Antiga Grecia, da democracia ateniense, e da civilización occidental.

Un monumento é un tipo de estrutura que foi creada para conmemorar unha persoa ou evento importante, ou que se volveu importante para un grupo social porque lembra a un tempo histórico ou unha cultura herdada, ou tamén pode ser un exemplo de arquitectura histórica. O termo 'monumento' é empregada a miúdo en edificios ou estruturas que son considerados exemplos de herdanza arquitectónica ou cultural importante.[1]

Creación e funcións

[editar | editar a fonte]

Os monumentos foron creados dende hai miles de anos, e adoitan ser os máis duradeiros símbolos das civilizacións antigas. Os túmulos e dolmens prehistóricos, así como outras estruturas semellantes foron creados en numerosas culturas prehistóricas por todo o mundo, e as diversas formas destas tumbas monumentais dos membros máis ricos e poderosos da sociedade son a fonte da maioría da información que se ten sobre esas culturas.[2] A medida que as sociedades foron evolucionando e organizándose mellor, creáronse monumentos meirandes, e as pirámides exipcias, o Partenón grego, a Gran Muralla Chinesa, o Taj Mahal indio ou os moai da Illa de Pascua convertéronse en símbolos desas civilizacións. En épocas máis recentes, estruturas monumentais como a Estatua da Liberdade e a Torre Eiffel son emblemas icónicos das modernas nacións-estado. O termo monumentalidade refírese polo tanto ó status simbólico e á presenza física do monumento.

O monumentos tamén son usados para mellorar a aparencia dunha cidade ou dun lugar. Cidades planeadas como Washington, D.C., Nova Deli e Brasilia foron construídas arredor de monumentos. Por exemplo, a localización do Monumento a Washington foi concibido por L'Enfant para axudar a organizar o espazo público da cidade, antes de que fose deseñada ou construída. Cidades antigas teñen monumentos situados en lugares que xa son importantes ou son redeseñadas para centrar a atención nun concreto. Como Shelley suxeríu no seu famoso poema "Ozymandias" ("Ollade as miñas obras, oh Poderosos, e perdede a esperanza!"), o propósito dos monumentos é o de impresionar ou atemorizar.

  1. "Preserving Cultural Heritages". wmf.org. World Monument Fund. Consultado o 23 de outubro de 2013. 
  2. Patton, Mark (1993) Statements in Stone: Monuments and Society in Neolithic Brittany. Routledge, London, ISBN 0415067294, pp. 1–7

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]