iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: https://gl.wikipedia.org/wiki/Montaña
Montaña - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Montaña

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Montaña en Alasca.

Unha montaña[1] é un accidente xeográfico, unha elevación sobre o terreo lindeiro formada normalmente a partir de sinclinais e erosión. A unha secuencia de montañas chámase cordilleira. Unha montaña ten unha altitude bastante superior a un outeiro, aínda que non exista unha altitude específica para esa diferenciación. Así, cada autoridade no asunto asume valores convenientes, aínda que a montaña sexa tipicamente escarpada, de grande inclinación e con superposición de relevos.

Día Internacional das Montañas

[editar | editar a fonte]

O 20 de decembro de 2002, a Asemblea Xeral da ONU declarou o 11 de decembro como Día Internacional das Montañas [2][3].

Entre outras razóns para esta declaración cítanse as seguintes: a superficie do planeta Terra é nun 27% montañosa; o 10% da poboación mundial vive en terreo montañoso. Todos os ríos nacen en montañas, o que torna máis de metade da humanidade dependente das montañas por seren responsábeis da auga fluvial. A cuarta parte dos animais e plantas da Terra medran nas montañas.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Topografía

[editar | editar a fonte]

A proporción de terras emerxidas situadas a máis de 1000 m sobre o nivel do mar é de aproximadamente unha cuarta parte do total,[4][5] á que se pode agregar outro 10% de terras, cunha altitude inferior, mais que presentan unha forte pendente segundo os criterios do UN Environment World Conservation Monitoring Centre (UNEP-WCMC).[4] En detalle, o terreo montañoso comprende aproximadamente o 33% de Eurasia, o 24% de América do Norte, o 19% de América do Sur e o 14% de África.[6]

Vista das agullas de Chamonix, relevo típico dunha cadea de colisión nunha contorna glaciar

Nun macizo montañoso, os cumios están conectados por cristas e quedan separados entre eles por collados ou por pasos, que son os puntos máis baixos da área de cristas, e por vales para os máis largos, que en xeral separan os macizos. Un cumio pode ter unha cima principal e varias cimas máis secundarias.[7]

A xeomorfoloxía das montañas depende de varios factores:[8] do seu proceso de formación (orexénese), da velocidade de deformación (movementos verticais e horizontais das rochas), da propia natureza das rochas (as rochas suaves da relevos máis suaves que as duras) e do clima.

Nas cadeas de colisión novas, e nas cadeas anciás considerablemente anovadas, os cumios adoitan chamarse picos cando teñen forma cónica e agullas cando están particularmente afiados nunha crista, ou mesmo dente cando se separan do relevo.[7] Tamén se empregan os cualificativos «punta», «cabeza» ou mesmo «rocha».[9] Cando experimentaron unha glaciación, os cumios poden presentar unha forma de pico piramidal que domina os vales e os circos glaciares.[10]

O relevo de pregamento tradúcese nunha xeomorfoloxía específica. A cima dun anticlinal forma un monte. Nun relevo conforme, de tipo xurásico, o fondo dun sinclinal constitúe un val. Unha depresión na cima dun monte é unha combe. As cornixas rochosas no bordo do val ou da combe chámanse crêts. As cluses son depresións que atravesan as anticlíneas transversalmente. Nun relevo invertido, de tipo prealpino, as sinclinais atópanse nos puntos altos por erosión diferencial e dise que están encaramadas. O relevo dos Apalaches é un tipo particular de relevo de pregamento que xa fora moi aplanado e que despois foi novamente elevado, o que provocou a reanudación da erosión. Neste caso, as anticlinais e as sinclinais denomínanse respectivamente barras e sucos.[11]

Diagrama que representa un relevo de tipo Jura e as terminoloxías asociadas

Nun dominio extensivo, o bordo dun horst forma xeralmente un largo escarpe de falla. A erosión axuda a crear cumios individualizados.[12]

Os relevos volcánicos son de dous grandes tipos:

Os estratovolcáns e os volcáns en escudo adoitan ter cráteres no seu cumio e ás veces cando se baleira a cámara magmática, unha gran caldeira.[16]

Cantís do monte Roraima, un tepuy en Venezuela

Nas concas sedimentarias, a erosión diferencial tamén pode alterar os relevos. Se as capas sedimentarias son monoclinais, é dicir, están inclinadas mais non pregadas, ten o mesmo buzamento, cunha alternancia de rochas duras arriba e brandas debaixo, a erosión forma no bordo da conca unha costa, cunha fronte ríxida e un lombo lixeiramente inclinado; se o fragmento rochoso está totalmente illado, constitúe un cerro testigo.[17][12][18] Se as capas non están inclinadas ou son febles, a erosión pode causar a aparición dun relevo tabular chamado mesa cando constitúe unha meseta,[17] butte se as súas dimensións son máis pequenas,[19][20] planèze se a orixe é un relevo volcánico invertido,[21] ou tepuy, nun ambiente tropical.

Entre as diferentes formas de inselberg (do alemán, montaña-illa, un relevo illado que domina unha chaira ou unha meseta) están o hardhardt e o kopje, que son respectivamente un monólito natural inclusivo e unha morea de rochas, ou mesmo o morne,[22] nun ambiente tropical,[19] o monadnock en zona temperada,[22][13] e o neck e o dique, que son respectivamente os restos dunha cheminea volcánica e dun filón volcánico vertical espidos pola erosión[21]

Orixe das montañas

[editar | editar a fonte]
O Aconcagua (6960,8 m) é a montaña máis alta da Terra fóra de Asia

A orixe das montañas está en forzas endóxenas, posteriormente modificadas por factores exóxenos, como a erosión. As oroxéneses que deixaron máis pegadas no relevo e na configuración actual dos continentes derivan do pregamento herciniano, na Era Paleozoica, e do pregamento alpino, na Era Cenozoica. No Período Cuaternario as glaciacións erosionaron as cadeas montañosas, dando lugar a moitas das paisaxes montañosas características. Un exemplo de formación montañosa terciaria é a cordilleira dos Andes.

Na historia da Terra houbo polo menos tres grandes períodos de formación de montañas:

  • a oroxenia caledoniana, con relevos montañosos que se formaron hai 400 millóns de anos, como sucede en Escocia (de nome latino Caledonia).
  • a oroxenia herciniana, con relevos que se formaron hai 270 millóns de anos, como por exemplo, os Urais entre Europa e Asia e os Apalaches en Norteamérica.
  • a oroxenia alpina, con relevos montañosos elevados formando longos cordais, volcánicos ou non, que se formaron hai uns 35 millóns de anos, como sucede nos Alpes, en Europa e no Himalaia. Son os relevos máis novos e moitos deles aínda se están a erguer, resultando ademais que a erosión actuou sobre eles durante menos tempo, polo que as montañas alpinas presentan as maiores alturas do relevo terrestre.

Montañas máis altas

[editar | editar a fonte]

As cinco montañas máis altas de cada continente son as seguintes:

O monte Kilimanjaro dende o aire en xullo de 2007.
Orde Cume Altitude (m) Localización Coordenadas Notas
1 Kilimanjaro 5 895 Tanzania Tanzania 3°04′33″S 37°21′12″L / -3.07583, -37.35333 o seu punto culminante é o volcán Kibo.
2 Monte Kenya 5 199 Kenya Kenya 0°09′22″S 37°19′05″L / -0.15611, -37.31806
3 Mawenzi 5 149 Tanzania Tanzania pertence ao macizo do Kilimanjaro.
4 Ruwenzori 5 109 R. D. do Congo e
Uganda
0°23′00″N 29°52′00″L / 0.38333, -29.86667
5 Ras Dashan 4 623 Etiopía 13°14′12″N 38°22′21″L / 13.23667, -38.37250

América do Norte

[editar | editar a fonte]
O monte McKinley visto dende o norte.
Orde Cume Altitude (m) Localización Coordenadas Notas
1 Denali/monte McKinley 6 194 Estados Unidos de América 63°43′10″N 151°00′26″O / 63.71944, -151.00722
2 Monte Logan 5 956 Canadá 60°32′02″N 140°24′10″O / 60.53389, -140.40278
3 Pico de Orizaba 5 675 México 19°01′08″N 97°16′12″O / 19.01889, -97.27000
4 Monte Sant Elias 5 489 Estados Unidos de América e Canadá 60°17′36″N 140°55′46″O / 60.29333, -140.92944
5 Popocatépetl 5 410 México 19°01′23″N 98°37′19″O / 19.02306, -98.62194

América do Sur

[editar | editar a fonte]
O Aconcagua visto dende a entrada do parque.
Orde Cume Altitude (m) Localización Coordenadas Comentarios
1 Aconcagua 6 962 Arxentina 32°39′15″S 70°00′41″O / -32.65417, -70.01139
2 Ojos del Salado 6 891 Chile Chile 27°06′35″S 68°32′32″O / -27.10972, -68.54222 É o volcán máis alto do mundo.
3 Monte Pissis 6 774 Arxentina 27°45′14″S 68°47′53″O / -27.75389, -68.79806
4 Huascarán 6 768 Perú 9°07′17″S 77°36′32″O / -9.12139, -77.60889
5 Cerro Bonete 6 759 Arxentina 28°01′08″S 68°45′22″O / -28.01889, -68.75611

Antártida

[editar | editar a fonte]
Macizo Vinson visto dende o espazo.

A Antártida é unha zona internacional, sen soberanía directa de ningún estado.

Orde Cume Altitude (m) Coordenadas Notas
1 Monte Vinson 4 897 78°31′31″S 85°32′02″O / -78.52528, -85.53389
2 Monte Tyree 4 852 78°24′00″S 85°55′00″O / -78.40000, -85.91667
3 Monte Kirkpatrick 4 528 84°20′00″S 166°25′00″L / -84.33333, -166.41667
4 Monte Markham 4 350 82°51′00″S 161°21′00″L / -82.85000, -161.35000
5 Domo Argus 4 030
Cara norte do Everest, o cume máis alto do mundo.

As cinco montañas máis altas de Asia son tamén as máis altas da Terra, e atópanse todas na cordilleira do Himalaia agás o K2 que está no Karakoram. En ningún outro continente hai montañas que superen os 8 000 metros de altura, nin sequera que superen os 7 000 metros. O Everest é a montaña máis alta do mundo respecto ao nivel do mar.

Orde Cume Altitude (m) Cordilleira Localización Coordenadas Notas
1 Everest 8 848 [23] Himalaia Nepal Nepal e
Tíbet
27°59′17″N 86°55′31″L / 27.98806, -86.92528
2 K2 8 611 Karakoram República Popular da China República Popular da China e
Paquistán Paquistán
35°52′52.86″N 76°30′48.43″L / 35.8813500, -76.5134528
3 Kanchenjunga 8 598 Himalaia Nepal Nepal e
India India
27°42′09″N 88°08′54″L / 27.70250, -88.14833
4 Lhotse 8 516 Himalaia Nepal Nepal e
Tíbet
27°58′00″N 86°56′00″L / 27.96667, -86.93333
5 Makalu 8 485 Himalaia Nepal Nepal e
Tíbet
27°53′03″N 87°05′20″L / 27.88417, -87.08889
O Elbrus. Foto realizada a 4 200 metros de altura.

No caso de Europa, esta táboa varía en función dos límites que se lle dean ao continente. Xeralmente, o norte do Cáucaso inclúese en Europa.

Orde Cume Altitude (m) Cordilleira Localización Coordenadas Notas
1 Monte Elbrus 5 642 Cáucaso Rusia 43°21′18″N 42°26′21″L / 43.35500, -42.43917
2 Dykh-Tau 5 203 Cáucaso Rusia 43°03′10″N 43°07′54″L / 43.05278, -43.13167
3 Shkhara 5 058 Cáucaso Xeorxia e
Rusia
42°59′58″N 43°06′42″L / 42.99944, -43.11167
4 Monte Kazbek 5 047 Cáucaso Xeorxia 42°41′48″N 44°31′07″L / 42.69667, -44.51861
5 Mont Blanc 4 810 Alpes Francia Francia e
Italia Italia
45°49′57″N 6°51′51″L / 45.83250, -6.86417
Puncak Jaya.
Orde Cume Altitude (m) Localización Coordenadas Notas
1 Puncak Jaya 4 884 Indonesia 4°04′44″S 137°09′34″L / -4.07889, -137.15944
2 Puncak Trikora 4 750 Indonesia 4°21′00″S 138°39′00″O / -4.35000, -138.65000
3 Monte Wilhelm 4 509 Papúa Nova Guinea Papúa Nova Guinea 5°48′00″S 145°02′00″O / -5.80000, -145.03333
4 Monte Giluwe 4 368 Papúa Nova Guinea Papúa Nova Guinea 6°02′20″S 143°53′10″O / -6.03889, -143.88611
5 Aoraki/Monte Cook 3 754 Nova Zelandia 43°35′44″S 170°08′27″L / -43.59556, -170.14083

Montañas extraterrestre

[editar | editar a fonte]

A montaña máis alta que se coñece con precisión no Sistema Solar é o Olympus Mons, un volcán en escudo localizado no planeta Marte con 21.2 km de altitude e 80×60 km de caldeira, e cun diámetro de 600 km.[24] Os outros planetas telúricos tamén presentan formacións montañosas:

O mesmo ocorre en moitos satélites e planetoides. Así, en (4) Vesta, o pico central de Rheasilvia elévase uns 22 km sobre o fondo dun cráter de impacto,[29] unha altura comparable á do Olympus Mons, mais con moito a máis alta do Sistema Solar en relación co diámetro do seu astro. A crista ecuatorial de Xapeto, de orixe incerta, ten uns 20 km de altura.[30] O punto culminante de Ío está mos Boösaule Montes, de orixe tectónica, que teñen uns 18 km de altura.[31] En Mimas, o cráter de impacto Herschel tamén ten un pico central que alcanza os 7 km de altura.[32] O cumio máis alto da Lúa, o Mons Huygens, nos Montes Apenninus, ten 5.5 km.[33]

Varios astros no Sistema Solar teñen formacións co aspecto de montañas, mais que están constituídas de xeo, chamadas criovolcáns, ausentes na Terra. Entre os candidatos a este proceso están o Ahuna Mons, en Ceres,[34] o Doom Mons en Titán[35] e posiblemente algúns relevos de Plutón.[36]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para montaña.
  2. ONU
  3. "Hoy se celebra el Día de las Montañas", en La Voz de Galicia, suplemento La Voz de la escuela, 11.12.2013.
  4. 4,0 4,1 Laurent Rieutort, «Les populations des montagnes du monde: répartition et systèmes de peuplement», Prace geograficzne, vol. 113, Cracovia, 2004, páx. 171-183 [1].
  5. Axel Borsdorf, Valérie Braun, «Panorama de la recherche sur la montagne en Europe et dans le monde», Recherche alpine: spécificité et devenir, vol. 96, n°4, 2008, páx. 101-116. Dispoñible en: [2]
  6. Blyth et al. 2002, p. 14.
  7. 7,0 7,1 Émile-Emmanuel Regneault, Traité de topographie et de géodésie forestières, J. Troup, Nancy, 1844, pag. 235-238.
  8. Pierre Birot, «Les différents types de montagne», L'information géographique, vol. 13, n°.3, 1949, pag. 85-96, doi 10.3406/ingeo.1949.5455
  9. Thomasset 2000, p. 16.
  10. Roger Brunet, Hervé Théry, Robert Ferras, Les mots de la géographie, Reclus, 3.ª ed., 2005 ISBN 9782110059437, páx. 502.
  11. Alain Foucault, Jean-François Raoult, Dictionnaire de géologie, Dunod, París, 2010, 7è éd. (1re éd. 1980), 388 p. ISBN 978-2-10-054778-4), pag. 303.
  12. 12,0 12,1 Amat, Dorize & Gautier 2008, p. 263-264.
  13. 13,0 13,1 13,2 13,3 Jouty & Odier 1998.
  14. Gilles Chazot, René Maury, Olivier Roche, Arnaud Agranier, Jean-François Lénat, Volcanologie, De Boeck Superieur, 2017 ISBN 978-2807307230, páx. 168.
  15. Gilles Chazot, et al., pag. 57-61, 109-111.
  16. Fernand Joly, Glossaire de géomorphologie, éd. Armand Colin, 1997.
  17. 17,0 17,1 Foucault et al. 2014, p. 315.
  18. Max Derruau, Les formes du relief terrestre: notions de géomorphologie, Armand Colin, 2010.
  19. 19,0 19,1 Amat, Dorize & Gautier 2008, p. 213.
  20. Roger Brunet, Les mots de la géographie, Reclus-La Documentation française, 1993, páx. 282.
  21. 21,0 21,1 Foucault et al. 2014, p. 316.
  22. 22,0 22,1 Amat, Dorize & Gautier 2008, p. 258.
  23. Por mor da diferenza existente entre as diferentes medidas do Everest empregouse a tradicional de 8 848 metros.
  24. J.-B. Plescia, «Morphometric Properties of Martian Volcanoes», Journal of Geophysical Research, vol. 109, nº.E03, 2004, doi 10.1029/2002JE002031 ISSN 0148-0227 (en inglés).
  25. Tom Jones, Ellen Stofan, Planetology: Unlocking the secrets of the solar system, National Geographic Society, Washington, D.C., 2008 ISBN 978-1-4262-0121-9, páx. 74 (en inglés)
  26. Myra Keep, Vicki L. Hansen, «Structural history of Maxwell Montes, Venus: Implications for Venusian mountain belt formation», Journal of Geophysical Research, vol. 99, n°E12, páx. 26015 doi 10.1029/94JE02636 ISSN 0148-0227 (en inglés)
  27. Jürgen Oberst, Frank Preusker, Roger J. Phillips, Thomas R. Watters, James W. Head, Maria T. Zuber, Sean C. Solomon, «The morphology of Mercury's Caloris basin as seen in MESSENGER stereo topographic models», Icarus, vol. 209, n°1, 2010, pag. 230-238, doi 10.1016/j.icarus.2010.03.009 ISSN 0019-1035 (en inglés)
  28. Caleb I. Fassett, James W. Head, David T. Blewett, Clark R. Chapman, James L. Dickson, Scott L. Murchie, Sean C. Solomon, Thomas R. Watters, «Caloris impact basin: Exterior geomorphology, stratigraphy, morphometry, radial sculpture, and smooth plains deposits», Earth and Planetary Science Letters, vol. 285, n°3-4, 2009, pag. 297-308, doi 10.1016/j.epsl.2009.05.022 ISSN 0012-821X (en inglés)
  29. P. Schenk, S. Marchi, D. P. O'Brien, D. Buczkowski, R. Jaumann, A. Yingst, T. McCord, R. Gaskell, T. Roatsch, H. E. Keller, C.A. Raymond, C. T. Russell, Mega-Impacts into Planetary Bodies: Global Effects of the Giant Rheasilvia Impact Basin on Vesta, contribution 1659, id. 2757, Lunar and Planetary Institute, The Woodlands (Texas), 1 de marzo de 2012 (en inglés)
  30. Bernd Giese, Tilmann Denk, Gerhard Neukum, Thomas Roatsch, Paul Helfenstein, Peter C. Thomas, Elizabeth P. Turtle, Alfred McEwen, Carolyn C. Porco, «The topography of Iapetus' leading side», Icarus, vol.193, n°2, 2008, pag. 359-371, doi 10.1016/j.icarus.2007.06.005 ISSN 0019-1035 (en inglés)
  31. Paul Schenk, Henrik Hargitai, Boösaule Montes, Io Mountain Database (en inglés)
  32. Jeffrey M. Moore, Paul M. Schenk, Lindsey S. Bruesch, Erik Asphaug, William B. McKinnon, «Large impact features on middle-sized icy satellites», Icarus, vol. 171, n°2, outubro de 2004, páx. 421-443, doi 10.1016/j.icarus.2004.05.009 (en castelán)
  33. Fred W. Price, The Moon observer's handbook, Cambridge University Press, Londres, 1988 ISBN 0-521-33500-0 (en inglés)
  34. O. Ruesch et al., «Cryovolcanism on Ceres», Science, vol. 353, n°6303, septembre 2016, doi 10.1126/science.aaf4286 (en inglés)
  35. R. M. C. Lopes et al., «Cryovolcanism on Titan: New results from Cassini RADAR and VIMS», Journal of Geophysical Research: Planets, 118: marzo de 2013, páx. 1-20, doi 10.1002/jgre.20062 (en inglés)
  36. Ice Volcanoes and Topography Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine., New Horizons Multimedia, The Johns Hopkins University Applied Physics Laboratory, 9 de novembro de 2015 (en inglés)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Amat, Jean-Paul; Dorize, Lucien; Gautier, Emmanuèle (2008). Éléments de géographie physique (2.ª ed.). Éditions Bréal. ISBN 978-2749502052. 
  • Blyth, Simon; Groombridge, Brian; Lysenko, Igor; Miles, Lera; Newton, Adrian (2002). Mountain watch - environmental change & sustainable development in mountains (en inglés). Cambridge: UNEP World Conservation Monitoring Centre. ISBN 1899628207. 
  • Foucault, Alain; Raoult, Jean-François; Cecca, Fabrizio; Platevoet, Bernard (2014). Dictionnaire de Géologie (8.ª ed.). París: Dunod. ISBN 978-2-10-059736-9. 
  • Thomasset, Claude; James-Raoul, Danièle (2000). La montagne dans le texte médiévale: entre mythe et réalité. Cultures et civilisations médiévales. Université Paris-Sorbonne. ISBN 978-2840501343. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]