Melbourne Grand Prix Circuit
Circuíto de Melbourne | |
---|---|
Plano do Circuíto | |
Datos | |
Inauguración | 20 de novembro de 1953 Reinauguración: 7 de marzo de 1996 |
Outros nomes | Circuíto de Albert Park |
Carreiras | Actuais: Fórmula 1 Gran Premio de Australia (1996–2019, 2022) Supercars Championship Melbourne 400 (2018–2019, 2022) S5000 (2022) Porsche Carrera Cup Australia Championship (2008, 2011–2020, 2022) Antigas: |
Localización | Melbourne, Australia |
Capacidade | ~125.000 (44.000 sentados)[1][2] |
Circuíto (2021–presente) | |
Lonxitude km | 5´278 |
Curvas | 14 |
Récord tempo | 1:19.813 |
Récord piloto | Charles Leclerc |
Récord equipo | Ferrari |
Récord ano | 2022 |
Circuíto (1996–2020) | |
Lonxitude km | 5´303 |
Curvas | 16 |
Récord tempo | 1:24.125 |
Récord piloto | Michael Schumacher |
Récord equipo | Ferrari |
Récord ano | 2004 |
Circuíto orixinal (1953-1958) | |
Lonxitude | 5´027 km. |
Curvas | 9 |
Volta rápida (1958) | 1:50.0 |
Piloto récord | Reino Unido Stirling Moss |
Escudaría récord | Cooper–Climax |
Categoría | Fórmula libre |
Coordenadas | 37°50′59″S 144°58′6″L / -37.84972, -144.96833 |
Vista do Circuíto | |
O Circuíto do Gran Premio de Melbourne (en inglés: Melbourne Grand Prix Circuit) é un circuíto de carreiras urbano que se arma nos arredores do Lago Albert Park, ao sur da cidade de Melbourne, Australia. É recoñecido por albergar anualmente o Gran Premio de Australia de Fórmula 1.
Historia
[editar | editar a fonte]Antes de entrar no campionato de Fórmula 1, o circuíto de Albert Park xa recibira carreiras en 1953 e 1956. Despois de que Adelaida fora o escenario anual da Fórmula 1 durante 11 anos, en 1996 a Fórmula 1 mudouse a Melbourne, escenario da primeira proba da temporada, despois de pehar Adelaida a temporada anterior.
Para a realización da proba, reasfaltouse para garantir consistencia e suavidade. Jacques Villeneuve fixo a primeira pole position. Arrancou e mantivo o liderado ata a volta 53, cando foi superado polo seu compañeiro de equipo Damon Hill despois de ter problemas coa presión do aceite do coche. Así, a carreira acabou cun dobrete de Williams. Eddie Irvine, de Ferrari, completou o podio, na terceira posición.
Deseño
[editar | editar a fonte]O circuíto utiliza seccións da estrada normal que circunvala o lago de Albert Park, un pequeno lago artificial ao sur do distrito central de negocios de Melbourne. Os tramos de estrada que se utilizan foron reconstruídos antes do evento inaugural en 1996 para asegurar a consistencia e suavidade. Como resultado, en comparación con outros circuítos urbanos, a pista de Albert Park ten unha gran superficie lisa. Antes de 2007 existían só uns poucos circuítos no calendario de Fórmula 1 cun espello de auga preto da pista. Moitos dos novos circuítos, como Valencia, Singapur e Abu Dabi imitaron esa característica.
Aínda que é un trazado urbano (ou semi-urbano, xa que moitas das rúas foron remodeladas co Gran Premio en mente), a pista é relativamente ancha e rápida. O trazado considérase que é bastante rápido e relativamente fácil de conducir, os pilotos comentaron que a colocación coherente das curvas permítelles aprender facilmente o circuíto e conseguir tempos competitivos. Con todo, o terreo chan ao redor do lago, xunto cun deseño da pista que conta con poucas rectas reais, significa que a pista non é moi propicia para adiantar, lamentablemente, o terreo chairo e as barreiras de seguridade impiden ter unha boa vista do trazado, coa excepción das tribunas.
Cada ano, a maioría das escapatorias de terra, pontes peonís, tribunas e demais infraestruturas móntanse ao redor dun mes antes da fin de semana do Gran Premio e retíranse dentro das 6 semanas posteriores ao evento. Algunhas zonas ao redor do circuíto (incluíndo un gran centro acuático, un campo de golf, o Lakeside Stadium, algúns restaurantes e a mariña) restrinxen o acceso durante a fin de semana de Gran Premio. A pesar da popularidade do evento, moitos habitantes locais teñen os seus reparos respecto ao mesmo debido ao movemento xerado, ao ruído e ao diñeiro investido que, afirman, ben podería usarse para construír un circuíto permanente afastado das zonas residenciais. Isto provocou varias manifestacións contrarias á realización da carreira en forma anual. Non obstante, o evento é razoablemente popular en Melbourne e Australia (cunha gran poboación europea e un interese xeral no deporte de motor).
O 4 de xullo de 2008, a F1 anunciou que máis de 300.000 persoas asistiron aos catro días do Gran Premio de Melbourne, aínda que a venda real de entradas foi posteriormente discutido polos medios locais. Nunca houbo unha carreira nocturna en Albert Park, aínda que os eventos de 2009 e 2010 comezaron ás 5:00 p.m. hora local. O contrato actualdo circuíto para o Gran Premio conclúe en 2025.[3]
Tras o aprazamento do Gran Premio de Australia en 2021, debido á pandemia de COVID-19, a pista sufriu cambios de trazado, a parte máis destacada foi a modificación das curvas 9–10 dunha gran curva dereita-esquerda ata unha curva dereita-esquerda que se arrastra rapidamente nas curvas 11 e 12. Outras modificacións incluíron o ensanchamento da pista de boxes en 2 m. e a reformulación da curva 13.[4] Tamén se ensancharon algunhas curvas como a curva 1, a curva 3, a curva 6, curvas 7 e 15; e espérase que estas modificacións reduzan os tempos das voltas de cualificación en ata cinco segundos.[5]
Características
[editar | editar a fonte]- Espectadores: 80.000
- Lonxitude do circuíto: 5´278 quilómetros.
- Distancia da carreira de Fórmula 1: 58 voltas = 306´124 quilómetros. 16 curvas en total (6 esquerda, 10 dereita)
- Recta máis longa: 860 metros
- Distancia ata a Curva 1: 350 metros
- Curva máis rápida: 250 km/h, Curvas 11/12
- Curva máis lenta: 90 km/h, Curva 15
- Configuración aerodinámica: media/alta. Velocidade máxima estimada 318 km/h con DRS, 308 km/h sen DRS
- Aceleración a fondo: 64% do tempo de volta.
- Tempo de freado: 13% do tempo da volta.
- Total de combustible necesario para a distancia de carreira:
- Consumo de combustible: kg por volta.
- Cambio de marchas por volta: 55 por volta, 3.190 por carreira
- Número de zonas de freado:
- Desgaste dos freos: alto
- Desgaste dos pneumáticos:
- Distancia dos Boxes:
- Perda de tempo nunha parada en boxes:
- Tempo total necesario para a parada en boxes: 23 segundos (media)
- Efecto de combustible (custo en tempo por volta de 10 kg de combustible transportado): 0´34 segundos.
- Marca volta: 2011, 1’23.529 – Sebastian Vettel (Red Bull)
Tódolos gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Melbourne
[editar | editar a fonte]Nº | Ano | Piloto | Construtor | Motor | Pneus. | Tempo | Lonxitude | Voltas | Velocidade media | Data | GP de |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 1996 | Damon Hill} | Williams | Renault | G | 1:32:50,491 h | 5,302 km | 58 | 198,736 km/h | 10 de marzo | Australia |
2 | 1997 | David Coulthard | McLaren | Mercedes | G | 1:30:28,718 h | 5,302 km | 58 | 203,926 km/h | 9 de marzo | |
3 | 1998 | Mika Häkkinen}} | McLaren | Mercedes | B | 1:31:45,996 h | 5,303 km | 58 | 201,102 km/h | 8 de marzo | |
4 | 1999 | Eddie Irvine | Ferrari | Ferrari | B | 1:35:01,659 h | 5,303 km | 57 | 190,852 km/h | 7 de marzo | |
5 | 2000 | Michael Schumacher | Ferrari | Ferrari | B | 1:34:01,987 h | 5,303 km | 58 | 196,255 km/h | 12 de marzo | |
6 | 2001 | Michael Schumacher | Ferrari | Ferrari | B | 1:38:26,533 h | 5,303 km | 58 | 187,465 km/h | 4 de marzo de | |
7 | 2002 | Michael Schumacher | Ferrari | Ferrari | B | 1:35:36,792 h | 5,303 km | 58 | 193,011 km/h | 3 de marzo | |
8 | 2003 | David Coulthard | McLaren | Mercedes | M
|
1:34:42,124 h | 5,303 km | 58 | 194,868 km/h | 9 de marzo | |
9 | 2004 | Michael Schumacher | Ferrari | Ferrari | B | 1:24:15,757 h | 5,303 km | 58 | 219,011 km/h | 7 de marzo | |
10 | 2005 | Giancarlo Fisichella | Renault | Renault | M
|
1:24:17,336 h | 5,303 km | 57 | 215,168 km/h | 6 de marzo | |
11 | 2006 | Fernando Alonso | Renault | Renault | M
|
1:34:27,870 h | 5,303 km | 57 | 191,990 km/h | 2 de abril | |
12 | 2007 | Kimi Räikkönen | Ferrari | Ferrari | B | 1:25:28,770 h | 5,303 km | 58 | 215,893 km/h | 18 de marzo | |
13 | 2008 | Lewis Hamilton | McLaren | Mercedes | B | 1:34:50,616 h | 5,303 km | 58 | 194,578 km/h | 16 de marzo | |
14 | 2009 | Jenson Button | Brawn | Mercedes | B | 1:34:15,784 h | 5,303 km | 58 | 195,776 km/h | 29 de marzo | |
15 | 2010 | Jenson Button | McLaren | Mercedes | B | 1:33:36,531 h | 5,303 km | 58 | 197,144 km/h | 28 de marzo | |
16 | 2011 | Sebastian Vettel | Red Bull | Renault | P | 1:29:30,259 h | 5,303 km | 58 | 206,184 km/h | 27 de marzo | |
17 | 2012 | Jenson Button | McLaren | Mercedes | P | 1:34:09,565 h | 5,303 km | 58 | 195,991 km/h | 18 de marzo de | |
18 | 2013 | Kimi Räikkönen | Lotus | Renault | P | 1:30:03,225 h | 5,303 km | 58 | 204,926 km/h | 17 de marzo | |
19 | 2014 | Nico Rosberg | Mercedes | Mercedes | P | 1:32:58,710 h | 5,303 km | 57 | 195,059 km/h | 16 de marzo} | |
20 | 2015 | Lewis Hamilton | Mercedes | Mercedes | P | 1:31:54,067 h | 5,303 km | 58 | 200,808 km/h | 15 de marzo | |
21 | 2016 | Nico Rosberg | Mercedes | Mercedes | P | 1:48:15,565 h | 5,303 km | 57 | 167,526 km/h | 20 de marzo | |
22 | 2017 | Sebastian Vettel | Ferrari | Ferrari | P | 1:24:11,672 h | 5,303 km | 57 | 215,409 km/h | 26 de marzo | |
23 | 2018 | Sebastian Vettel | Ferrari | Ferrari | P | 1:29:33,283 h | 5,303 km | 58 | 206,069 km/h | 25 de marzo | |
24 | 2019 | Valtteri Bottas | Mercedes | Mercedes | P | 1:25:27,325 h | 5,303 km | 58 | 215,954 km/h | 17 de marzo | |
– | 2020 | cancelado debido á Pandemia de COVID-19 | |||||||||
– | 2021 | ||||||||||
25 | 2022 | Charles Leclerc | Ferrari | Ferrari | P | 1:27:46,548 h | 5,278 km | 58 | 209,254 km/h | 10 de abril | |
26 | 2023 | Max Verstappen | Red Bull | Honda RBPT | P | 2:32:38.371 h | 5,278 km | 58 | 120,332 km/h | 2 de abril | |
27 | 2024 | Carlos Sainz | Ferrari | Ferrari | P | 1:20:26.843 h | 5,278 km | 58 | km/h | 24 de marzo |
Recórds
Piloto: Michael Schumacher (4) • Países pilotos: Alemaña/Gran Bretaña (9 cada un) • Deseñadores: Ferrari (8) • Fabricantes de motores: Mercedes (11) • Fabricante de pneumáticos: Bridgestone (10)
Voltas rápidas
[editar | editar a fonte]Ata o 10 de abril de 2022, os récords oficiais de voltas de carreiras no circuíto de Albert Park aparecen como:[6]
Trazados
[editar | editar a fonte]-
Trazado de 1996 a 2019, 5303 metros.
-
Trazado logo de 2021, 5279 metros.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Andrew Rickart (3 de abril de 2022). "Capacity crowd for Australian Grand Prix as ticket sell out". Highway F1. Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2022. Consultado o 10 de abril de 2022.
A capacidade do recinto está entre 120.000 e 130.000, e os organizadores esperan que o sábado acudan máis de 100.000 persoas para a clasificación da Fórmula Un.
- ↑ "Australian F1 Grand Prix ready to go at enhanced Albert Park circuit". Austadiums. 7 de abril de 2022.
Tal foi a demanda para a carreira de 2022, que se engadiron varias tribunas novas ao circuíto, e ampliáronse outras, con 10.000 asentos adicionais, aumentando os asentos a uns 39.000 en 17 tribunas.
- ↑ "Australian Grand Prix contract extension: Formula 1 to race in Melbourne until at least the end of 2025 | Formula 1®". formula1.com.
- ↑ "Albert Park F1 layout will change for 2021 Australian GP". motorsport.com (en inglés). Consultado o 2021-02-20.
- ↑ "New Albert Park layout will be five seconds faster". motorsport.com (en inglés). Consultado o 2021-04-01.
- ↑ "Natsoft Race Timing". natsoft.com.au. Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2012. Consultado o 31 de maio de 2017.
- ↑ "2022 Albert Park S5000 Statistics". Consultado o 8 de abril de 2022.
- ↑ "2022 Albert Park Supercars Statistics". Consultado o 9 de abril de 2022.
- ↑ "Round 1, 2022: AGP Race 2". Consultado o 8 de abril de 2022.
- ↑ "Procar Stats" (PDF). procar.com.au. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de xuño de 2004. Consultado o 31 de maio de 2017.
- ↑ Australian Tourist Trophy, Australian Motor Sports, January 1957, pages 18 to 20
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Melbourne Grand Prix Circuit |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial
- Albert Park at Official Formula 1 website
- Albert Park Melbourne Grand Prix Circuit on Google Maps (Current Formula 1 Tracks)
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |