iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: https://gl.wikipedia.org/wiki/Manuel_de_Falla
Manuel de Falla - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Manuel de Falla

Este é un artigo de calidade da Galipedia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:BiografíaManuel de Falla

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Manuel de Falla. Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Manuel María de los Dolores Clemente Ramón del Sagrado Corazón de Jesús Falla y Matheu Editar o valor en Wikidata
23 de novembro de 1876 Editar o valor en Wikidata
Cádiz, España Editar o valor en Wikidata
Morte14 de novembro de 1946 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Alta Gracia, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacripta da catedral de Cádiz Editar o valor en Wikidata
EducaciónReal Conservatorio Superior de Música de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoArtes escénicas Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncompositor, poeta, pianista Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoOrquestra e música clásica Editar o valor en Wikidata
ProfesoresJosé Tragó, Felip Pedrell, Alejandro Odero e Enrique Broca Editar o valor en Wikidata
InstrumentoÓrgano e piano Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor en Wikidata
IrmánsMaria del Carmen De Falla
Germán de Falla Matheu Editar o valor en Wikidata
ParentesÁngela García de Paredes, sobriña neta Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978
Biblioteca dixital BEIC
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webmanueldefalla.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0266316 IBDB: 11578
BNE: XX877854 Spotify: 5BcbyYRgvvhfVGmCJSjHlT Last fm: Manuel+de+Falla Musicbrainz: 17268036-f51c-427c-a8a2-241fac69d39f Discogs: 229547 IMSLP: Category:Falla,_Manuel_de Allmusic: mn0000647526 WikiTree: de Falla-1 Find a Grave: 7417449 Editar o valor en Wikidata

Manuel de Falla y Matheu, nado en Cádiz o 23 de novembro de 1876 e finado en Alta Gracia (Arxentina) o 14 de novembro de 1946, foi un compositor andaluz do nacionalismo musical. Con Isaac Albéniz, Enrique Granados, Joaquín Turina e Joaquín Rodrigo é un dos músicos máis importantes da primeira metade do século XX en España, e un dos compositores españois máis importantes de todos os tempos.

Pertenceu a unha acomodada familia de comerciantes gaditanos e recibiu formación musical dende a súa infancia, tanto de piano como de solfexo. Continuou os seus estudos con varios profesores e, grazas ás amizades familiares, entrou nos círculos culturais da cidade, particularmente na casa de Salvador Viniegra. Alí coñeceu as obras de importantes compositores. A súa primeira interpretación pública foi coa súa nai no recital para piano de Die sieben letzten Worte unseres Erlösers am Kreuze (en galego As sete últimas palabras de Cristo na cruz) de Joseph Haydn. Posteriormente, trasladouse a Madrid, onde continuou a súa formación en piano con José Tragó e compuxo obras para piano e música de cámara. Coñeceu a Felip Pedrell, quen foi unha notable influencia na súa posterior carreira e espertou o seu interese polo flamenco e o cante jondo. Máis tarde, marchou a París, onde fixo amizade con diversos membros da sociedade cultural da cidade, como Paul Dukas, Isaac Albéniz, Claude Debussy, Ricard Viñes (que o introduciu en Les Apaches), Maurice Ravel, Igor Stravinski ou Joaquín Nin. Ao seu regreso a Madrid en 1914, estreitouse a súa relación con María e Gregorio Martínez Sierra, e colaboraron nalgunhas das súas obras. Tivo unha destacada presenza na vida cultural e política da cidade e creceu a súa popularidade, e traballou con Sergei Diagilev e os seus Ballets Russes. En 1919 marchou a Granada, onde fixo relación con Antonio de Luna García, Federico García Lorca, Miguel Cerón, Fernando de los Ríos, Hermenegildo Lanz e Manuel Ángeles Ortiz, entre outros, e puido coñecer con maior profundidade o flamenco e o cante jondo. En 1939, e finalizada en España a guerra civil, trasladouse á Arxentina, onde viviu ata o seu falecemento en 1946.

Entre as súas obras máis célebres encóntranse a pantomima El amor brujo, o ballet El sombrero de tres picos, as Siete canciones populares españolas para voz e piano, a Fantasia Bætica para piano e Noches en los jardines de España, todas elas compostas ao regreso da súa estadía en París. Ademais, compuxo a ópera La vida breve, a ópera para marionetas El retablo de Maese Pedro, o Concerto para clavicémbalo e cinco instrumentos, varias zarzuelas (aínda que a única que se representou foi Los amores de la Inés) e varias obras vocais, para piano e música de cámara. A súa última obra, Atlàntida, finalizouna o seu discípulo Ernesto Halffter e publicouse despois da morte do compositor.

Exerceu unha grande influencia sobre o Grupo dos Oito e a Xeración do 27. O Arquivo Manuel de Falla, inaugurado en Granada en 1991, garda numerosas fotografías, cartas, partituras, manuscritos e outros documentos do compositor.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Infancia e mocidade

[editar | editar a fonte]
Manuel de Falla, disfrazado, en 1883.

Manuel María de los Dolores Falla y Matheu[1][a] naceu o 23 de novembro de 1876 ás seis da mañá no domicilio familiar da Praza de Mina número 3 en Cádiz.[3] Foi o fillo máis vello do matrimonio formado por José María Falla Franco, un acomodado comerciante de orixe valenciana, e de María Jesús Matheu y Zabala, proveniente dunha adiñeirada familia industrial catalá, aínda que ambos eran de Cádiz.[3][4] Tivo catro irmáns: José María "Pepito" (nado 2 anos despois que Manuel), María del Carmen (seis anos máis nova), Servando e Germán, os dos últimos eran xemelgos e 13 anos menores ca el.[3][4] Bautizárono na igrexa católica da Nosa Señora do Rosario o 26 de novembro.[3][2] Os falecementos do seu avó materno —en 1884—, a súa tía Magdalena —durante a epidemia de cólera de 1885—, e os seus irmáns Pepito —na mesma época— e Servando —pouco despois de nacer en 1889—, impactárono enormemente. Dise que Manuel contraeu tuberculose na súa infancia. Todo iso, unido á súa feble complexión, fixo que desenvolvese unha obsesión pola limpeza e medo a contaxiarse e enfermar.[3][4]

Manuel e os seus irmáns recibiron unha boa educación na casa. Recibiu as súas primeiras leccións de solfexo de man da súa nai, intérprete de piano, e do seu avó. Ademais, a súa ama de leite, "La Morilla", ensinoulle cantigas de berce e populares que estimularon a súa imaxinación e deixaron pegada nel.[5][6][7][1] Aos nove anos de idade, a súa nai decidiu que tiña que estudar máis formalmente, polo que continuou os seus estudos musicais cunha profesora de piano amiga súa chamada Eloísa Galluzo e cuxos métodos de ensinanza eran "moi severos".[8][9] En 1889 proseguiu os seus estudos de piano, solfexo e harmonía con Alejandro Odero, e harmonía e contrapunto con Enrique Broca.[10][9][1] Tamén realizaba prácticas de piano a catro mans de obras de Richard Wagner e Wolfgang Amadeus Mozart cunha amiga da familia.[10] Nesa época, Manuel asistía ás veladas vespertinas de música de cámara que se celebraban na casa de Salvador Viniegra, amigo da familia, e tivo acceso á gran biblioteca musical que posuía.[8][11] Tamén asistía a outros eventos musicais en Cádiz, onde descubriu música como Faust de Charles Gounod e obras de Mozart, Ludwig van Beethoven, Vincenzo Bellini e Edvard Grieg, que estaba de moda.[12][8][13] A súa primeira interpretación pública foi coa súa nai no recital para piano de Die sieben letzten Worte unseres Erlösers am Kreuze (en galego As sete últimas palabras de Cristo na cruz) de Joseph Haydn na igrexa de San Francisco.[b]

Solicitude ao instituto para cambio de "oficial" a "doméstica" de varias materias de 1891.[c]

No Arquivo Histórico Provincial de Cádiz encóntrase custodiado o seu expediente escolar, que estaba en posesión dos fondos do Instituto Columela onde estudou, ata que foi transferido ao Arquivo en decembro de 2003. Nel, a parte das súas boas notas, saliéntase o seu manexo á hora de resolver unha operación aritmética e a excelente caligrafía que tiña a pesar de contar con tan só once anos.[15]

Aos doce anos, os seus intereses eran principalmente a literatura e o xornalismo. En 1888 fundou e dirixiu, xunto cun grupo de amigos, a revista literaria El Burlón e, en 1891 participou nunha segunda titulada El Cascabel, que tamén terminou dirixindo.[14][6] Nesa época, especúlase que compuxera unha ópera en catro actos chamada El conde de Villamediana, da que non se conserva a música, mais si o libreto, que estaba inspirado en obras do Duque de Rivas. Ao redor de 1892, cando tiña 16 anos, compuxo o seu Opus núm. 1, Gavotte et Musette para piano.[14] Aos dezasete anos, segundo confesou o propio Falla nunha carta en 1928 ao seu biógrafo e amigo Alexis Roland-Manuel, decidiu que a súa vocación era a música.[16][17]

Traslado a Madrid

[editar | editar a fonte]
Casa madrileña da rúa Serrano núm. 72 na que viviu Falla de 1901 a 1907.

A partir de 1896 comezou a viaxar con asiduidade a Madrid, onde asistiu ao Real Conservatorio de Música e Declamación. Alí estudou piano con José Tragó, que tiña moi boa opinión sobre o seu alumno e comentou que era "un mozo moi estudoso, moi concienciudo; de bos talentos artísticos e ao cal seguramente lle está a esperar un prometedor futuro nesta difícil arte".[18][19] Contra finais dese ano, estableceuse definitivamente en Madrid.[20] En 1897 matriculouse oficialmente en calidade de alumno libre do Conservatorio.[21] Ese mesmo ano compuxo Melodía, unha obra para violoncello e piano, dedicada a Salvador Viniegra, xa que Falla participaba nas sesións de música de cámara que se realizaban en casa deste.[22][23] Ao ano seguinte superou, con altas cualificacións, o equivalente a tres anos de solfexo e cinco de piano no Conservatorio,[24] e compuxo Scherzo en dó menor para piano.[d] En 1899 terminou os estudos oficiais na Escuela Nacional de Música y Declamación[e] e obtivo, por unanimidade, o primeiro premio de piano de devandito centro.[24][23] Neses anos, realizou viaxes frecuentes a Cádiz e deu recitais nas casas de Viniegra e de Manuel Quirell, nos que interpretaba composicións de Frédéric Chopin, Robert Schumann ou Grieg, xunto con obras propias.[24] En casa de Viniegra, estreou en 1899 obras como Romanza, Melodía para violonchelo e piano (dedicada a Viniegra), Cuarteto en sol e Serenata andaluza; na de Quirell, estreou Nocturno, e Mireya no Teatro Cómico.[22] En 1900 compuxo Canción para piano e algunhas pezas vocais e para piano. Estreou Serenata andaluza e Vals-Capricho para piano no Ateneo de Madrid.[26] A súa familia mudouse con el, debido á precaria situación económica da familia, comezou a impartir clases de piano coas que puido manter á familia.[20][24]

Falla coñeceu a Felip Pedrell en 1901 en Madrid. Este foi unha grande influencia para o compositor gaditano, xa que espertou nel o interese polo flamenco e, en especial, polo cante jondo.[27]

Ata ese momento, Falla só compuxera obras para piano e música de cámara. En torno ao ano 1900 escribiu a súa primeira zarzuela, forma musical moi de moda nese momento en España, La Juana y la Petra o La casa de Tócame Roque (inspirada na popular casa madrileña). Non chegou a estrearse e a súa música perdeuse, aínda que nos seus cadernos o compositor sinalou que constaba de cinco números musicais.[28] En 1901 coñeceu a Felip Pedrell, quen tería notable influencia na súa posterior carreira, xa que espertou nel o interese polo flamenco e, en especial, polo cante jondo.[29][30] Pedrell impartía clases no Conservatorio e o Ateneo. Melquiades Almagro, un rico amigo de Falla, pagou as leccións que recibiu de Pedrell.[31] Ese ano Falla tamén compuxo obras como Cortejo de gnomos e Serenata, ambas para piano.[32] O 12 de abril de 1902 estreou, no Teatro Cómico de Madrid, Los amores de la Inés, a única das súas zarzuelas que se representou, e tivo vinte representacións realizadas pola compañía de Loreto Prado e Enrique Chicote.[33] Ese mesmo ano coñeceu a Joaquín Turina e Federico Chueca, que axudou e apoiou as súas zarzuelas, e a Sociedade de Autores publicou Vals-Capricho e Serenata andaluza.[32] Entre 1901 e 1902, escribiu Limosna de amor, con libreto de José Jackson Veyán, outra zarzuela que non se representou.[34][35]

O ano seguinte compuxo Allegro de concerto, e presentouno ao concurso convocado polo Conservatorio de Madrid, que finalmente gañou Enrique Granados, e a Sociedade de Autores publicou as obras Tus ojillos negros e Nocturno.[32] Ese mesmo ano, comezou a súa colaboración con Amadeo Vives nas zarzuelas Prisionero de guerra, El cornetín de órdenes e La cruz de Malta, das que só se conservan algúns fragmentos.[36] Os anos de estudo na capital española culminaron coa composición, en 1904, da ópera La vida breve, en colaboración con Carlos Fernández Shaw, que se fixo acredora do primeiro premio dun concurso convocado pola Real Academia de Belas Artes de San Fernando o ano seguinte.[37] Aínda que as bases do concurso estipulaban que o traballo gañador debía representarse no Teatro Real de Madrid, Falla tivo de esperar oito anos para dar a coñecer a súa partitura, non en Madrid, senón en Niza (Francia).[38][39] Dado de que non coñecía aínda Granada, a cidade na que se ambienta esta ópera, Falla pediu información ao seu amigo Antonio Arango. Desta época son os Cantares de Nochebuena.[23] En abril de 1905 obtivo o premio de piano nun concurso convocado pola firma Ortiz y Cussó.[40] Nesa época, sentiuse fortemente atraído pola súa prima María Prieto Ledesma e a última referencia a este asunto está datada o 14 de novembro de 1905.[41]

Etapa parisiense

[editar | editar a fonte]
Claude Debussy axudou a Falla durante a súa estadía en París e introduciuno nos círculos musicais da cidade.

Falla ampliara o seu círculo de amizades e a súa fama estaba crecendo en Madrid, grazas aos dous premios que gañou. En cambio, en parte pola decepción que sufriu ao non poder estrear La vida breve no Teatro Real como lle prometeran, decidiu trasladarse a Francia.[38] Descoñécese a data exacta na que Falla se mudou alí, mais tense constancia dunha carta que enviou á súa familia o 16 de agosto de 1907.[42] Fincou en París, por consello de Joaquín Turina e Víctor Mirecki Larramat, e os seus inicios non foron sinxelos, xa que chegou reunir cupóns de xornais para obter comida gratuíta.[38] Comezou gañando a vida como pianista e director dunha pequena compañía de pantomima que interpretaba L'enfant prodigue de André Wormser, e realizou unha xira por Francia, Bélxica, Alemaña e Suíza.[43] Pouco despois da súa chegada a París, coñeceu a Paul Dukas, quen lle presentou a Isaac Albéniz e Claude Debussy.[44] Grazas a unha carta de recomendación, tamén fixo relación con Ricard Viñes, que o introduciu na Société des Apaches, un círculo de mozos músicos progresistas con membros como Debussy, Maurice Ravel, Igor Stravinskii e Joaquín Nin, entre outros.[45][f] Tamén por mediación de Viñes e Albéniz, entaboou relación con Alexis Roland-Manuel, tivo acceso a outros círculos culturais parisienses e coñeceu a outros artistas españois na cidade, como Enrique Granados, Pau Casals, Miguel Llobet, Ángel Barrios, Enrique Fernández Arbós, Josep Maria Sert e Pablo Picasso.[48] Durante ese tempo, gañou a vida dando clases de piano aos fillos de familias adiñeiradas e realizando xiras de concertos.[49]

Paul Dukas, ao que Manuel de Falla coñeceu durante a súa estandía en París, foi unha grande influencia para o compositor gaditano durante a súa estancia na cidade.

En 1908 e debido á mediación de Albéniz, o rei Afonso XIII outorgoulle unha bolsa para que puidese seguir residindo en París e concluír as Cuatro piezas españolas.[50] En xaneiro dese ano iniciou unha xira polo norte de España, xunto co violinista Antonio Fernández Bordas e o violoncellista Víctor Mirecki.[51] O 23 de marzo terminou a obra Con afectos de júbilo y gozo.[52] Paul Milliet traduciu ao francés o libreto de La vida breve para que a estrea da obra fose posible en Francia.[50] O 27 de marzo do ano seguinte estreáronse na Sáelle Érard as Cuatro piezas españolas interpretadas por Ricard Viñes, que máis tarde foron publicadas polo editor Jacques Durand grazas á recomendación de Dukas, Debussy e Ravel.[53] Ese mesmo ano comezou a compor unha serie de pezas chamadas Nocturnos, que máis tarde se converteron en Noches en los jardines de España, e revisou substancialmente a orquestración de La vida breve.[54] O contacto coa vida musical parisiense exerceu unha grande influencia sobre el, ficou especialmente impresionado por Pelléas et Mélisande[g] de Debussy e Boris Godunov de Modest Musorgskii, e entrou en contacto coa música sinfónica e de cámara europea de vangarda, mesmo escoitou a Richard Strauss dirixir as súas obras.[49][55]

O 4 de maio de 1910, grazas á colaboración de Ravel e Gabriel Fauré, a soprano Ada Adiny-Milliet estreou na Société Nationale Indépendante, acompañada ao piano por Falla, as Trois mélodies, realizadas sobre textos de Théophile Gautier e que foron publicadas por Rouart, Lerolle et Cie.[56][50][57] Nese mesmo ano produciuse o seu primeiro encontro con Igor Stravinskii e coñeceu a Georges Jean-Aubry, Ignacio Zuloaga, Joaquín Nin e Wanda Landowska.[49][57] Un ano máis tarde realizou a súa primeira visita a Londres, por mediación de Jean-Aubry, e en marzo ofreceu algúns recitais.[58] Os invernos de 1910 e 1911 afectaron gravemente á súa saúde,[h] que xa era feble de por si, o que incrementou o seu fervor relixioso e lle fixo achegarse aos círculos afíns ás súas inquedanzas relixiosas, especialmente os Apaches, con Viñes e Léon Bloy, entre outros.[60]

En 1912 realizou unha viaxe a Suíza e Italia.[39] En Milán negociou con Perico Ricordi a publicación de La vida breve, mais non chegaron a un acordo.[61] O 30 de novembro, Ricard Viñes presentou na Sociedad Filarmónica Madrileña as Cuatro piezas españolas de Falla.[39] Revisou, coa axuda de Dukas e Debussy, a partitura de La vida breve e realizou melloras na súa estrutura e orquestración.[62][63] O 1 de abril de 1913 estreouse no Casino Municipal de Niza[i] e o 30 de decembro dese ano realizouse no Teatro Nacional da Opéra-Comique de París o ensaio xeral, con público e crítica.[64] A obra estreouse oficialmente o 7 de xaneiro de 1914 en devandito teatro e foi un éxito.[63][64] Logo do fracaso con Ricordi, Max Eschig publicou a partitura e converteuse no editor de Falla.[39] Ese mesmo ano coñeceu, por mediación de Turina, a Gregorio e María Martínez Sierra.[j][66] Debido ao éxito obtido, Falla decidiu establecerse definitivamente en París.[67] Grazas ao seu contrato con Eschig, a mediados de 1914 puido rematar as Siete canciones populares españolas.[68] Con todo, logo do inicio da primeira guerra mundial, Falla tivo que regresar ao seu país natal e fixou a súa residencia de novo en Madrid.[69] O 14 de novembro representouse La vida breve no Teatro da Zarzuela e no mes seguinte termina a Oración de las madres que tienen a sus hijos en brazos na capital de España.[57]

É difícil saber que experiencia vívida pode cambiar o rumbo dunha sensibilidade artística creadora, pero a relación que Falla mantivo con estes músicos en París influíu de xeito determinante na súa música posterior. Por exemplo, Debussy quen tiña oído e admiraba a arte flamenca de España, aconselloulle que tomase esta música como fonte de inspiración, consello que o español debeu ter en conta en obras como Noches en los jardines de España, en que o impresionismo contemporáneo se utiliza case como soporte para harmonías, ritmos e sonoridades flamencas.

Volta a Madrid

[editar | editar a fonte]
Manuel de Falla, ca. 1914.

Durante a estadía de Falla en París, a crítica musical en Madrid cambiara. Xurdiron numerosas publicacións especializadas e eran frecuentes as disputas entre elas, en ocasións motivadas pola súa ideoloxía política, e fortes en moitos casos.[70] Logo do seu regreso a Madrid, o 14 de novembro de 1914 representouse La vida breve, coa soprano Luisa Vela como protagonista, no Teatro de la Zarzuela e baixo a dirección de Pablo Luna.[71][72] A estrea foi un grande éxito e posteriormente representouse en 26 ocasións.[71] A súa relación cos Martínez Sierra, aos que coñecera durante a súa estadía en París, fíxose máis próxima. Comezaron a traballar xuntos en La Pasión, unha obra que se estreou o 30 de novembro no Teatro Lara e para a que o compositor escribiu unha soleá para voz e guitarra.[73][65] Nos anos seguintes, Falla compuxo música incidental para algunhas das obras teatrais do matrimonio, como Otelo o tragedia de una noche de verano, Pascua florida ou Amanecer, e tamén escribiu música para cancións escritas por María, como «El pan de Ronda que sabe a verdad».[k][65] O 15 de xaneiro de 1915, Joaquín Turina e Manuel de Falla foron homenaxeados polo Ateneo de Madrid.[l] En devandita homenaxe estreáronse as Siete canciones populares españolas, interpretadas pola soprano Luisa Vela e acompañada ao piano polo propio Falla.[76] O 8 de febreiro realizouse o concerto de presentación da Sociedade Nacional de Música no Hotel Ritz de Madrid, no que a soprano Josefina Revillo interpretou por primeira vez a antibelicista Oración de las madres que tienen a sus hijos en brazos, con texto de Martínez Sierra.[73][77] Falla coñeceu o secretario da Sociedad, Adolfo Salazar, que ademais era un influente crítico e apoiouno nos seus habituais desencontros coa prensa madrileña.[78]

O 23 de setembro de 1915, o sexteto de José Media-Vila estrea en Portugal unha versión de El amor brujo realizada polo mesmo Falla.[79] O 18 de decembro concluíu El pan de Ronda que sabe a verdad, unha obra realizada sobre un texto de María Lejárraga.[80]

Matrimonio Martínez Sierra
María e Gregorio Martínez Sierra colaboraron con Falla nalgunhas das súas obras.

O 15 de abril tivo lugar a estrea no Teatro Lara da primeira versión de El amor brujo, que escribiu xunto a Martínez Sierra, interpretado por Pastora Imperio no papel de Candelas e baixo a dirección orquestral de José Moreno Ballesteros, pai de Federico Moreno Torroba, quen tocou a parte de piano. Recibiu disparidade de críticas: unhas criticaron a orquestración e animaron a Falla a deixar eses "ensaios menores" e adicarse a "grandes obras", e achacáronlle falta de "españolidade" pola "obsesión" de Falla pola música francesa e rusa; en troques, outras destacábana como "o novo renacemento musical español" e valoraron o esforzo de elevar o flamenco á categoría de arte.[81][82] En calquera caso, a obra tivo unha boa recepción de público e representouse en vinte e oito ocasións.[83] Entre finais de marzo e principios de abril acompañou a María Lejárraga nunha viaxe por Andalucía, na que puido coñecer Granada[m] e tamén visitaron Ronda, Alxeciras e Cádiz.[84][85] Pouco despois trasladouse a Barcelona co matrimonio Martínez Sierra e a súa estandía na cidade prolongouse case seis meses. Foi invitado por Santiago Rusiñol a pasar uns días no Cau Ferrat de Sitges e alí pode que traballara na primeira versión de concerto de El amor brujo e nas Noches en los jardines de España.[86] A Orquesta Sinfónica de Madrid, dirixida por Enrique Fernández Arbós,[n] estreou a primeira o 28 de marzo de 1916 no Hotel Ritz de Madrid.[88] O 9 de abril, estreouse a segunda no Teatro Real, a cargo da mesma orquestra, xunto co pianista José Cubiles e dirixida de novo por Fernández Arbós.[89] Falla comezou a traballar co matrimonio Martínez Sierra na pantomima El corregidor y la molinera, baseada na novela El sombrero de tres picos de Pedro Antonio de Alarcón.[90] Pode que Falla elixira esta historia máis costumista para poder obter un maior éxito comercial.[91] Estreouse o 7 de abril de 1917 no Teatro Eslava, producida pola compañía dos Martínez Sierra e baixo a dirección de Turina.[92][93] O 29 de abril, a Orquesta Sinfónica de Madrid, dirixida por Enrique Fernández Arbós realizou unha interpretación no Teatro Real dunha versión de concerto para pequena orquestra de El amor brujo.[94] Ese mesmo ano Falla realiza o prólogo da "Enciclopedia abreviada de Música" de Joaquín Turina,[95][96] e publicou "Nuestra música" no número de xuño da revista Música.[95]

En 1916 Manuel de Falla fixo contacto con Igor Stravinskii e Sergei Diagilev (na imaxe), cuxos célebres Ballets Russes estaban naquela época en Madrid, e iniciou unha viaxe polo sur de España con este.

España foi un país neutral durante a primeira guerra mundial. Falla amosouse publicamente en contra desa postura e asinou un manifesto en 1915, que apoiaron outros intelectuais como Gregorio Marañón, Américo Castro e Fernando de los Ríos. Logo do falecemento de Enrique Granados,[o][p] criticou a agresión alemá por "arrebatarnos a un artista dos nosos que tan brillantemente representou a España no estranxeiro". Ese mesmo ano, escribiu máis artigos nos que denunciaba a "perniciosa" influencia da "tradición alemá" na música europea.[97] Por outra banda, esa neutralidade de España revitalizou a vida cultural da súa capital, Madrid, e atraeu a diversos artistas internacionais, como foi o caso de Sergei Diagilev e os seus Ballets Russes, que estiveron de xira polo país en 1916 e 1917.[99] Falla fixo contacto con Igor Stravinskii e Diagilev e realizou sendas viaxes acompañado por este e o bailarín Léonide Massine: en 1916, polo sur do país,[100] e durante o verán de 1917, por España, na que o 8 de outubro acudiron a Fuendetodos á inauguración dun monumento en homenaxe a Francisco de Goya.[101] Antes de finalizar o ano, iniciou unha nova xira polo norte de España acompañando ao piano á soprano Aga Lahowska.[102] No número de abril de 1916 da Revista Musical Hispano-Americana publicouse o texto de Falla "Enrique Granados, Evocación de su obra", e o periódico La Tribuna do 5 de xuño fixo o propio con "El gran músico de nuestro tiempo: Igor Stravinsky", ademais ese mesmo ano realizou o prólogo da obra "La música francesa contemporánea", de Georges Jean-Aubry e no número de decembro da Revista Musical Hispano-Americana publicou un novo artigo titulado "Introducción a la música nueva".[95][95]

En 1918, comezou a compoñer a ópera cómica Fuego fatuo, con libreto de María Martínez Sierra e baseada en música de Frédéric Chopin, do que Falla era grande admirador. María atribuíu á estrita moral do compositor o atraso na obra, por non estar de acordo co seu libreto, aínda que non hai evidencias de tales reticencias. En troques, o propio Falla realizou xestións persoais con varios teatros para estrear a obra, que resultaron infructuosas, xa que varios a rexeitaron, como o Teatro Eslava, dirixido temporalmente polo compositor Manuel Penella e que inicialmente accedera a representala, ou a Opéra-Comique de París, cuxo director, Albert Carré, afirmou: "Debería escribir música orixinal!". A obra non chegou estrearse. Entre tanto, ao estar inmerso na composición de Fuego fatuo, Falla rexeitou unha proposición por parte de Diagilev para compoñer un ballet que finalmente encargou a Stravinskii e se converteu en Pulcinella. Falla e os Martínez Sierra iniciaron outra colaboración coa traxicomedia Don Juan de España. Estaba nunha etapa moi temperá de creación e debido á lentitude de Falla na súa composición, que de novo María achacou á moral do compositor, finalmente os Martínez Sierra encargaron a música a Conrado del Campo e a obra estreouse o 18 de novembro de 1921. Todo isto contribuiu a que a relación entre o matrimonio e o compositor rompera logo da estrea da traxicomedia, a pesar de que María e Falla mantiveran unha correspondencia case diaria durante anos.[103][104][105][106] Probablemente, o seu último traballo xuntos foi El corazón ciego de Gregorio, no que Falla puxo música a dúas cancións do cuarto acto e que se estreou en outubro ou novembro de 1919.[q] O 27 de abril, Falla pronunciou unha conferencia titulada El arte profundo de Claude Debussy nunha homenaxe que rendeu o Ateneo de Madrid ao compositor francés, e realizouse un concerto, no que tamén participaron Aga Lahowska, Arthur Rubinstein e a Orquesta Filarmónica.[109][102]

En 1919 faleceron os seus pais, cuns meses de diferenza: o 12 de febreiro o seu pai, e o 22 de xullo a súa nai.[r][102][108] En 1917, Falla comezara a traballar nunha nova versión de El corregidor y la molinera, que se acabou convertendo no ballet El sombrero de tres picos. A estrea da obra atrasouse por problemas financeiros cos Ballets Russes de Diagilev.[110] O 22 de xullo os Ballets Russes de Diagilev realizaron a estrea de El sombrero de tres picos no Alhambra Theatre de Londres, con coreografía de Massine[s] e decorados e figurantes de Pablo Picasso. Foi a estrea máis exitosa da compañía esa tempada.[111] Esta obra pasou a formar parte do repertorio fixo da compañía rusa. Por encargo de Arthur Rubinstein comezou a compor Fantasia Baetica[112] e iniciou as negociacións do contrato con J. & W. Chester de Londres, que se pasaron a ser os seus principais editores.[113]

O Centro Artístico de Granada tributoulle unha homenaxe o 15 de setembro, polo que Falla realizou unha viaxe á cidade, en compañía da súa irmá María del Carmen e do matrimonio Vázquez Díaz. Durante a súa estancia na cidade, hospedouse primeiro na Pensión Alhambra, onde o seu amigo desde a súa estancia en París, Ángel Barrios, reservoulle habitacións, e máis tarde na Pensión Carmona, segundo o seu primeiro biógrafo, John Brande Trend, ao que coñeceu durante esa viaxe. Ambas as pensións estaban situadas na Rúa Real da Alhambra.[113] Alí levou unha vida retirada, rodeado dun grupo de amigos entre os que se atopaba Federico García Lorca.[114]

Etapa granadina

[editar | editar a fonte]
Excursións granadinas onde asistían Manuel de Falla, Antonio de Luna García e Federico García Lorca, entre outros.

Logo da morte de seus pais, Falla decidiu viaxar en setembro de 1919 a Granada coa súa irmá María del Carmen. Aloxáronse na Pensión Carmona, grazas ás xestións realizadas polo seu amigo dende os tempos de París Ángel Barrios, e estiveron en compaña de Daniel Vázquez Díaz e a súa muller Eva Aggerholm.[115][108] Durante esa visita á cidade coñeceu o poeta Federico García Lorca, que recitou un poema adicado á cidade logo dun concerto.[115] O 23 de xaneiro de 1920, tivo lugar a estrea en París de Noches en los jardines de España, baixo a dirección de Enrique Fernández Arbós e con Rosa García Ascot[t] no papel solista, e ese mesmo mes, os Ballets Russes realizaron unha exitosa representación de El sombrero de tres picos no Teatro Nacional da Ópera de París.[117] O 20 de febreiro, Arthur Rubinstein estreou en Nova York a Fantasia Bætica.[117] O compositor gaditano concluíu a súa primeira obra en Granada en agosto, Homenaje pour le Tombeau de Claude Debussy para guitarra.[117] A mediados de setembro de 1920, Falla e a súa irmá decidiron fixar a súa residencia en Granada e alugaron o carmen de Santa Engracia na Rúa Real da Alhambra, número 43.[117] En decembro publicou o seu artigo "Claude Debussy et l'Espagne" en La Revue Musicale.[118][117] Unha das súas primeiras actividades alí foi organizar un concurso de cantaores de cante jondo.[115][117] Alí levou unha vida retirada, rodeado dun grupo de amigos entre os que se encontraba Antonio de Luna García e Federico García Lorca.[119]

Manuel de Falla.

A estrea de Homenaje pour le Tombeau de Claude Debussy tivo lugar o 24 de xaneiro de 1921 en París, coa interpretación do arpa-laúde a cargo de Marie-Louise Henri Casadesus.[120] A estrea na súa versión para guitarra foi realizada por Miguel Llobet durante unha xira por España un mes máis tarde.[117] Nesa época, Falla estivo moi vinculado coa vida cultural da cidade andaluza e frecuentou as amizades de personaxes como Miguel Cerón, Fernando de los Ríos, Hermenegildo Lanz, Manuel Ángeles Ortiz e, sobre todo, Federico García Lorca.[117] En maio realizou unha viaxe a París e Londres, cidade na que interpretou a parte para piano de Noches en los jardines de España no Queen's Hall.[121] Ao seu regreso a España coincidiu na capital con Igor Stravinskii, que estaba dirixindo no Teatro Real o seu ballet Petrushka.[122] Durante anos mantivera unha estreita relación persoal e profesional co matrimonio Martínez Sierra, que rompeu debido a desacordos en torno ao proxecto dunha obra titulada Don Juan de España.[118] Tras esta ruptura, comezou a composición das dúas suites de El sombrero de tres picos e terminou Fanfare pour une fête, por encargo da revista Fanfare de Londres, que sería publicada no seu primeiro número en agosto.[121]

Manuel de Falla chegou a converterse nun dos eixos da vida cultural granadina grazas á súa amizade con Miguel Cerón, Fernando de los Ríos, Hermenegildo Lanz, Manuel Ángeles Ortiz e, sobre todo, Federico García Lorca (na imaxe).

A comezos de 1922 estableceu definitivamente a súa residencia no carmen da Antequeruela Alta, número 11.[115][117] O diplomático Ricardo Baeza, amigo de Falla, encomendoulle o encargo de compor Canto de los remeros del Volga, en favor dos refuxiados rusos.[121] Realizou unha viaxe durante a Semana Santa de Sevilla, durante a cal coñeceu a Segismundo Romero e a Eduardo Torres, cos que nun futuro colaboraría para formar a Orquesta Bética de Cámara e que finalmente se presentaría o 11 de xuño de 1924 cun concerto no sevillano Teatro Llorens.[121] Uniuse a Miguel Cerón, Federico García Lorca, Hermenegildo Lanz, Ignacio Zuloaga e outros membros da "tertulia del Rinconcillo", para promover a creación do "Concurso de Cante Jondo" co fin de rescatar o "canto primitivo andaluz". Devandito concurso foi organizado polo Centro Artístico e tivo lugar os días 13 e 14 de xuño na Praza dos Alxibes da Alhambra.[118][123]

O 6 de xaneiro de 1923, festividade dos Reis Magos, en Granada, Falla participou nunha festa privada organiada por Federico García Lorca, Adolfo Salazar e o artesán, titiriteiro e artista polifacético Hermenegildo Lanz.[124] Nela representouse unha adaptación lorquiana para monicreques do conto andaluz "La niña que riega la albahaca y el príncipe preguntón", un entremés atribuído a Miguel de Cervantes, e o Misterio de los Reyes Magos, un auto sacramental do século XIII, para o que Falla tiña colaborado na composición da música incidental.[125]

En febreiro, La Revue Musicale publicou dous artigos de Falla: "Felipe Pedrell, (1841-1922)" e "Wanda Landowska à Grenade", que detallaba a visita de dita clavecinista a Granada en novembro do ano anterior.[126][127] Os días 23 e 24 de marzo realizouse a estrea en público da versión de concerto de El retablo de Maese Pedro no Teatro San Fernando de Sevilla. A escenificación da obra tivo lugar no palacete da princesa Edmond de Polignac en París o 25 de xuño de 1923,[128] e os decorados e figuríns foron obra de Manuel Ángeles Ortiz e os monicreques con cabezas e figuras planas de Hermenegildo Lanz.[129]

Realizou algunhas viaxes a Francia, Bélxica e Italia e en Madrid coñeceu a Ernesto Halffter.[130] Comezou a compor o Concerto para clave e cinco instrumentos a instancias de Wanda Landowska[131] e o 12 de decembro, Manuel de Falla e Ángel Barrios foron propostos como académicos pola Real Academia de Belas Artes de Granada, sendo finalmente admitidos por unanimidade, como académicos de número, o 21 de febreiro do ano seguinte.[130][118]

A comezos de 1924 finalizou a obra Psyché, sobre un texto de Georges Jean-Aubry, e que se estrearía o 9 de febreiro do ano seguinte no Palau de la Música Catalana en Barcelona.[132] O 7 de abril foi nomeado académico de honra da Real Academia Hispano-Americana de Ciencias e Artes de Cádiz.[130] En xuño de devandito ano tivo lugar a presentación da Orquesta Bética de Cámara, pola que levaba traballando dende ía dous anos.[132] O 10 de decembro estreouse unha revisión orquestral do Prélude à l'après-midi d'un faune de Claude Debussy que Falla compuxera para devandita orquestra. Esta interpretación correu baixo a dirección de Ernesto Halffter e tivo lugar no Teatro San Fernando de Sevilla.[133]

O libreto de El retablo de Maese Pedro está inspirado nun episodio de Don Quixote da Mancha.

O ano seguinte aceptou o cargo como académico numerario da Real Academia de Belas Artes de Granada. O 22 de maio tivo lugar a estrea en París da versión definitiva para ballet de El amor brujo no Trianon Lyrique, con decorados e figurantes de Gustavo Bacarisas, Falla exercendo como director musical e Antonia Mercé «La Argentina» e Vicente Escudero nos papeis de Candelas e Carmelo, respectivamente.[134][135] O 20 de novembro, a Orquesta Bética interpretou a revisión orquestral realizada por Falla da abertura de Il barbiere di Siviglia de Gioachino Rossini no Teatro San Fernando de Sevilla, dirixida polo seu discípulo Ernesto Halffter. En dita revisión eliminaron os trombóns, xa que a orquestra carecía deles.[133] Falla volveu ter problemas de saúde.[134] O 29 de decembro tivo lugar a representación de El retablo de Maese Pedro en Nova York, coa Orquestra Filharmónica de Nova York, Wanda Landowska e Willem Mengelberg, como director.[130] Foi nomeado membro da Hispanic Society of America.[130]

En 1926 participou na homenaxe que realizou o Centro Artístico en honra do caricaturista Luis Bagaría.[130] As representacións de El retablo realizadas en Ámsterdan o 26 de abril, que contou con Luis Buñuel como director de escena e con Willem Mengelberg como director de orquestra, e Zúric o 20 de xuño no Festival da Sociedade Nacional de Música Contemporánea foron un éxito.[130] Terminou a composición do Concerto para clavecín e orquestra de cámara, que se estreou o 5 de novembro no Palau de la Música de Barcelona por Wanda Landowska, acompañada por un grupo de profesores da Orquestra Pau Casals e dirixidos polo propio Falla.[134] Foi homenaxeado con motivo do seu cincuenta aniversario e recibiu a distinción de "fillo adoptivo" da cidade de Sevilla o 20 de marzo, e "fillo predilecto" da cidade de Cádiz en abril.[136]

Casa de Manuel de Falla durante a súa estadía en Granada, convertida en museo.

As homenaxes continuaron en 1927, xa que foi nomeado "fillo adoptivo" de Guadix o 28 de febreiro.[137] Anteriormente, os días 8 e 9 dese mesmo mes, realizáronse senllos concertos da Orquesta Bética de Cámara no Coliseo Olympia de Granada, dirixidos por Ernesto Halffter e o propio Falla, respectivamente.[137] En Barcelona, o 17 de marzo tivo lugar o "Festival Falla", que contou coa presenza do compositor.[137] O mes seguinte, Falla uniuse á homenaxe que o Ateneo de Granada rendeu ao compositor alemán Ludwig van Beethoven.[136] Falla compuxo a música para o Soneto a Córdoba de Luis de Góngora como conmemoración do terceiro centenario do falecemento do escritor, obra que foi estreada o 14 de maio na Sáelle Pleyel de París, con Madeleine Greslé e o propio compositor ao piano.[138] Nesa época comezou a preparación da música incidental para a representación do auto sacramental de Pedro Calderón de la Barca El gran teatro del mundo que se realizou na Praza dos Alxibes da Alhambra o 27 de xuño (aínda que nun principio estaba programada para o 18, problemas técnicos impediron a representación) que foi organizada polo Ateneo de Granada e a Junta de Damas de Honor y Mérito. En devandita representación interviñeron ademais, Antonio Gallego Burín como director artístico, Hermenegildo Lanz como escenógrafo e Ángel Barrios como director de orquestra.[138] O 5 de novembro realizouse un "Festival Falla" en Madrid, no que o propio compositor interpretou o Concerto.[137] As súas actuacións finalizaron ese ano o 11 de decembro cunha homenaxe a Domenico Scarlatti, do que interpretou 14 sonatas no Ateneo de Granada.[139]

O 30 de xaneiro de 1928 tomou posesión do seu cargo como académico de número da Real Academia de Belas Artes de Granada.[137] En marzo realizou unha viaxe a París para supervisar unha produción de El amor brujo, que contaba coa presenza de Antonia Mercé «La Argentina» e os decorados e o vestiario foron elaborados por Gustavo Bacarisas.[137] No Teatro Nacional da Opéra-Comique estreouse unha produción de El retablo de Maese Pedro dirixida por Ignacio Zuloaga.[137] O día 14, recibiu a condecoración de cabaleiro da Lexión de Honra.[137] En setembro viaxou a Siena, en compañía do seu amigo Juan Gisbert Padró, para actuar como solista nunha audición do Concerto,[140] e o 29 de outubro foi nomeado membro da Kungliga Svenska Musikaliska Akademien Vágnar de Estocolmo.[141] Por esas mesmas datas foi visitado en Granada por Maurice Ravel.[141]

En decembro de 1930, Manuel de Falla realizou unha viaxe ao illote de Sancti Petri mentres estaba traballando en Atlàntida.

Nun principio, e para non entrar en disputas con Conrado del Campo, que preparara durante anos a elección de Falla como membro da Real Academia de San Fernando, rexeitou a invitación formulada por membros desta para cubrir a praza vacante a raíz do falecemento de Manuel Manrique de Lara.[141] O 13 de maio de 1929, e tras as presións dos académicos, Falla foi elixido por unanimidade, aínda que nunca chegou ler o seu discurso de ingreso.[141] John Brande Trend publicou o primeiro libro monográfico sobre Falla en Nova York, titulado Manuel de Falla and Spanish music.[142] Nesa época estaba totalmente inmerso na composición de Atlàntida, e tiña a esperanza de poder estrear a obra na Exposición Universal de Barcelona ou na Exposición Iberoamericana de Sevilla que se celebraban ese mesmo ano.[143]

A finais de xaneiro de 1930, foi visitado por Alfredo Casella, que se atopaba na cidade realizando uns concertos co Trío Italiano.[143] O compositor italiano foi un gran defensor da música do español e deploraba que a súa Fantasia Bætica non fora máis coñecida no mundo.[144] En xuño, realizou a gravación do Concerto e algunhas das súas cancións en París, na que acompañou ao piano a María Barrientos.[145] En decembro realizou unha viaxe a Cádiz para dirixir un concerto no teatro que leva o seu nome. Durante esta estadía na súa terra natal aproveitou a ocasión para realizar unha excursión, inspirada polos seus traballos en Atlàntida, ao illote de Sancti Petri, lugar no que supostamente estarían as ruínas do templo de Hércules.[146][141]

En 1931 realizou a súa última visita a Londres para dirixir El retablo de Maese Pedro nunha retransmisión da BBC.[143] Foi partidario da Segunda República en España logo da súa proclamación o 14 de abril dese ano, debido á súa inclinación pola renovación e polos seus círculos de amizades liberais, e mesmo foi designado como primeiro director da recentemente creada Junta Nacional de Música.[144] Con todo, un mes logo da proclamación da Segunda República en España, escribiu xunto con outros amigos granadinos, ao presidente da República, Niceto Alcalá Zamora, e ao seu amigo Fernando de los Ríos, ministro de Xustiza, para pedirlles que tomasen as medidas oportunas para deter a queima e saqueo de igrexas, así como o crecente proceso de "desevanxelización" de España.[143][144] Preocupado pola "crecente falta de moralidade", escribiu en 1932 as súas vontades, nas que establecía que as súas obras debían ser representadas, sen excepción, gardando as debidas medidas de limpeza moral cristiás e que o seu cadáver debía ser enterrado nun lugar sagrado seguindo o rito católico romano.[147]

En decembro de 1935 terminou Pour le Tombeau de Paul Dukas, que falecera en maio dese ano, e tamén finalizou a música incidental para o auto sacramental La vuelta de Egipto de Lope de Vega e que se presentou na Universidade de Granada no 300 aniversario da morte do escritor.[148] Falla foi inicialmente favorable ao pronunciamento militar de xullo de 1936, que posteriormente derivou na guerra civil española, dado que o percibía como un factor estabilizador, de igual xeito que o fora o de Primo de Rivera nos anos 1920.[148] Defendeu os seus amigos, frecuentemente poñendo en perigo a súa propia integridade física. O 23 de maio apelou ao presidente da República, Manuel Azaña, en nome de todos os cristiáns, para que exercera a súa autoridade e os protexera. En novembro, acudiu en auxilio do seu amigo Hermenegildo Lanz, arrestado polo novo réxime.[148] Despois do asasinato de Lorca, recluíuse no seu domicilio e a súa saúde deteriorouse considerablemente, e nunha análise de sangue revelábase que padecía "grave malnutrición". Nunha carta a José María Pemán do 18 de setembro, Falla afirmaba que a causa dos seus problemas era a queima de igrexas en Cádiz, nas súas palabras unha "blasfemia colectiva".[149] En 1937, a instancias de Pemán e pese ao seu rexeitamento inicial, escribiu o Himno marcial para as tropas sublevadas.[150][149][151] Para iso, Falla arranxou e adaptou o "Canto de los Almogávares", de Los Pirineos de Felip Pedrell, coa letra nova de José María Pemán.[118] Continuou o seu illamento voluntario e só tivo contacto coa súa irmá e un reducido círculo de amizades e veciños, que incluían a Pedro Borrajo, Hermenegildo Lanz, Valentín Ruiz Aznar, Ramón Pérez de Roda, Miguel Cerón e Luis Jiménez.[149] O 1 de xaneiro de 1938 e sen o seu previo coñecemento, nomeárono director do Instituto de España en Salamanca (a institución cultural de referencia na época), nomeamento que rexeitou coa excusa da súa fráxil saúde e co apoio de Pemán.[149][152]

Durante as décadas de 1920 e 1930, visitou frecuentemente Barcelona e Cataluña e relacionouse con varios artistas, críticos e intelectuais cataláns, como Joan Lamote de Grignon, Oleguer Junyent, Frank Marshall, Rafael Moragas, Jaime Pahissa e Santiago Rusiñol.​ Amosou interese pola sonoridade da cobla e asistiu a varios concertos da Cobla Barcelona. Tamén colaborou con diversas institucións catalás, como a Asociación de Música Da Camera, a Banda Municipal de Barcelona ou a Orquestra Pau Casals, coa que estreou o Concerto para clave xunto con Wanda Landowska.​[153]

Exilio na Arxentina e falecemento

[editar | editar a fonte]
Falla en Alta Gracia en 1944.

Debido á situación en Europa e finalizada en España a guerra civil, Falla comezou a plantexarse a posibilidade de marchar á Arxentina, e o 25 de maio de 1939 escribiu a un amigo para que lle axudara a conseguir dito obxectivo. Dende a Institución Cultural Española de Buenos Aires chegoulle o encargo de dirixir varios concertos, mais pasou o verán dese ano en La Zubia, preto de Granada, traballando na Suite Homenajes, que ía ser a súa primeira estrea en América.[149] O 28 de setembro, xa comezada a segunda guerra mundial, Falla e a súa irmá María del Carmen despedíronse do seu irmán Germán, a súa cuñada María Luisa, a súa sobriña Maribel e dos seus amigos. O 2 de outubro partiron de Barcelona a bordo do Neptunia rumbo a Buenos Aires, a onde chegaron o 18 dese mes.[154] Realizou varios exitosos concertos en novembro no Teatro Colón e a súa saúde mellorou temporalmente.[155] A Asociación Wagneriana rendeulle homenaxe tamén ese mes.[155] O goberno de Francisco Franco tentou que volvera a España, ofrecéronlle unha pensión de 25 000 pesetas se regresaba e en 1940 concedéronlle o rango de Cabaleiro de Gran Cruz da Orde de Afonso X o Sabio.[155][156] Con todo, decidiu quedar na Arxentina. Consideraba que o aire da cidade era demasiado húmido, polo que se trasladou a unha casa nun barrio de Córdoba, Villa Carlos, e posteriormente a Villa del Lago.[155] Dirixiu varios concertos en Córdoba e Buenos Aires e o pianista Arthur Rubinstein visitouno na súa residencia de Villa del Lago.[155]

Debido á guerra en Europa, non puido recibir ingresos por dereitos de autor e tivo que ser axudado por algúns amigos arxentinos e exiliados españois, como Juan José Castro, Francisco Cambó, Guido Valcarenghi e José María Hernández Suárez.[155] Continuou traballando en Atlàntida, mais en 1941 tivo que parar temporalmente debido a unhas febres. Entre 1941 e 1942 revisou a orquestración de dúas cancións e varias partes de Els Pirineus de Pedrell, con motivo dunha homenaxe ao compositor no seu centenario.[155] Tamén realizou versións de obras de Tomás Luis de Victoria para un concerto conmemorativo.[155] A súa dedicación a estas obras axudouno a descansar do arduo traballo que estaba a supoñer Atlàntida para el. Os estudios San Miguel propuxéronlle que considerara a posibilidade de realizar sendas películas baseadas en El retablo de Maese Pedro e La vida breve, proxectos que xa contemplara en 1936 con José Cubiles, e Fantasía Bætica. Inicialmente, rexeitou estes proxectos debido á pobre calidade de son existente, mais ao ter constancia de que partes do Retablo podían realizarse dun xeito mellor comezou a traballar nestes dous proxectos.[155] En 1943, Metro Goldwyn Mayer propúxolle a representación e gravación a dous pianos de "La danza del fuego" cos pianistas José e Amparo Iturbi. Aceptou esa proposta, o que lle axudou a mellorar a súa situación financeira.[155]

Mantivo un estreito contacto cos seus amigos Carlos Guastavino, Julián Bautista, Conchita Badía e moitos outros. Dende Granada, os seus amigos enviáronlle os seus libros e partituras musicais, logo do desmantelamento do seu anterior domicilio, que sufrira un roubo.[155] Coa axuda de Cambó, trasladou a súa residencia a Alta Gracia, a unha casa chamada «Los Espinillos», lugar que lle gustaba pola súa similitude con Granada. Alí continuou traballando en Atlàntida.[157] Os seus problemas de saúde continuaron e Falla obsesionouse con iso: tomaba gran cantidade de medicinas, medíase a temperatura varias veces ao día e tiña un enorme medo ás correntes de aire. Durante 1943 continuou con lixeiros progresos en Atlàntida, aínda que chegou mencionar a posibilidade de programala como parte dun concerto. Completou «La Salve en el mar» e proseguiu con «Els Atlants en el temple de Neptu».[157] En 1944 comezou, xunto a Jaime Pahissa, a traballar na súa biografía.[u] En outubro do ano seguinte Rafael Alberti visitouno e o día 10 nomeárono académico da Academia Nacional de Belas Artes da Arxentina.[158]

Retrato e tumba de Falla na Cripta da catedral de Santa Cruz de Cádiz.

En xuño de 1946 copiou a versión final do prólogo de Atlàntida. O último manuscrito está datado en xullo dese ano. Finalmente, faleceu na noite do 13 ao 14 de novembro de 1946, nove días antes do seu setenta aniversario, tras sufrir unha parada cardiorrespiratoria mentres durmía.[158] Xusto dous días antes despedírase del unha das súas colaboradoras predilectas e grande amiga, a cantante Conchita Badía, que volvía do exilio. "Debe ser o destino", dille ela antes de marchar. "Ao destino non hai que provocalo", replicaba Falla. "Eu seguirei vivindo aquí ou en calquera parte de América. Adeus, Conchita. Ata que volvamos vernos, e se non, no eterno".[159] O funeral tivo lugar na Catedral de Nosa Señora da Asunción de Córdoba o 19 de novembro. O 22 de decembro os seus restos mortais partiron de regreso a España, xunto coa súa irmá María del Carmen.[158] Embalsamado polo zaragozano Pedro Ara Sarriá,[160] os seus restos foron trasladados dende Buenos Aires, ata Tenerife, polo vapor Cabo de Buena Esperanza, onde foron transbordados a bordo do minador Marte que o levou ata a súa terra natal, Cádiz.[161] Alí foron recibidos pola súa familia, José María Pemán e diferentes autoridades eclesiásticas, civís e militares, entre as que se encontraba o Ministro de Xustiza, Raimundo Fernández-Cuesta, en representación do jefe del Estado, Francisco Franco.[161] O cortexo fúnebre dirixiuse do peirao á catedral de Santa Cruz de Cádiz, onde se celebrou un solemne funeral. Con autorización expresa do papa Pío XII, os restos foron enterrados na cripta da catedral, onde se encontran actualmente xunto cos de José María Pemán.[162]

Co seu pasamento, non puido culminar a súa derradeira obra, Atlàntida. A tarefa de finalizala, segundo os bosquexos deixados polo mestre, correspondeu ao seu discípulo Ernesto Halffter.[163]

Análise musical e estilo

[editar | editar a fonte]

Durante a súa estandía en París compuxo as súas obras máis soadas: a pantomima El amor brujo e o ballet El sombrero de tres picos (composto para cumprimentar un encargo dos soados Ballets Rusos de Sergei Diagilev), as Siete canciones populares españolas para voz e piano, a Fantasia Bætica para piano e Noches en los jardines de España, estreada no Teatro Real en 1916. [164]

Nas obras El retablo de Maese Pedro e o concerto para clavecín e orquestra de cámara de 1926 percíbese como a influencia da música folclórica é menos visible que unha sorte de neoclasicismo ao estilo de Igor Stravinskii. Mentres que nas súas obras anteriores Falla facía gala dunha extensa paleta sonora, herdada directamente da escola francesa, nestas últimas composicións, o seu estilo foi facéndose máis austero e conciso, e de xeito especial no Concerto. Os últimos vinte anos da súa vida, Manuel de Falla pasounos traballando na que consideraba había de ser a obra da súa vida: a cantata escénica Atlàntida, sobre un poema do autor en lingua catalá Jacint Verdaguer, que lle obsesionou desde a súa infancia e no cal vía reflectidas todas as súas preocupacións filosóficas, relixiosas e humanísticas.[164]

Estilo e influencias

[editar | editar a fonte]

Falla non foi un músico moi prolífico, mais a súa produción musical ten, en palabras de Harold Charles Schonberg, "a artesanía dunha xoia".[165] Felip Pedrell exerceu unha grande influencia sobre el, xa que deulle a coñecer a música popular española cando foi o seu profesor.[166] Falla afirmou que a el debíalle a "máis clara e firme orientación á miña obra.[167]

Falla axuntou o nacionalismo musical —con certa influencia do noruegués Edvard Grieg— co impresionismo, que coñeceu durante a súa estadía en Francia.[168] O seu estilo foi evolucionando dende o nacionalismo folclorista das súas primeiras composicións, ata un nacionalismo que buscaba a súa inspiración na tradición musical do Século de Ouro español e do que dan mostra a ópera para marionetas El retablo de Maese Pedro, unha das súas obras máis loadas, e o Concerto para clavicémbalo e cinco instrumentos.[165][166]

Nos seus inicios, as súas obras seguían a tradición de compositores nacionalistas españois previos, aínda que era "máis refinada, cunha capa agregada de técnicas impresionistas".[165] Baseábase no cante jondo, o flamenco, temas, melodías, ritmos e xiros andaluces ou casteláns, mais cunha elaboración propia dos compositores franceses.[165][166] Durante a súa estadía en París, entablou relación con compositores como Claude Debussy, Maurice Ravel, Paul Dukas ou Isaac Albéniz, e a súa influencia é notable nas súas obras dese período, sobre todo en Noches en los jardines de España, na que, "a pesar do innegable aroma español que presenta, está latente certo impresionismo na instrumentación".[166] Schonberg ve unha clara relación entre esta obra e Sinfonía sobre un aire montañés francés, de Vincent d'Indy e composta en 1886, xa que "ambas partituras están escritas para piano e orquestra, ambas aproveitan unha técnica pianística que emprega amplamente arpexos e efectos de arpa, e ambas partituras empregan os elementos nacionais do xeito máis refinado, no estilo da sala de concertos".[165] Estes aspectos non foron en detrimento de Noches en los jardines de España, La vida breve e Siete canciones populares españolas, que se popularizaron inmediatamente logo da súa estrea.[165] Ademais de que a música "suxire unha encantadora evocación de España", tamén é "a obra dun compositor sumamente destro, un home que posúe un oído sutil para a cor e unha técnica de absoluta precisión".[165]

A súa madurez creativa comezou co seu regreso a Madrid en 1914.[166] O seu estilo mudou de xeito notable logo da primeira guerra mundial. Igor Stravinskii, que en 1918 compuxera L'Histoire du soldat e estaba explorando o potencial do neoclasicismo, influíu notablemente en Falla, que comezou a traballar de igual xeito. Para Schonberg, El retablo de Maese Pedro, destinado a unha orquestra de vinte intérpretes, con instrumentos tan pouco frecuentes como o clavicordio, o laúd-arpa e o xilófono, "constitúe unha contraparte do pequeno relato coreográfico do soldado creado por Stravinskii".[165] Schonberg describe o Concerto para clavicordio e cinco instrumentos como unha "expresión do neoclasicismo hispánico".[169] Dita obra non foi tan popular como as súas predecesoras, mais ten raíces máis fondas na canción popular española e rememora as obras de Domenico Scarlatti.[169] Segundo Schonberg, "Falla non só foi moi superior a todos os compositores españois do seu tempo; foi tamén o único compositor español que superou os límites da mediocridade".[165]

Composicións

[editar | editar a fonte]
Portada de Siete canciones populares españolas, de 1922.

Ao regreso da súa estadía en París compuxo as súas obras máis célebres: a pantomima El amor brujo, o ballet El sombrero de tres picos (composto para cumplimentar un encargo dos célebres Ballets Rusos de Sergei Diagilev), as Siete canciones populares españolas para voz e piano, a Fantasia Bætica para piano e Noches en los jardines de España, estreada no Teatro Real en 1916. Ademais, compuxo a ópera La vida breve, a ópera para marionetas El retablo de Maese Pedro, o Concerto para clavicémbalo e cinco instrumentos, varias zarzuelas (a única que se representou foi Los amores de la Inés) e varias obras vocais, para piano e música de cámara.[170] Para Michael Christoforidis, El retablo de Maese Pedro "é posiblemente a composición dramática máis complexa realizada por Falla e sobre a que máis control exerceu, elixindo o tema, reunindo o libreto e participando nas primeiras producións".[171]

Nas obras El retablo de Maese Pedro e o concerto para clavicémbalo e orquestra de cámara de 1926 percíbese como a influencia da música folclórica é menos visible que unha sorte de neoclasicismo ao estilo de Igor Stravinskii.[172] Mentres que nas súas obras anteriores Falla facía gala dunha extensa paleta sonora, herdada directamente da escola francesa, nestas últimas composicióons o seu estilo foi facéndose máis austero e conciso, e de xeito especial no Concerto. Os últimos vinte anos da súa vida pasounos traballando na que consideraba debía ser a obra da súa vida: a cantata escénica Atlàntida, sobre un poema do poeta en lingua catalá Jacint Verdaguer, que lle obsesionara dende a súa infancia e no cal vía reflectidas todas as súas preocupacións filosóficas, relixiosas e humanísticas.[166] Cando morreu coa obra inacabada, o seu discípulo Ernesto Halffter encarguse de rematala. Non tivo demasiado éxito logo da súa estrea baixo a dirección de Ernest Ansermet en Nova York e posteriormente tivo poucas representacións.[169]

Como un dos compositores cuxa música foi moldeada máis radicalmente polo instrumento, Falla identificou a guitarra, a súa música e os seus estilos de interpretación, como elementos intrínsecos da súa música.[171]

A maioría das obras maduras de Falla estreáronse na década de 1920, dende París ata Nova York e, a finais da década, posiblemente acadara o cumio da súa fama. Se ben as súas obras continúan sendo populares, o interese dos académicos polo compositor e a súa música ten variado, dependendo de factores como a moda musical, as perspectivas culturais dos escritores, as conmemoracións públicas, e mesmo as circunstancias políticas.[173] A evolución do estilo musical e as tendencias estéticas de Falla dende unha perspectiva romántica tardía a unha modernista proporcionou aos comentaristas interesados moito para elixir e identificarse, unha elección que se ten estendido ás veces a interpretacións alternativas da posición política do compositor durante un período tumultuoso na historia de España. Nas décadas posteriores á súa morte en 1946, Falla fora considerado cada vez máis como un compositor nacionalista, frecuentemente a expensas do seu cosmopolitismo e compromiso radical coa vangardia musical parisiense do primeiro cuarto do século XX. Dende a década de 1980, estas perspectivas evolucionaron, en parte polo acceso aos materiais en posesión do Arquivo Manuel de Falla, que transformaron a investigación sobre a música de Falla, o seu proceso compositivo e os seus contextos culturais.[173] Mentres que Falla foi recoñecido por moitos comentaristas da súa época, como Adolfo Salazar e Alexis Roland-Manuel, como compositor á vangarda das correntes neoclásicas da posguerra, esta dimensión da súa traxectoria artística recibiu unha atención máis sostida durante as dúas décadas de comezos do século XXI.[173]

Influencia sobre o Grupo dos Oito e a Xeración do 27

[editar | editar a fonte]

O Grupo dos Oito naceu a principios dos anos 1930 co fin de combater o conservadorismo na música e o seu obxectivo era continuar co labor de renovación da música española iniciada por Manuel de Falla.[174] Algúns, como Rosa García Ascot e Ernesto Halffter foron alumnos seus, e Adolfo Salazar foi o seu ideólogo. As dúas obras que máis influíron aos compositores do Grupo dos Oito foron El retablo de Maese Pedro e o Concerto para clavecín.[134]

Ademais, Falla inspirou á Xeración do 27, á que pertencían o Grupo dos Oito, e converteuse no seu "líder espiritual".[175] Da súa relación cos escritores da Xeración do 27, escribiu Federico Sopeña:[176]

Debemos a esta xeración sacudirse o sambenito da xordeira herdada dos intelectuais españois. Non hai que esquecer que Juan Ramón Jiménez, a pesar das súas variantes de humor amargo, mantivo a fidelidade á obra de Falla. Cada un dos membros desta xeración recibiu de Juan Ramón loanzas e sarcasmos, mais é incuestionable que o seu aprecio pola música e por Falla especialmente influíu de xeito decisivo.

Cada un dos membros cimeiros desta xeración viviu a música ao seu xeito, pero intensamente. Cernuda, sen ser músico, é o que escribiu de música con máis fondura: lembremos do capítulo anterior o seu encontro providencial co piano de Falla. Na correspondencia de Gerardo Diego con Falla, nótase o aprecio e a deferencia, sen esquecer que foi Gerardo o primeiro en tocar a Fantasia Bætica, despois de que a abandonou Rubinstein. De Lorca, a súa innata musicalidade inseparable do seu garbo humano, xa falamos. Rafael Alberti ao recibir o premio Nacional de Literatura, o primeiro que fixo foi comprar o Cancionero de Barbieri. Salazar pertence plenamente a esa xeración, pois, como veremos máis tarde, o único discípulo de Falla, Ernesto Halffter, debe a Salazar a súa primeira e entusiasta proclamación. Contrasta esta influencia na literatura coa ausencia de discípulos verdadeiros na orde musical. Porque Falla negouse sempre a verse como mestre de composición. Por outra banda, como veremos, Falla dende un ano antes estaba coa preocupación de Atlàntida e, con todo, meteuse no corazón desa xeración compoñendo o seu "Soneto a Córdoba" sobre o poema de Góngora, e é Góngora o que, precisamente, serve de nexo de unión a todos eles.

Arquivo Manuel de Falla

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Arquivo Manuel de Falla.

O Arquivo Manuel de Falla fundouse en 1991 como lugar de conservación do legado documental e a biblioteca do compositor, e está localizado en Granada.[177] Conta con máis de 25 000 documentos epistolares, que axudan a reconstruír a relación por correspondencia, practicamente completa, entre o compositor e as persoas coas que mantiña relación por carta. Ademais, inclúe un catálogo de partituras e manuscritos musicais, creado por Antonio Gallego en 1987; a biblioteca persoal do compositor, con ao redor de 4 500 libros e partituras impresas, e 223 revistas; unhas 2 300 fotografías; programas de man de concertos nos que se interpretaron obras do compositor, nos que actuou como intérprete ou aos que asistiu; recortes de prensa, tanto española como estranxeira, que o propio compositor recompilou durante a súa vida; e outros documentos persoais ou manuscritos.[178]

[editar | editar a fonte]
Billete de 100 pesetas en homenaxe a Manuel de Falla.

Como homenaxe á súa labor artística, o Banco de España decidiu empregar un retrato de Falla no anverso dos billetes de 100 pesetas, que foron emitidos a partir do 17 de novembro de 1970 (aínda que se puxeron en circulación en 1973). Este billete foi o de maior circulación durante a década dos setenta ata que, debido á inflación, en 1982 tomouse a decisión de cuñar moedas de 100 pesetas. O billete de 100 pesetas coa efixie de Falla comezou daquela a ser retirado polos bancos, aínda que seguiu sendo de curso legal ata a instauración do euro.[179]

En Cádiz, a súa cidade natal, o Gran Teatro Falla recibe o seu nome no seu honor[180] e alí se celebra o Festival de Música Española de Cádiz Manuel de Falla na segunda quincena de novembro, en torno ao día 23, data do nacemento do compositor.[181] O Conservatorio Superior de Música da cidade de Buenos Aires[182] e a Estación de Manuel de Falla da liña 10 do Metro de Madrid en Alcobendas levan o seu nome.[183]

  1. En 1891, aos 15 anos de idade, asinou coa preposición "de" no seu primeiro apelido.[2]
  2. Nancy Lee Harper afirma que a primeira interpretación pública de Manuel de Falla tivo lugar cando el tiña nove anos,[12] mentres que Carol Hess indica que tiña once.[14]
  3. Neste documento, aos 15 anos de idade, asinou coa preposición "de" no seu primeiro apelido.[2]
  4. Segundo Nancy Lee Harper, esta datado o 9 de novembro de 1898 e só se conserva un fragmento desa obra.[25]
  5. Finalizou os estudos de sete anos en dous.[21]
  6. Outros membros foron os compositores Charles Koechlin, Florent Schmitt, Maurice Delage e Paul Ladmirault, os poetas Léon-Paul Fargue e Tristan Klingsor, o pintor Paul Sordes e o crítico Michel-Dimitri Calvocoressi.[45][45][46][47]
  7. Ficou tan impresionado con esa ópera que asistiu tres veces ás súas representacións.[49][55]
  8. Na súa correspondencia, o propio Falla afirmaba que a súa saúde empeorou debido ás abundantes choivas e á humidade. Mesmo especulouse coa posibilidade de que padecera sífilis, mais non se atoparon evidencias diso.[59]
  9. Anteriormente, houbo intentos infrutuosos para estrear a obra en Madrid, París, Bruxelas, Londres e Milán.[64][63]
  10. María Lejárraga, en contra da tradición española de empregar o apelido de solteira, empregou e foi coñecida polos do seu marido, Martínez Sierra.[65]
  11. É complicado diferenciar a produción artística do matrimonio Martínez Sierra, posto que en moitas ocasións María asinaba as obras co nome do seu marido e outras moitas escribíronas en colaboración.[65] Semella claro, pola documentación existente no Arquivo Manuel de Falla, que en realidade María escribiu a maioría das obras asinadas co nome de Gregorio.[74]
  12. Antes de que Turina e Falla marcharan a París, ambos xa tiveran relación co Ateneo e estableceran trato persoal con Cecilio Roda, director da Sección Musical. No caso de Falla, presentara varias obras alí. Á marxe dos seus méritos artísticos, a homenaxe tivo outras connotacións. Dende os seus inicios, o Ateneo estivo vencellado ao liberalismo, vencello que se incrementou coa primeira guerra mundial. Manuel Azaña, secretario do Ateneo de 1913 a 1919 e «comprometido aliadófilo», organizou debates e ofreceu discursos en contra de Alemaña e os seus partidarios en España. A homenaxe a dous compositores que regresaban de París como vítimas da intervención alemá estaba moi en consonancia co punto de vista do Ateneo respecto á guerra.[75]
  13. Manuel de Falla ambientou a súa ópera La vida breve na cidade de Granada, mais nunca a visitara. Baseouse en postais que lle enviaran algúns amigos.[78]
  14. Nancy Lee Harper afirma que a estrea da versión de concerto de El amor brujo no Hotel Ritz realizouna a Orquesta Sinfónica de Madrid baixo a dirección de Enrique Fernández Arbós, en contra do que afirman outros autores, que a obra a representou a Orquesta Filarmónica, dirixida por Bartolomé Pérez Casas.[87]
  15. Enrique Granados morreu no Canal da Mancha mentres viaxaba nun transbordador rumbo ao Reino Unido que foi torpedeado por un U-Boot da Mariña Imperial alemá.[97]
  16. Pode que a morte de Granados afectara á saúde de Falla e mesmo Luis Campodónico (citado por Federico Sopeña) especulou na súa biografía sobre o compositor con que fora internado nun sanatorio en 1916. Con todo, non hai evidencias diso.[98]
  17. Carol Hess apunta que a estrea foi en Donostia o 16 de outubro de 1919,[107] mentres que Nancy Lee Harper indica que foi en novembro dese ano.[108]
  18. Falla encontrábase en Londres pola estrea de El sombrero de tres picos cando recibiu a nova de que a súa nai estaba gravemente enferma. Viaxou de urxencia a Madrid e cando chegu informáronlle de que falecera o 22 de xullo, o mesmo día da estrea do ballet.[108]
  19. En 1916, Massine estivera estudando especificamente os bailes tradicionais españois para preparar esta coreografía.[93]
  20. Durante este período foi o seu mestre de piano e composición, grazas á recomendación de Felip Pedrell.[116]
  21. En 1956, dez anos despois do falecemento do compositor, Pahissa publicou unha segunda edición da biografía que incluía frases e contido censurados polo compositor. Esta versión axudou a coñecer mellor a súa personalidade e moralidade.[157]
Referencias
  1. 1,0 1,1 1,2 "Cádiz (1876-1897)" (en castelán). manueldefalla.com. Consultado o 6 de marzo de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Saborido Piñero 2014, p. 10.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Harper 1998, p. 13.
  4. 4,0 4,1 4,2 Hess 2005, p. 10.
  5. Harper 2005, pp. 5-6.
  6. 6,0 6,1 Harper 1998, p. 14.
  7. "Infancia y juventud" (en castelán). manueldefalla.com. Consultado o 6 de marzo de 2022. 
  8. 8,0 8,1 8,2 Hess 2005, p. 11.
  9. 9,0 9,1 Harper 2005, p. 7.
  10. 10,0 10,1 Hess 2005, p. 12.
  11. Harper 2005, p. 8.
  12. 12,0 12,1 Harper 1998, p. 15.
  13. Harper 2005, pp. 7-8.
  14. 14,0 14,1 14,2 Hess 2005, p. 13.
  15. Saborido Piñero 2014, pp. 10-15.
  16. Hess 2005, pp. 13-15.
  17. Harper 1998, pp. 15-16.
  18. Hess 2005, p. 15.
  19. Harper 2005, p. 20.
  20. 20,0 20,1 Hess 2005, p. 17.
  21. 21,0 21,1 Harper 2005, pp. 20-21.
  22. 22,0 22,1 Harper 2005, p. xxxiv.
  23. 23,0 23,1 23,2 "Madrid (1898-1907)" (en castelán). manueldefalla.com. Consultado o 7 de marzo de 2021. 
  24. 24,0 24,1 24,2 24,3 Harper 2005, p. 21.
  25. Harper 2005, pp. 335-336.
  26. Hess 2005, pp. 23-24.
  27. GAMBOA, José Manuel, Felipe (1992). “Felipe Pedrell, Las voces del Pueblo”. La Caña. Revista de Flamenco (Asociación España Abierta) (4): pp. 52-54.
  28. Harper 2005, pp. 24-25.
  29. Gamboa, José Manuel (inverno de 1993). "Felipe Pedrell, las voces del pueblo" (PDF). La Caña. Revista de Flamenco (en castelán) (Asociación Cultural España Abierta) (4): 52–54. Consultado o 27 de novembro de 2020. [Ligazón morta]
  30. Christoforidis, Michael (inverno de 1993). "Manuel de Falla y la guitarra flamenca" (PDF). La Caña. Revista de Flamenco (en castelán) (Asociación Cultural España Abierta) (4): 40–44. Consultado o 27 de novembro de 2020. [Ligazón morta]
  31. Harper 2005, p. 28.
  32. 32,0 32,1 32,2 Harper 2005, p. xxxv.
  33. Harper 2005, pp. 25-26.
  34. Hess 2005, p. 30.
  35. Harper 2005, p. 26.
  36. Harper 2005, p. 27.
  37. Harper 2005, p. 33.
  38. 38,0 38,1 38,2 Harper 2005, p. 40.
  39. 39,0 39,1 39,2 39,3 Harper 2005, p. xxxvii.
  40. Harper 2005, pp. 33-34.
  41. Harper 2005, p. 34.
  42. Harper 1998, p. 19.
  43. Harper 2005, pp. 41-42.
  44. Harper 2005, p. 42.
  45. 45,0 45,1 45,2 Harper 2005, p. 43.
  46. Nichols, Roger (2011). Ravel (en inglés). Yale University Press. p. 43. ISBN 9780300108828. 
  47. Pasler, Jann (1982). "Stravinsky and the Apaches". The Musical Times (en inglés) 123 (1672): 403–407. JSTOR 964115. doi:10.2307/964115. 
  48. Harper 2005, pp. 43-44.
  49. 49,0 49,1 49,2 49,3 Harper 2005, p. 44.
  50. 50,0 50,1 50,2 Harper 2005, p. xxxvi.
  51. Harper 2005, p. 45.
  52. Harper 2005, pp. 45-46.
  53. Harper 2005, p. 46.
  54. Harper 2005, pp. 47-48.
  55. 55,0 55,1 Hess 2005, p. 53.
  56. Harper 2005, p. 47.
  57. 57,0 57,1 57,2 "París (1908-1914)" (en castelán). manueldefalla.com. Consultado o 18 de maio de 2022. 
  58. Harper 2005, p. 49.
  59. Harper 2005, pp. 49-50.
  60. Harper 2005, p. 50.
  61. Harper 2005, p. 48.
  62. Harper 2005, pp. 52-54.
  63. 63,0 63,1 63,2 Harper 1998, p. 23.
  64. 64,0 64,1 64,2 Harper 2005, p. 52.
  65. 65,0 65,1 65,2 65,3 Hess 2005, pp. 74-77.
  66. Harper 2005, pp. 52-53.
  67. Harper 2005, p. 53.
  68. Hess 2005, p. 64.
  69. Harper 2005, pp. 48, 53-54.
  70. Hess 2001, pp. 45-49.
  71. 71,0 71,1 Harper 2005, p. 58.
  72. Hess 2001, p. 49.
  73. 73,0 73,1 Harper 2005, p. 60.
  74. Harper 2005, p. 83.
  75. Hess 2001, pp. 49-51.
  76. Harper 1998, p. 24.
  77. Hess 2001, p. 51.
  78. 78,0 78,1 Hess 2005, p. 77.
  79. "El amor brujo(versión para sexteto)" (en castelán). manueldefalla.com. Consultado o 12 de maio de 2022. 
  80. "El pan de Ronda que sabe a verdad" (en castelán). manueldefalla.com. Consultado o 12 de maio de 2022. 
  81. Harper 2005, pp. 61-62.
  82. Hess 2005, pp. 86-87.
  83. Hess 2005, p. 87.
  84. Harper 2005, p. 61.
  85. Hess 2005, pp. 77-80.
  86. Harper 2005, p. 65.
  87. Harper 1998, p. 26.
  88. Harper 2005, p. 87.
  89. Harper 2005, p. 64.
  90. Harper 2005, p. 66.
  91. Hess 2001, p. 87.
  92. "El corregidor y la molinera" (en castelán). manueldefalla.com. Consultado o 12 de maio de 2022. 
  93. 93,0 93,1 Harper 2005, p. 67.
  94. "El amor brujo (versión de concierto para pequeña orquesta)" (en castelán). manueldefalla.com. Consultado o 12 de maio de 2022. 
  95. 95,0 95,1 95,2 95,3 Nagy, Janos (2014). "Manuel de Falla: Escritos sobre música y músicos" (PDF) (en castelán). Temas para la educación. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de abril de 2023. Consultado o 12 de maio de 2022. 
  96. Hess 2001, p. 148 (nota ao pé número 71).
  97. 97,0 97,1 Hess 2005, p. 99.
  98. Harper 2005, p. 74.
  99. Hess 2001, pp. 45-46.
  100. Harper 2005, p. xxxviii.
  101. Harper 2005, pp. xxxviii-xxxix.
  102. 102,0 102,1 102,2 Harper 2005, p. xxxix.
  103. Franco, Enrique. "Estreno de una obra inédita de Manuel de Falla". El País (en castelán). Consultado o 28 de abril de 2013. 
  104. Hess 2005, pp. 124-126.
  105. Harper 2005, pp. 81-93.
  106. Hess 2001, p. 182.
  107. Hess 2001, p. 302.
  108. 108,0 108,1 108,2 108,3 Harper 2005, p. 75.
  109. Harper 2005, pp. 74-75.
  110. Harper 2005, pp. 67-68.
  111. Harper 2005, p. 68.
  112. Harper 2005, pp. 75-81.
  113. 113,0 113,1 "Madrid (1915-1919)" (en castelán). manueldefalla.com. Consultado o 12 de maio de 2022. 
  114. "Fundación Federico García Lorca". Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2013. Consultado o 20 de xaneiro de 2014. 
  115. 115,0 115,1 115,2 115,3 Hess 2005, p. 127.
  116. Unamuno, P. (8 de marzo de 2016). "Rosa García Ascot, en el día mundial de la mujer desdeñada por la historia". El Mundo (en castelán). Consultado o 27 de novembro de 2020. 
  117. 117,0 117,1 117,2 117,3 117,4 117,5 117,6 117,7 117,8 Harper 1998, p. 28.
  118. 118,0 118,1 118,2 118,3 118,4 "Granada (1920-1939)" (en castelán). manueldefalla.com. Consultado o 13 de agosto de 2022. 
  119. Maurer, Christopher. "Biografía. Una vida en breve" (en castelán). Fundación Federico García Lorca. Arquivado dende o orixinal o 3 de setembro de 2011. Consultado o 13 de agosto de 2022. 
  120. Harper 1998, p. 30.
  121. 121,0 121,1 121,2 121,3 Harper 1998, p. 29.
  122. Hess 2001, pp. 168 e ss.
  123. Gibson, Ian (1998). Vida, pasión y muerte de Federico García Lorca (1898-1936) (en castelán). Barcelona: Plaza y Janés. pp. 175–187. ISBN 84-01-55007-6. 
  124. Nommick, Yvan (2 de xaneiro de 2005). "Día de Reyes en casa de los Lorca" (PDF). La opinión de Granada (en castelán). Consultado o 13 de agosto de 2022. 
  125. Referido en: Soria Ortega, Andrés (1986). "Una fiesta íntima de arte moderno en la Granada de los años veinte". En Soria Olmedo, Andrés. Lecciones sobre Federico García Lorca (en castelán). Granada. pp. 149–178, 160–161 e 168–169. 
  126. Hess 2001, pp. 233-234.
  127. Hess 2005, p. 139.
  128. Harper 1998, p. 27.
  129. Hess 2005, p. 146.
  130. 130,0 130,1 130,2 130,3 130,4 130,5 130,6 Harper 2005, p. xli.
  131. Hess 2005, p. 159.
  132. 132,0 132,1 Harper 1998, p. 31.
  133. 133,0 133,1 Harper 2005, p. 104.
  134. 134,0 134,1 134,2 134,3 Harper 1998, p. 33.
  135. Harper 2005, p. 369.
  136. 136,0 136,1 Harper 2005, p. 109.
  137. 137,0 137,1 137,2 137,3 137,4 137,5 137,6 137,7 Harper 2005, p. xlii.
  138. 138,0 138,1 Harper 2005, p. 108.
  139. Harper 1998, p. 36.
  140. Harper 2005, p. 113.
  141. 141,0 141,1 141,2 141,3 141,4 Harper 2005, p. xliii.
  142. Trend, John Brande (1929). Manuel de Falla and Spanish Music (en inglés). Universidade de California: A.A. Knopf. ISBN 9781404707962. 
  143. 143,0 143,1 143,2 143,3 Harper 1998, p. 37.
  144. 144,0 144,1 144,2 Harper 2005, p. 114.
  145. Harper 2005, pp. 113-114.
  146. Harper 1998, p. 35.
  147. Harper 2005, p. 115.
  148. 148,0 148,1 148,2 Harper 2005, p. 119.
  149. 149,0 149,1 149,2 149,3 149,4 Harper 2005, p. 120.
  150. Harper 1998, p. 41.
  151. Hess 2005, p. 224.
  152. Arroyo, Javier (30 de maio de 2017). "El empeño de Pemán por hacer franquista a Falla". El País (en castelán). Consultado o 14 de setembro de 2022. 
  153. Fontelles-Ramonet, Albert (Xaneiro-decembro de 2021). "Manuel de Falla catalanófilo: la sardana y la sonoridad de la cobla en Atlántida". Cuadernos de Música Iberoamericana (en castelán) 34. doi:10.5209/cmib.74679. 
  154. Harper 2005, p. 127.
  155. 155,00 155,01 155,02 155,03 155,04 155,05 155,06 155,07 155,08 155,09 155,10 Harper 2005, p. 128.
  156. "DECRETOS de 13 de julio de 1940 por los que son nombrados Caballeros, Gran Cruz de la Orden de Alfonso X el Sabio, los señores que se indican" (PDF). Boletín Oficial del Estado (en castelán) (200). 18 de xullo de 1940. [Ligazón morta]
  157. 157,0 157,1 157,2 Harper 2005, p. 129.
  158. 158,0 158,1 158,2 Harper 2005, p. xlvii.
  159. Alavedra, Joan (1975). Conxita Badia, una vida d'artista (en catalán). Editorial Portic. ISBN 978-8473061438. 
  160. Lovay 2013, p. 29.
  161. 161,0 161,1 Hess 2005, p. 276.
  162. Viniegra y Lasso de la Vega, Juan J. (1966). Manuel de Falla. Su vida íntima (en castelán). ISBN 84-95388-38-3. 
  163. Hess 2005, p. 410.
  164. 164,0 164,1 Biografías y Vidas. "Biografía de Manuel de Falla". Consultado o 20 de xaneiro de 2014. 
  165. 165,0 165,1 165,2 165,3 165,4 165,5 165,6 165,7 165,8 Schonberg 2007, p. 502.
  166. 166,0 166,1 166,2 166,3 166,4 166,5 Ruiza, M.; Fernández, T.; Tamaro, E. (2004). "Manuel de Falla". Biografías y Vidas. La enciclopedia biográfica en línea (en castelán). Barcelona. Consultado o 12 de maio de 2022. 
  167. Citado en Harper 2005, p. 29 e Salazar 1982, p. 162.
  168. Diccionario de Música (2003), p. 114
  169. 169,0 169,1 169,2 Schonberg 2007, p. 503.
  170. "Obras" (en castelán). manueldefalla.com. Consultado o 11 de maio de 2022. 
  171. 171,0 171,1 Christoforidis 2017, p. Introduction.
  172. Hakim, Katia Sofía (2018). "El influjo de la obra de Igor Stravinki en el proceso de composición de "El retablo de Maese Pedro" de Manuel de Falla (1923)". Musicología en el siglo XXI: nuevos retos, nuevos enfoques (Sociedad Española de Musicología (SEDEM)): 1829–1848. ISBN 978-84-86878-45-0. 
  173. 173,0 173,1 173,2 Christoforidis 2017.
  174. "EL GRUPO DE LOS OCHO Y LA NUEVA MÚSICA (1920-1936)" (en castelán). Fundación Juan March. Consultado o 9 de marzo de 2022. 
  175. Harper 2005, p. li.
  176. Sopeña, Federico (1988). "XVIII". Vida y obra de Manuel de Falla. Universidade de Michigan: Turner Libros. p. 143. ISBN 84-7506-247-4. 
  177. "La fundación" (en castelán). manueldefalla.com. Consultado o 9 de marzo de 2022. 
  178. "El archivo" (en castelán). manueldefalla.com. Consultado o 9 de marzo de 2022. 
  179. Montesinos Muñoz, Vanessa (5 de outubro de 2016). "Manuel de Falla: el último billete de 100 pesetas" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2022. Consultado o 9 de marzo de 2022. 
  180. "Programación 'Gran Teatro Falla' de Cádiz". Junta de Andalucía (en castelán). Consultado o 9 de marzo de 2022. 
  181. "Festival de Música Española de Cádiz Manuel de Falla" (en castelán). Junta de Andalucía. Consultado o 9 de marzo de 2022. 
  182. "El Conservatorio" (en castelán). Conservatorio Superior de Música Manuel de Falla. Consultado o 9 de marzo de 2022. 
  183. "Ficha da estación Manuel de Falla" (en castelán). Metro de Madrid. Consultado o 9 de marzo de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]