iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: https://gl.wikipedia.org/wiki/Longa_Marcha_1
Longa Marcha 1 - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Longa Marcha 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Longa Marcha 1 / Chang Zheng-1 (CZ-1)
FunciónLanzador espacial lixeiro
fabricanteCALT
país de orixeRepública Popular da China
Tamaño
altura29,4 m
diámetro2,25 m
masa81.310 kg
Carga LEO
masa300 kg
Carga GEO
masa250 kg
foguetes derivados
FamiliaLonga Marcha
Lanzamento históricos
EstadoRetirado
SitiosCentro de lanzamento de Jiuquan, Centro de lanzamento de Tai Yuan
Total de lanzamentos3 (CZ-1), 3 (CZ-1D)
exitosos3 (CZ-1), 3 (CZ-1D)
fallos0
Voo inaugural16 de novembro de 1969
Último voo3 de marzo de 1971
Primeira etapa – CZ-1-1
altura17,84 m
diámetro2,25 m
masa baleiro4100 kg
masa cheo64.100 kg
impulsado por4 YF-2A
potencia máxima1224,575 kN
Impulso específico268 s (241 s a nivel do mar)
propelenteÁcido nítrico/UDMH
Segunda etapa – CZ-1-2 (só Longa Marcha 1)
altura5,35 m
diámetro2,25 m
masa baleiro2700 kg
masa cheo15.000 kg
impulsado por1 YF-2A
potencia máxima306,143 kN
Impulso específico275 s (200 s a nivel do mar)
propelenteÁcido nítrico/UDMH
Segunda etapa – CZ-1D-2 (só Longa Marcha 1D)
altura5,35 m
diámetro2,25 m
masa baleiro2650 kg
masa cheo14.850 kg
impulsado por1 YF-3
potencia máxima294 kN
Impulso específico287 s (260 s a nivel do mar)
propelenteTetróxido de nitróxeno/UDMH
Terceira etapa – CZ-1-3 (só Longa Marcha 1)
altura3,95 m
diámetro0,77 m
masa baleiro250 kg
masa cheo2050 kg
impulsado por1 GF-02
potencia máxima180,991 kN
Impulso específico254 s
propelentePropelente sólido
Terceira etapa – CZ-1D-3 (só Longa Marcha 1D)
altura2,20 m
diámetro2,05 m
masa baleiro150 kg
masa cheo875 kg
impulsado por1
potencia máxima19,6 kN
Impulso específico291 s (200 s a nivel do mar)
propelentePropelente sólido
editar datos en Wikidata ]


Longa Marcha 1 (Chang Zheng 1 en pinyin, abreviadamente CZ-1) foi o nome do primeiro modelo da familia de foguetes Longa Marcha.

Características

[editar | editar a fonte]

O Longa Marcha 1 foi o primeiro lanzador orbital chinés. Comezouse a desenvolver na segunda metade de 1965 coa finalidade de lanzar o primeiro satélite artificial chinés, o Dong Fang Hong 1, tamén coñecido como DFH-1.

As dúas primeiras etapas estaban baseadas no mísil DF-3 e a terceira era unha etapa de propelente sólido desenvolvida a propósito para o lanzador espacial. O desenvolvemento desta terceira etapa foi un logro tecnolóxico chinés da época. Tiña un diámetro de 770 mm, unha lonxitude duns 4 metros e usaba 1,8 toneladas de propelente. Acendíase 200 segundos despois de voar en solitario tras a separación coa segunda etapa mentres un mecanismo o facía xirar a 180 revolucións por minuto sobre si mesma para estabilizarse. Entre maio de 1969 e xaneiro de 1970 fixéronse catro probas exitosas de encendido estático baixo diferentes condicións e unha proba en voo mediante un DF-3 modificado.

O 24 de abril de 1970 o primeiro Longa Marcha 1 puxo en órbita o DFH-1 ao primeiro intento, facendo da China o quinto país capaz de chegar á órbita polos seus propios medios despois da Unión Soviética, os Estados Unidos, Francia e o Xapón. Menos dun ano despois outro Longa Marcha 1 puxo en órbita o satélite científico SJ-1.

Versións

[editar | editar a fonte]

Longa Marcha 1D

[editar | editar a fonte]

A partir do Longa Marcha 1 creouse unha versión, denominada Longa Marcha 1D, simplemente usando unha nova segunda etapa alimentada con tetróxido de nitróxeno en lugar de ácido nítrico como no orixinal e unha terceira etapa modificada. O Longa Marcha 1D foi utilizado para probar vehículos de reentrada atmosférica mediante tres lanzamentos suborbitais. Nunca foi usado para lanzamentos orbitais.

Historial de lanzamentos

[editar | editar a fonte]

Longa Marcha 1

[editar | editar a fonte]
Voo Data Rampla de lanzamento Carga Resultado Notas
1 10 de xaneiro de 1970 Centro de lanzamento de Jiuquan, LC-2/5020 N/A Éxito Voo de probas, suborbital.
2 24 de abril de 1970 Centro de lanzamento de Jiuquan, LC-2/5020 DFH-1 Éxito Primeiro voo orbital.
3 3 de marzo de 1971 Centro de lanzamento de Jiuquan, LC-2/5020 SJ-1 Éxito Último voo dun Longa Marcha 1

Longa Marcha 1D

[editar | editar a fonte]
Voo Data Rampla de lanzamento Carga Resultado Notas
4 1 de xuño de 1995 Centro de lanzamento de Tai Yuan Vehículo de reentrada atmosférica Éxito Voo de proba suborbital.
5 1 de novembro de 1997 Centro de lanzamento de Tai Yuan Vehículo de reentrada atmosférica Éxito Voo de proba suborbital.
6 3 de xaneiro de 2002 Centro de lanzamento de Tai Yuan Vehículo de reentrada atmosférica Fallo Voo de proba suborbital.
  • Mark Wade (2011). "Chang Zheng 1" (en inglés). Consultado o 20 de maio de 2012. 
  • Mark Wade (2011). "Chang Zheng 1D" (en inglés). Consultado o 21 de maio de 2012. 
  • Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "CZ-1 (Chang Zheng-1)" (en inglés). Consultado o 21 de maio de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]