Lolium
xénero Lolium | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Ballico ou raigrás (Lolium perenne L.) | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
Lolium é un xénero botánico pertencente á familia das gramíneas (Poaceae,[1] Gramineae) está constituído por 8 especies euroasiáticas.
Descrición
[editar | editar a fonte]Son herbas anuais ou perennes, mesotérmicas, con follas planas e tenras. Posúen unha espiga terminal, dística, comprimida, co raque artellado. As espículas son plurifloras, alternas e solitarias en cada nó, as laterais cunha soa gluma e a terminal con dúas, dispostas no mesmo plano ca o raque. A raquilla áchase artellada por riba das glumas e entre os antecios. A gluma superior é lanceolada, rexa. A lemma é oblonga ou lanceolada co dorso arredondado. A pálea é bicarenada, apenas menor ca a lemma. A flor é hermafrodita con tres estames. O cariopse é oblongo e atópase adherido ás glumelas. O número cromosómico básico do xénero é x=7. Ademais do bíblico xoio (Lolium temulentum L.), considerado unha maleza moi daniña, dentro do xénero áchanse tamén especies de grande importancia forraxeira en rexións de clima temperado coma a herba de Vigo (L. multiflorum Lam.) e o ballico ou raigrás (L. perenne L.)
Cultivo e usos
[editar | editar a fonte]Lolium contén varias especies moi importantes coma pasteiros forraxeiros e para céspede, notabelmente o estadio The Championships, Wimbledon. Para gandaría, producen un forraxe de moi boa calidade e palatabilidade. Úsanse tamén estas especies para programas de control de erosión de solos.
Algunhas especies, particularmente L. temulentum (xoio), son malezas afectando severamente a produción do trigo e doutras culturas. O pole de raigrás é unha das maiores causas da febre do feo.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]O xénero foi descrito por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 83. 1753.[2] A especie tipo é: Lolium perenne L.
Lolium : nome xenérico dado por Virxilio a unha maleza problemática.[1]
Ten un número de cromosomas de: x = 7. 2n = 14 e 28. 2 e 4 ploidias. Cromosomas ‘grandes’.[1]
- Lolium canariense
- Lolium edwardii
- Lolium multiflorum - Herba de Vigo
- Lolium parabolicae
- Lolium perenne - Ballico ou raigrás
- Lolium rigidum
- Lolium siculum
- Lolium temulentum - Xoio[3][4]
Sinonimia
[editar | editar a fonte]- L. ambiguum = Lolium multiflorum
- L. annuum = Lolium temulentum
- L. arundinaceum = Festuca arundinacea
- L. berteronianum = Lolium temulentum
- L. brasilianum = Lolium perenne
- L. canadense = Lolium perenne
- L. crassiculme = Lolium rigidum
- L. cuneatum = Lolium temulentum
- L. dorei = Lolium persicum
- L. giganteum = Festuca gigantea
- L. gracile = Lolium temulentum
- L. lepturoides = Lolium rigidum subsp. lepturoides
- L. marschallii = Lolium perenne
- L. parabolicae = Lolium rigidum
- L. pratense = Festuca pratensis
- L. remotum = Lolium temulentum subsp. remotum
- L. romanum = Lolium multiflorum
- L. scabrum = Lolium multiflorum
- L. siculum = Lolium multiflorum
- L. subulatum = Lolium rigidum subsp. lepturoides
- L. teres = Lolium rigidum subsp. lepturoides
- L. trabutii = Lolium rigidum
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 (en inglés) Watson L, Dallwitz MJ. (2008). "The grass genera of the world: descriptions, illustrations, identification, and information retrieval; including synonyms, morphology, anatomy, physiology, phytochemistry, cytology, classification, pathogens, world and local distribution, and references". The Grass Genera of the World. Arquivado dende o orixinal o 16-11-2007. Consultado o 26-02-2010.
- ↑ "Lolium". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 15 de febreiro de 2013.
- ↑ Lolium en PlantList
- ↑ "Lolium". World Checklist of Selected Plant Families. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 30 de abril de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lolium |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Lolium |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Espejo Serna, A., A. R. López-Ferrari & J. Valdés-Reyna. 2000. Poaceae. Monocot. Mexic. Sinopsis Floríst. 10: 7–236 [and index].
- Forzza, R. C. & et al. 2010. 2010 Lista de espécies Flora do Brasil. https://web.archive.org/web/20100526002559/http://floradobrasil.jbrj.gov.br/2010/.
- Idárraga-Piedrahita, A., R. D. C. Ortiz, R. Callejas Posada & M. Merello. (eds.) 2011. Fl. Antioquia: Cat. 2: 9–939. Universidade de Antioquia, Medellín.
- Longhi-Wagner, H. M. 1987. Gramineae. Tribo Poeae, in Fl. Ilust. Rio Grande do Sul. Bol. Inst. Bioci. Univ. Fed. Rio Grande do Sul 41: 1–191.
- Longhi-Wagner, H. M., V. Bittich, M. d. G. L. Wanderley & G. J. Shepherd. 2001. Poaceae. Fl. Fanerogâm. Estado San Paulo 1: i–xxv,.
- McClure, F. A. 1955. Bamboos. In: J. R. Swallen, (ed.), Flora of Guatemala. Fieldiana, Bot. 24(2): 38–331.
- Morales, J. F. 2003. Poaceae. En: Manual de Plantas de Costa Rica. Vol. 3. B.E. Hammel, M.H. Grayum, C. Herrera & N. Zamora (eds.). Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 93: 598–821.
- Nasir, E. & S. I. Ali (eds). 1980-2005. Fl. Pakistan Univ. of Karachi, Karachi.
- Renvoize, S. A. 1998. Gram. Bolivia i–xxx,. The Royal Botanic Gardens, Kew.
- Sharp, D. & B. K. Simon. 2002. AusGrass: Grasses of Australia. CD-ROM, Version 1.0. CD–ROM.
- Soreng, R. J., G. Davidse, P. M. Peterson, F. O. Zuloaga, E. J. Judziewicz, T. S. Filgueiras & O. Morrone. 2003 and onwards. On-line taxonomic novelties and updates, distributional additions and corrections, and editorial changes since the four published volumes of the Catalogue of New World Grasses (Poaceae) published in Contr. U.S. Natl. Herb. vols. 39, 41, 46, and 48. http://www.tropicos.org/Project/CNWG:. In R. J. Soreng, G. Davidse, P. M. Peterson, F. O. Zuloaga, T. S. Filgueiras, E. J. Judziewicz & O. Morrone Internet Cat. New World Grasses. Missouri Botanical Garden, St. Louis.
- Flora Europaea: Lolium
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Clayton, W.D., Harman, K.T. and Williamson, H. (2006 en adelante). Lolium. En: GrassBase - The Online World Grass Flora. (consultado o 4 de marzo de 2010) (en inglés)