iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: https://gl.wikipedia.org/wiki/Lista_de_presidentes_do_Brasil
Lista de presidentes do Brasil - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Lista de presidentes do Brasil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira da presidencia do Brasil.

No Brasil, o presidente da República exerce o papel de xefe de estado e tamén o de xefe de goberno. Así ten sido dende o comezo da república, en 15 de novembro de 1889, excepto nun curto período en que vixiu o parlamentarismo, de 1961 ata 1963, cando era presidente João Goulart.

Algunhas observacións:

  • Un dos presidentes brasileiros, Francisco de Paula Rodrigues Alves, foi elixido en dúas ocasións, pero faleceu antes de asumir o goberno por segunda vez.
  • Outro dos presidentes, Getúlio Vargas, gobernou en dúas ocasións: na primeira, de 1930 ata 1945, como interventor e despois como ditador. Na segunda ocasión, de 1951 ata 1954, gobernou como presidente electo.
  • Un dos presidentes do Brasil foi electo pero non chegou a gobernar, pois foi deposto antes de asumir o poder, en 1930: Júlio Prestes.
  • Un presidente civil foi escollido polo Congreso pero non gobernou, pois adoeceu na véspera de asumir o poder: Tancredo Neves. Tancredo estivo doente de 14 de marzo ata 21 de abril de 1985 cando faleceu. No seu lugar, asumiu no día 15 de marzo de 1985 o vicepresidente escollido polo Congreso, José Sarney.
  • De 1 de abril de 1964 ata 15 de marzo de 1985 o Brasil foi gobernado por militares escollidos indirectamente polo Congreso. Era unha forma de disfrazar unha ditadura que existía na práctica, xa que moitos deputados e outros políticos tiveron os seus dereitos políticos suspensos neste período. O ciclo militar após 1964 encerrouse en 1985, cando un civil, Tancredo Neves, foi escollido como presidente, a pesar de non ter gobernado.
  • Dende 1989 as eleccións directas para presidente da república foron restabelecidas no Brasil. Foron elixidos directamente desde entón: Fernando Collor de Mello, Fernando Henrique Cardoso (reelixido para un segundo mandato) e Luiz Inácio Lula da Silva.
  • Fernando Collor de Mello, elixido en 1989 e que asumiu en 15 de marzo de 1990 foi o primeiro presidente do Brasil a sufrir proceso de impeachment (impedimento).
  • Dilma Rousseff foi a primeira presidente muller do Brasil, e tamén sufriu impeachment.
Os presidentes Itamar Franco, Lula da Silva, Fernando Henrique Cardoso e José Sarney na Cidade do Vaticano.

Esta é a lista dos presidentes do Brasil:

# Presidente Inicio do goberno Fin do goberno Vicepresidente(s)
1 Deodoro da Fonseca 15 de novembro, 1889 23 de novembro, 1891 Floriano Peixoto
2 Floriano Peixoto 23 de novembro, 1891 15 de novembro, 1894 -
3 Prudente de Morais 15 de novembro, 1894 15 de novembro, 1898 Manuel Vitorino
4 Campos Sales 15 de novembro, 1898 15 de novembro, 1902 Rosa e Silva
5 Francisco de Paula Rodrigues Alves 15 de novembro, 1902 15 de novembro, 1906 Silviano Brandão/
Afonso Pena
6 Afonso Pena 15 de novembro, 1906 14 de xuño, 1909 Nilo Peçanha
7 Nilo Peçanha 14 de xuño, 1909 15 de novembro, 1910
8 Hermes da Fonseca 15 de novembro, 1910 15 de novembro, 1914 Venceslau Braz
9 Venceslau Brás 15 de novembro, 1914 15 de novembro, 1918 Urbano Santos
- Francisco de Paula Rodrigues Alves Foi elixido, pero faleceu antes de exercer o goberno por segunda vez. Delfim Moreira
10 Delfim Moreira 15 de novembro, 1918 28 de xullo, 1919 -
11 Epitácio Pessoa 28 de xullo, 1919 15 de novembro, 1922 Delfim Moreira/
Bueno de Paiva
12 Artur Bernardes 15 de novembro, 1922 15 de novembro, 1926 Estacio Coimbra
13 Washington Luís 15 de novembro, 1926 24 de outubro, 1930 Melo Viana
- Julio Prestes Foi deposto pola revolución de 1930 antes de exercer o goberno. Vital Soares
- Augusto Fragoso
Isaías de Noronha
Mena Barreto
24 de outubro de 1930 3 de novembro de 1930 -
14 Getúlio Vargas 3 de novembro, 1930 29 de outubro, 1945 -
15 José Linhares 29 de outubro, 1945 31 de xaneiro, 1946 -
16 Gaspar Dutra 31 de xaneiro, 1946 31 de xaneiro, 1951 Nereu Ramos
17 Getúlio Vargas 31 de xaneiro, 1951 24 de agosto, 1954 Café Filho
18 João Café Filho 24 de agosto, 1954 9 de novembro, 1955 -
19 Carlos Luz 9 de novembro, 1955 11 de novembro, 1955
20 Nereu de Oliveira Ramos 11 de novembro, 1955 31 de xaneiro, 1956
21 Juscelino Kubitschek 31 de xaneiro, 1956 31 de xaneiro, 1961 João Goulart
22 Jânio Quadros 31 de xaneiro, 1961 25 de agosto, 1961 João Goulart
23 Ranieri Mazzilli 25 de agosto, 1961 7 de setembro, 1961
24 João Goulart 7 de setembro, 1961 1 de abril, 1964
25 Ranieri Mazzilli 2 de abril, 1964 15 de abril, 1964
26 Castelo Branco 15 de abril, 1964 15 de marzo, 1967 José Maria Alckmin
27 Costa e Silva 15 de marzo, 1967 31 de agosto, 1969 Pedro Aleixo
- Aurélio de Lira Tavares

Augusto Rademaker Márcio de Sousa Melo

31 de agosto, 1969 30 de outubro, 1969
28 Garrastazú Medici 30 de outubro, 1969 15 de marzo, 1974 Augusto Rademaker
29 Ernesto Geisel 15 de marzo, 1974 15 de marzo, 1979 Adalberto Pereira dos Santos
30 João Baptista Figueiredo 15 de marzo, 1979 15 de marzo, 1985 Aureliano Chaves
- Tancredo Neves Primeiro civil escollido polo Congreso cando do fin do réxime militar, pero faleceu antes de exercer o goberno. José Sarney
31 José Sarney 15 de marzo, 1985 15 de marzo, 1990 -
32 Fernando Collor 15 de marzo, 1990 29 de decembro, 1992 Itamar Franco
33 Itamar Franco 29 de decembro, 1992 1 de xaneiro, 1995 -
34 Fernando Henrique Cardoso 1 de xaneiro, 1995 1 de xaneiro, 2003 Marco Maciel
35 Luiz Inácio Lula da Silva 1 de xaneiro, 2003 1 de xaneiro, 2011 José Alencar
36 Dilma Rousseff 1 de xaneiro, 2011 31 de agosto, 2016 Michel Temer
37 Michel Temer 31 de agosto, 2016 1 de xaneiro, 2019 -
38 Jair Bolsonaro 1 de xaneiro, 2019 31 de decembro, 2022 Hamilton Mourão
39 Luiz Inácio Lula da Silva 1 de xaneiro, 2023 Geraldo Alckmin

Expresidentes vivos

[editar | editar a fonte]

Enlaces externos

[editar | editar a fonte]