iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: https://gl.wikipedia.org/wiki/Lingua_siksiká
Lingua siksiká - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Lingua siksiká

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Siksiká
ᓱᖽᐧᖿ
Outros nomes:Pés negros
Falado en: Estados Unidos de América Estados Unidos
Canadá
Total de falantes: 3.350 (2011)
Familia: Álxico
 Algonquino
  Siksiká
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: bla
ISO 639-3: bla
Mapa
Status

O siksiká está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

A lingua siksiká (ᓱᖽᐧᖿ), tamén coñecida como lingua pés negros, é unha lingua algonquina falada pola tribo dos pés negros, que viven nas chairas do noroeste de Norte América. Case tódolos falantes viven no Canadá. Existen catro dialectos do siksiká, tres deles falados en Alberta, e outro falada nos Estados Unidos.[2]

Existen diferenzas entre o siksiká antigo (tamén chamado alto siksiká), que é falado pola xente maior, e o siksiká moderno, falado pola xente nova.[3] Entre as linguas algonquinas, o siksiká é relativamente diverxente na fonoloxía e no léxico.[4] Ó igual que as outras linguas algonquinas, o siksiká é tipoloxicamente polisintética.

A academia Cuts Wood de Browning, Montana, fundada por Darrell Kipp e o Insituto Piegan, ofrecen cursos de inmersión en siksiká.[5]

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. "Don Frantz' Blackfoot page". Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2015. Consultado o 07 de xaneiro de 2015. 
  3. Bortolin & McLellan (1995)
  4. Mithun (1999:335)
  5. "Cuts Wood Academy - Blackfeet Immersion School in Browning, Montana". The Piegan Institute. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2014. Consultado o 9 de abril de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]