iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: https://gl.wikipedia.org/wiki/Lingua_scots
Lingua scots - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Lingua scots

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Scots
Scots
Outros nomes:Lallans
Falado en: Escocia Escocia
Irlanda do Norte
República de Irlanda
Rexións: Europa occidental
Total de falantes: 200.000 (Ethnologue)
1 500 000 (GROS)[1]
Posición: 217
Familia: Indoeuropea
 Xermánico
  Xermano occidental
   Anglo-frisoa
    Scots
Escrita: Alfabeto latino
Status oficial
Lingua oficial de: Non é oficial
Escocia: lingua tradicional
Regulado por: Ninguén
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: sco
ISO 639-3: sco
Mapa

En azul, zonas onde se fala o scots en Escocia.

En azul, zonas onde se fala o scots en Irlanda do Norte.
Status

O scots está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

A lingua scots (en scots: Scots leid ou Scots) é unha lingua xermánica historicamente falada nas Terras Baixas escocesas (Lowlands) e en partes do Ulster. É ás veces chamado lallans (termo procedente de Lowlands) para diferencialo do gaélico escocés, lingua de orixe céltica falada principalmente nas Terras Altas (Highlands) occidentais e nas Hébridas.

Esta lingua ten a súa orixe en dialectos do inglés medio de Northumbria. Posúe preto dun millón e medio de falantes, e é unha lingua común na rúa, pero que carece de calquera apoio oficial: nin se aprende nas escolas nin aparece na rotulación das cidades nin apenas en libros. O escritor máis famoso en scots é Robert Burns, que empregou esta lingua tanto coma o inglés nos seus poemas.

Nomenclatura

[editar | editar a fonte]

Os falantes nativos ás veces refírense á lingua como braid Scots[3] ou usan o dos diferentes dialectos como Doric, Teri ou o Buchan Claik. O termo Lallans, unha variante do scots moderno lawlands, é tamén utilizado. O scots en Irlanda é coñecido en círculos oficiais como "scots do Ulster" ou "Ullans", un recente neoloxismo que combina "Ulster" e "Lallans".

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome vernáculo da lingua, Scots, é unha contracción de Scottis, scots antigo,[4] e da forma meridional do inglés antigo tardío Scottisc (en inglés moderno: Scottish), que substituíu a temperán forma i-mutada Scyttisc. Antes do século XV a fala inglesa en Escocia era coñecida como "English" (escrita Ynglis ou Inglis daquelas), así o termo "Scottish" (escrito Scottis) referíase ao gaélico.

A comezos do século XV,[5][6] o inglés de Escocia converteuse nunha lingua sensiblemente distinta, aínda que carecendo dun nome que a distinguise claramente do inglés do sur da Bretaña. Dende o ano 1495 a verba Scottis foi gañando uso gradualmente para referirse á lingua das Terras Baixas escocesas e Erse, irlandés, para o gaélico. Por exemplo, antes da fin do século XV William Dunbar usaba Erse para referirse ao gaélico e a comezos do século XVI Gavin Douglas usou o nome Scottis como nome para a lingua xermánica. Hoxe a lingua celta de Escocia é chamada habitualmente gaélico escocés.

Dialectos

[editar | editar a fonte]

Recoñécese que o scots ten habitualmente cinco dialectos:

  1. A aparente enorme variación no cómputo de falantes débese a que algunhas estatísticas contabilizan só os falantes maternos, mentres que outras contan a xente que son capaces de entender mesmo parcialmente
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  3. "SND:Scots". Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2011. Consultado o 24 de febreiro de 2011. 
  4. "SND: Scots". Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2011. Consultado o 24 de febreiro de 2011. 
  5. Companion to the Oxford English Dictionary, Tom McArthur, Oxford University Press, 1994
  6. The Stewart Kingdom of Scotland 1371 - 1603, Caroline Bingham, 1974

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.