iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: https://gl.wikipedia.org/wiki/Liga_de_Campións_da_CONCACAF
Liga de Campións da CONCACAF - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Liga de Campións da CONCACAF

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Liga de Campións da CONCACAF é a máxima competición continental de fútbol a nivel de clubs en Norteamérica e Centroamérica. Organizado baixo distintas denominacións pola Concacaf dende 1962, o campión deste torneo acada o dereito a disputar a Copa Mundial de Clubs da FIFA que determina ó club de fútbol campión do mundo. O actual campión é o CF Monterrey, e os equipos máis laureados son o Club América e o Cruz Azul, ámbolos dous con 5 títulos.

24 equipos compiten cada ano polo campionato (4 de México, 4 dos Estados Unidos, 3 de Honduras, 3 de Panamá, 2 de Costa Rica, 2 de Guatemala, 2 do Salvador, 1 do Canadá e 3 da Unión Caribeña de Fútbol. A competición ten 5 roldas, que teñen lugar entre xullo e abril:

Primeira Rolda

O torneo comeza con 8 eliminatorias directas nas que se enfrontan os 16 equipos con peor acreditación. Os 8 gañadores pasan á seguinte rolda xunto cos 8 cabezas de serie que non tiveron que disputar esta rolda eliminatoria.

Fase de grupos

Chegados a esta fase, os 16 equipos sepáranse en 4 grupos, de xeito que quedan 4 grupos con 4 equipos por grupo. Dispútase unha liguiña con 6 xornadas, ó remate da cal os 2 primeiros clasificados de cada grupos pasan á seguinte rolda.

Cuartos de final

Nos cuartos de final enfróntanse entre si os 8 equipos en 4 eliminatorias directas a dobre encontro, de xeito que en cada eliminatoria enfróntanse un 1º fronte a un 2º da fase de grupos anterior.

Semifinais

As semifinais son 2 eliminatorias directas a dobre encontro, ida e volta. Os dous equipos gañadores pasan á final do torneo.

Final

A final da Liga de Campións da Concacaf dispútase no formato de dobre encontro, ida e volta, nos estadios dos equipos protagonistas.

Palmarés

[editar | editar a fonte]
FINAL 2011
Data Ida 20 de abril
Data Volta 27 de abril
Campión CF Monterrey
Finalista Real Salt Lake
Resultado 2-2 e 1-0



Finais da Liga de Campións da CONCACAF
Tempadas CAMPIÓN Resultados Subcampión
2011 CF Monterrey 2-2 e 1-0 Real Salt Lake
2010 CF Pachuca 1-2 e 1-0 Cruz Azul
2009 CF Atlante 2-0 e 0-0 Cruz Azul
2008 CF Pachuca 2-1 e 0-0 Deportivo Saprissa
2007 CF Pachuca 2-2 e 0-0 CD Guadalajara
2006 Club América 0-0 e 2-1 Deportivo Toluca
2005 Deportivo Saprissa 2-0 e 1-2 Pumas UNAM
2004 LD Alajuelense 1-1 e 4-0 Deportivo Saprissa
2003 Deportivo Toluca 3-3 e 2-1 CA Monarcas Morelia
2002 CF Pachuca 1-0 CA Monarcas Morelia
2000 Los Angeles Galaxy 3-2 CD Olimpia
1999 Club Necaxa 2-1 LD Alajuelense
1998 DC United 1-0 Deportivo Toluca
1997 Cruz Azul 5-3 Los Angeles Galaxy
1996 Cruz Azul Liguiña Club Necaxa
1995 Deportivo Saprissa Liguiña CSD Municipal
1994 CS Cartaginés 3-2 CF Atlante
1993 Deportivo Saprissa Liguiña Club León CF
1992 Club América 1-0 LD Alajuelense
1991 Puebla FC 3-1 e 1-1 Police FC
1990 Club América 2-2 e 6-0 Cuba FC Pinar del Río
1989 Pumas UNAM 1-1 e 3-1 Cuba FC Pinar del Río
1988 CD Olimpia 2-0 e 2-0 Defence Force FC
1987 Club América 1-1 e 2-0 Defence Force FC
1986 LD Alajuelense 2-1 e 2-1 SV Transvaal
1985 Defence Force FC 2-0 e 0-1 CD Olimpia
1984 Violette AC - Finalista non presentado
1983 CF Atlante 1-1 e 5-0 SV Robinhood
1982 Pumas UNAM 0-0 e 3-2 SV Robinhood
1981 SV Transvaal 1-0 e 1-1 CD Atlético Marte
1980 Pumas UNAM Liguiña Pumas de UNAH
1979 Club Deportivo FAS 1-0 e 8-0 CRKSV Jong Colombia
1978 Univ. Guadalajara
Defence Force FC
CSD Comunicaciones
- Título compartido
1977 Club América 1-0 e 1-1 SV Robinhood
1976 CD Águila 5-1 SV Robinhood
1975 Atlético Español 3-0 e 2-1 SV Transvaal
1974 CSD Municipal 2-1 e 2-1 SV Transvaal
1973 SV Transvaal - Finalista non presentado
1972 CD Olimpia 1-0 e 0-0 SV Robinhood
1971 Cruz Azul Liguiña LD Alajuelense
1970 Cruz Azul - Finalista non presentado
1969 Cruz Azul 0-0 e 1-0 CSD Comunicaciones
1968 Deportivo Toluca - Finalista non presentado
1967 Alianza FC 1-2, 3-0 e 5-3 CRKSV Jong Colombia
1963 RC Haïtien Liguiña CD Guadalajara
1962 CD Guadalajara 1-0 e 5-0 CSD Comunicaciones

Os equipos mexicanos levan dominando esta competición dende a primeira edición até a actualidade, conquistando 27 das 46 edicións, grazas a equipos como o Cruz Azul, o Club América e o CF Pachuca, con 14 trofeos entre os 3 clubs. Con 6 títulos, o seguinte país mais exitoso na Liga de Campións da Concacaf é Costa Rica, grazas ós 2 equipos mais potentes da súa liga, o Deportivo Saprissa e o LD Alajuelense.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]