Leona Woods
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de agosto de 1919 La Grange, Estados Unidos de América |
Morte | 10 de novembro de 1986 (67 anos) Santa Monica, Estados Unidos de América |
Educación | Universidade de Chicago - Doutora en filosofía (–1943) Lyons Township High School |
Director de tese | Robert S. Mulliken |
Actividade | |
Campo de traballo | Física |
Ocupación | científico nuclear, profesora universitaria, física, escritora, química |
Empregador | Universidade de Nova York Universidade de Colorado en Boulder Universidade de California, Os Ánxeles |
Membro de | |
Interesada en | Física de partículas |
Participou en | |
1939 | Proxecto Manhattan |
Familia | |
Cónxuxe | Willard Frank Libby |
Premios | |
Descrito pola fonte | Forgotten Women: The Scientists (en) , (p.136-139) |
Leona Harriet Woods, nada en LaGrange (Indiana) o 9 de agosto de 1919 e finada o 10 de novembro de 1986 en Santa Monica (California) coñecida posteriormente como Leona Woods Marshall, Leona Woods Marshall Libby e Leona Marshall Libby, foi unha física estadounidense que contribuíu na construción do primeiro reactor nuclear e a primeira bomba atómica durante o Proxecto Manhattan.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Con 23 anos de idade converteuse na persoa máis nova e na única muller en formar parte do equipo que construíu o primeiro reactor nuclear, o Chicago Pile-1, nun proxecto liderado polo seu mentor Enrico Fermi.[2] Woods tivo un papel significativo na construción e utilización de contadores Geiger para as análises dos experimentos.[3] Xunto co seu primeiro esposo John Marshall axudou a solucionar o problema do envelenamento por xenon na planta de produción de plutonio de Hanford, e supervisou a construción e operación dos reactores de produción de Hanford.
Trala guerra traballou no Institute for Advanced Study en Princeton, New Jersey, no Laboratorio Nacional de Brookhaven e na Universidade de Nova York. A súa investigación centrouse na física de alta enerxía, na astrofísica e na cosmoloxía. En 1966 divorciouse de Marshall e casou de novo co premio Nobel Willard Libby. Pasou a ser profesora na Universidade de Colorado e membro de RAND Corporation. Máis tarde, interesouse pola irradiación de alimentos como medio para eliminar bacterias. Ela propuxo que a froita afectada pola mosca da froita podería tratarse con raios gamma. Nos seus últimos anos de vida interesouse polos problemas ecolóxicos e ambientais, deseñando un método de uso de proporcións de isótopos en tres aneis para o estudo do cambio climático.
Foi unha autora prolífica, que publicou máis de 200 artigos científicos. Mentres estaba na Corporación RAND, escribiu un artigo sobre Creación dunha atmosfera na lúa (1969). Os seus traballos inclúen o autobiográfico The Uranium People (1979), unha historia da investigación atómica temperá.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Manhattan Project Spotlight: Leona Marshall Libby". Atomic Heritage Foundation (en inglés). Consultado o 2021-05-06.
- ↑ "Leona Woods, física". Mujeres con ciencia (en castelán). 2016-08-09. Consultado o 2021-05-06.
- ↑ "Leona Woods". www.nndb.com. Consultado o 2021-05-06.
- ↑ Libby, Leona Marshall, 1919- (1979). The uranium people. Crane, Russak. ISBN 0-8448-1300-1. OCLC 4665032
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Leona Woods |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fermi, Laura (1954). Atoms in the Family: My Life with Enrico Fermi. Chicago, Illinois: University of Chicago Press. OCLC 537507.
- Libby, Leona Marshall (1979). The Uranium People. New York: Crane, Russak. ISBN 0-8448-1300-1. OCLC 4665032.
- Sanger, S. L.; Wollner, Craig (1995). Working on the Bomb: an Oral History of WWII Hanford. Portland, Oregon: Portland State University. ISBN 0-87678-115-6. OCLC 34034740.
- Wayne, Tiffany K. (2011). American Women of Science since 1900 Vol. 2, I-Z. Santa Barbara, California: ABC-CLIO. ISBN 1-59884-158-0. OCLC 775854668.
- Ware, Susan; Braukman, Stacy Lorraine (2004). Notable American Women: a Biographical Dictionary Completing the Twentieth Century. Cambridge, Massachusetts: Belknap Press. ISBN 0-674-01488-X. OCLC 56014756.
- Tsjeng, Zing (2020). Mujeres olvidadas : las científicas. Madrid. ISBN 978-84-415-4214-3,
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Científicas pioneras: Leona Woods video Instituto de Física Corpuscular (IFIC)