Laura Flessel-Colovic
(2013) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de novembro de 1971 (53 anos) Pointe-à-Pitre, Francia |
Minister of Sport (en) | |
17 de maio de 2017 – 4 de setembro de 2018 | |
Member of the French Economic, Social and Environmental Council (en) | |
Datos persoais | |
Altura | 171 cm |
Peso | 65 kg |
Actividade | |
Ocupación | esgrimista, política |
Partido político | Renaissance (pt) |
Deporte | esgrima |
Participou en | |
2012 | Xogos Olímpicos de 2012 |
2008 | Xogos Olímpicos de 2008 |
2004 | Esgrima nos Jogos Olímpicos de Verão de 2004 - Espada individual feminino (pt) (medalla de prata olímpica) |
2000 | Esgrima nos Jogos Olímpicos de Verão de 2000 - Espada individual feminino (pt) (Medalla de bronce olímpica) |
1996 | fencing at the 1996 Summer Olympics – women's épée (en) (medalla de ouro olímpica) |
Premios | |
Laura Flessel-Colovic, nada o 6 de novembro de 1971 en Pointe-à-Pitre (Guadalupe), é unha tiradora de esgrima francesa, dobre campioa olímpica, seis veces do mundo e unha vez campioa de Europa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Laura Flessel comezou na esgrima aos 6 anos, progresando rapidamente e converténdose en campioa de Guadalupe. Despois adquiriu unha sólida experiencia nos circuítos caribeños, centroamericanos e panamericanos, conquistando en 1990 os Campionatos Panamericanos nas modalidades de florete e espada. Ese mesmo ano, establécese na Francia Metropolitana, ingresando no Racing Club de France[1]. Tamén entra no INSEP, o que lle permite relacionarse cos mellores esgrimistas franceses.
O seu primeiro éxito na escena mundial foi en 1995 ao rematar terceira no Campionato do Mundo de Esgrima na Haia, metal que tamén acompañou con prata por equipos.
Para a primeira participación de espada feminina nuns Xogos olímpicos en 1996, Francia partía con boas posibilidades de medallas, Flessel era a terceira do mundo e Valérie Barlois segunda[2], e así efectivamente Flessel, Barlois e Sophie Moresse-Pichot conseguen o título olímpico en espada por equipos derrotando a Italia. Despois en espada individual, vence a dúas húngaras, unha delas Szalay, vicecampioa do mundo, en semifinal. Na final enfróntase á súa compatriota Valérie Barlois, gañando Flessel por 15-12 [3][4].
No Mundial de 1997 logrou unha medalla de bronce por equipos e o noveno posto en individual pero nos Campionatos do Mundo de 1998 converteuse no oitavo esgrimista francés, e primeira muller, en obter os títulos olímpicos e mundial, para obter este último derrotou na final á alemá Holzkamp por 15-9, conseguindo tamén un segundo título en espada por equipos [5]. Ela remata igualmente na segunda praza na Copa do Mundo desa tempada. No ano seguinte a súa ambición é conservar os seus dous títulos mundiais, non o logro no concurso de equipos pero en individual si o fai tras derrotar á suíza Romagnoli[6].
Era unha das favoritas nos Xogos Olímpicos de 2000, pero perdeu na semifinal coa húngara Tímea Nagy mais logrou a medalla de bronce. No concurso por equipos Francia rematou no quinto lugar.
No ano 2001 non compite ao dar nacemento á súa filla Leïlou ata o mes de outubro, cando se disputa o mundial, logrando a medalla de prata batida pola alemá Bokel[7].
Malia dúas Copas do mundo en 2002 e, tras quedar suspendida pola FIE durante tres meses por dar positivo de nicetamida[8],2003 debe agardar a súa terceira participación nuns Xogos olímpicos, os de 2004, para obter unha nova medalla. Na final á súa opoñente é a húngara Tímea Nagy que logra a medalla de ouro, tendo que conformarse Flessel coa de prata mentres en equipos Francia logrou a de bronce.
No Mundial de 2005 gaña unha nova medalla de bronce en individual e o ouro por equipos. No de 2006 tirou unha nova medalla de bronce en individual, de novo batida pola húngara Nagy[9][10]
En 2007, Francia na vez de enviar un equipo chamado B aos Campionatos de Europa como viña facendo para dar oportunidades aos valores novos, decidiu enviar un equipo consagrado para sumar puntos de cara á súa cualificación nos Xogos Olímpicos do ano seguinte. Laura Flessel consegue así o único título que lle restaba por obter.[11] No Mundial dese ano, logrou un novo título mundial por equipos. Ese ano 2007 queda terceira na Copa do Mundo.
Os bos resultados de 2007 e do comezo da tempada 2008 déronlle unha das dúas prazas reservadas a Francia na modalidade de espada individual nos Xogos Olímpicos de 2008, agora ben a espada por equipos non figuraba no programa. Pero finalmente foron os primeiros xogos nos que non logrou medalla ningunha despois da súa eliminación pola chinesa Li Na (15-9) nos cuartos de final.
No ano 2009 logrou unha terceira praza nos Campionatos de Europa en Plovdiv[12] e queda fóra das medallas no Campionato do Mundo de Esgrima en Antalya ao quedar eliminada en cuartos de final pola rusa Lubov Shutova.
O ano seguinte gañou dúas medallas de bronce nos Campionatos de Esgrima de Europa en Leipzig, en individual perde en semifinal fronte á polaca Magdalena Piekarska por 13 a 12[13]. Na competición por equipos Francia perdeu en semifinais fronte a Italia pero consegue gañar o bronce fronte a Alemaña[14]. Nos Mundiais disputados en París perde en cuartos de final fronte á húngara Emese Szász[15]. En espada por equipos, as francesas remataron na quinta praza despois dunha desfeita 45 a 40 contra Romanía en cuartos de final[16]. É membro do Consello Económico, Social e Medioambiental desde o 28 de outubro de 2010 por mor da súa experiencia no campo deportivo[17].
En 2011 nos Mundiais de Catania perde na primeira rolda do torneo fronte á americana Maya Lawrence por 15 a 14[18]. E en equipos, como na edición precedente, as francesas perden en cuartos de final, contra a China. Flessel non consegue manter a vantaxe de tres toques que Francia tiña antes do último asalto que a enfronta á vencedora da competición individual Li Na, e que lle deu a vitoria ao seu equipo por 45 a 43[19].
O equipo de espada fracasou na súa tentativa de cualificarse nos Xogos Olímpicos de 2012[20], pero Flessel consegue cualificarse para espada individual tras vencer a Emma Samuelsson por 15 a 6 no campionato de cualificación da zona Europa en Bratislava[21]. Laura Flessel foi a portabandeira da delegación francesa nos Xogos Olímpicos de Londres [22][23]. Na súa derradeira competición pasa na primeira rolda ao vencer contra a americana Courtney Hurley (15-12) antes de perder contra a romanesa Simona Gherman coa puntuación de 15-13, poñendo fin á súa carreira con 40 anos.
Do 6 ao 20 de outubro de 2012, Laura Flessel apareceu como candidata na terceira tempada do programa de televisión Danse avec les stars de TF1 facendo parella co bailarín Grégoire Lyonnet[24].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ (en francés) Biographie sur le site rfo.fr Arquivado 14 de marzo de 2009 en Wayback Machine.
- ↑ Un poids en moins, L'Équipe, 24 de febreiro de 2008]
- ↑ Le Livre de l'année 96, L'Équipe
- ↑ La finale d'Atlanta 1996 sur YouTube
- ↑ Le Livre de l'année 98, L'Équipe
- ↑ Le Livre de l'année 98, L'Équipe
- ↑ (en francés) À la pointe de l'Épée, L'Équipe Arquivado 21 de xuño de 2009 en Wayback Machine.
- ↑ "Laura Flessel accepte ses trois mois de suspension". Libération. 29 de novembro de 2002. Arquivado dende o orixinal o 04 de agosto de 2012. Consultado o 21 de abril de 2012.
- ↑ (en francés) Mondiaux 2006 à Turin Arquivado 07 de agosto de 2007 en Wayback Machine.
- ↑ "Laura Flessel sauve l'honneur". L'Humanité (en francés). 2006-10-05. Consultado o 2022-04-16.
- ↑ "Laura Flessel championne d'Europe". Le Monde.fr (en francés). 2007-07-04. Consultado o 2022-04-16.
- ↑ "Le bronze pour Laura Flessel aux Championnats d'Europe d'escrime". lemonde.fr. 15 de xullo de 2009.
- ↑ "Championnats d'Europe d'escrime : le bronze pour Laura Flessel". tempsreel.nouvelobs.com. 18 de xullo de 2010.
- ↑ "Championnat d'Europe d'escrime: la France prend le bronze avec Laura Flessel". lepoint.fr. 18 de xullo de 2010.
- ↑ "Escrime/Mondiaux-2010 - Epée dames: Une médaille pour Nisima, Flessel s'arrête en quarts". lequotidien.lu. 8 de novembro de 2010.[Ligazón morta]
- ↑ "Laura Flessel très déçue". sport.fr. 12 de novembro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2013. Consultado o 31 de xullo de 2013.
- ↑ "Décret du 28 octobre 2010 portant nomination au Conseil économique, social et environnemental". www.legifrance.gouv.fr. 29 de outubro de 2010. Consultado o 26 de decembro de 2010.
- ↑ "Bérézina française aux Mondiaux de Catane". france24.com. 13 de outubro de 2011.
- ↑ "Escrime - Championnats du monde. Laura Flessel tire sa révérence". leprogres.fr. 17 de outubro de 2011.
- ↑ "Sans les épéistes françaises...". lequipe.fr. 25 mars 2012.
- ↑ "Laura Flessel décroche son ticket pour Londres". www.lemonde.fr. Consultado o le 21 de abril de 2012.
- ↑ "JO : Laura Flessel désignée contre toute attente porte-drapeau de la délégation française". Le Figaro. 14 de maio de 2012.
- ↑ "Montpellier Jeux Olympiques de Londres : Karabatic sera-t-il porte-drapeau pour la France ?". midilibre.fr. 14 de maio de 2012.
- ↑ "Danse avec les stars 3 : le casting officiel dévoilé". Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2013. Consultado o 31 de xullo de 2013.
- Nados en 1971
- Esgrimistas olímpicos de Francia
- Medallistas olímpicos en esgrima
- Esgrimistas de espada
- Medallistas olímpicos de ouro por Francia
- Medallistas olímpicos de prata por Francia
- Medallistas olímpicos de bronce por Francia
- Nados en Guadalupe, Francia
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1996
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2000
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2004
- Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1996
- Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 2000
- Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 2004
- Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 2008
- Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 2012