Lago Maior
(it) Lago Maggiore | |||||
Tipo | lago area not part of a municipality of Switzerland (en) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | Fronteira Itália-Suíça (pt) Northern Italian lakes (en) | ||||
Localización | |||||
División administrativa | Tesino, Suíza, Piemonte, Italia e Lombardía, Italia | ||||
| |||||
Cordilleira | Alpes | ||||
Afluentes | Rio Ticino (pt) ,Maggia (en) ,Toce (en) ,Tresa (en) ,San Bernardino (en) ,Acquanegra (en) ,Verzasca River (en) ,Tiasca (en) ,Stronetta (en) ,Q2884352 ,Giona (en) ,Boesio (en) ,Cannobino (en) | ||||
Efluente do lago | Rio Ticino (pt) | ||||
Conca hidrográfica | conca do Po | ||||
Características | |||||
Altitude | 193 m | ||||
Profundidade | 372 m | ||||
Dimensións | 5 () × 66 () km | ||||
Superficie | 212,5 km² | ||||
Superficie da cunca hidrográfica | 6.386 km² | ||||
Medicións | |||||
Volume físico | 37.000 hm³ | ||||
Historia | |||||
Cronoloxía | |||||
4 de marzo de 1921 | Ca.60 crash (en) | ||||
O lago Maior (en italiano: 'Lago Maggiore ou Lago Verbano') é un lago alpino do norte de Italia e Suíza. Trátase dun lago glaciario que se formou ao final da última glaciación. A súa altitude é de 193 msnm.
Encóntrase na fronteira de Italia e Suíza, entre os Alpes e a chaira padana, a uns 50 km ao noroeste de Milán e uns 130 km ao sur de Zürich. O 80 % da súa superficie corresponde a Italia e o 20 % a Suíza. As súas augas bañan dúas rexións italianas e un cantón suízo:
- Ao norte: o cantón de Tesino (CH)
- Ao oeste: Piemonte (provincias de Verbano e Novara) (I)
- Ao leste: Lombardía (provincia de Varese) (I)
O lago encóntrase entre as coordenadas xeográficas seguintes:
- Latitude: entre os 45°43' N e os 46°11' N
- Lonxitude: entre os 8°29' L e os 8°52' L
É o segundo lago italiano por extensión, despois do lago de Garda, cunha superficie de 212 km². A elegancia de célebres estacións climáticas e a beleza e variedade da paisaxe convérteno nunha das metas máis frecuentadas e preferidas polo turismo internacional.
As fermosas vilas ás súas orelas tiveron gran fama durante a Belle Époque, e algunhas conservan aínda, en parte, o aspecto daqueles tempos.
Entre a máis famosas están Arona, patria de San Carlos Borromeo; Stresa, elegante e refinada; Pallanza coa súa Villa Taranto adornada cun fermoso xardín e, na ribeira lombarda, Luino e Laveno-Mombello.
Son de particular interese as illas Borromeas, fronte a Stresa: a Illa Bella, co maxestoso Palacio Borromeo (sede dunha pinacoteca) e o seu su espectacular xardín á italiana do período barroco, e a illa dos Pescadores, cun palacio do século XVIII e un xardín botánico.