iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: https://gl.wikipedia.org/wiki/La_Lisa
La Lisa - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

La Lisa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaLa Lisa

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 23°01′29″N 82°27′47″O / 23.0247, -82.4631
País insularCuba
ProvinciasProvincia da Habana
CidadeA Habana Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie37,5 km² Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Outro
Irmandado con

La Lisa é un dos 15 municipios da provincia da Habana, en Cuba.

Xurdiu da división político-administrativa realizada no país en 1976, antes desa data estaba integrado no municipio de Marianao. En 2017 tiña unha poboación de 142 124 habitantes.[1]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Sitúase na periferia occidental da capital, limita ao norte co municipio de Playa, ao leste con Marianao, ao sur-suroeste con Boyeros e ao oeste co municipio de Bauta da veciña provincia de Artemisa. A súa extensión é de 37,5 km².

Dende a súa constitución e ata hoxe este municipio está composto por: El Cano, Guatao, Arroyo Arenas, La Lisa e Punta Brava, xunto con numerosos outros repartos, barrios ou leiras. Na súa conformación actual ten dúas áreas diferenciadas: a zona nordés do municipio, dende Quibú ata Arroyo Arenas e dende a Estrada Nacional ata a rúa 25, é unha zona moi urbanizada, na que os barrios están ligados consecutivamente cos seus núcleos máis antigos de poboación; e a zona suroeste, con características suburbanas ou semirurais, que inclúe a área de Cano-Valle Grande, La Concepción, parte de Arroyo Arenas, Guatao e Punta Brava.

O goberno exércese dende a Asemblea Municipal do Poder Popular, que é o maior organismo local do poder do Estado e, por conseguinte, está investida da máxima autoridade para o exercicio das funcións estatais na súa delimitación.

Esta Asemblea está formada por 89 delegados, agrupados en sete Consellos Populares, que son órganos do Poder Popular, local, de carácter representativos: Alturas de La Lisa, Balcón Arimao, El Cano-Bello 26 - Valle Grande, Punta Brava, Arroyo Arenas, San Agustín e Versalles-Coronela .

Todos os delegados, que son nomeados polos veciños nas asembleas dos barrios, son elixidos polo voto directo e secreto dos electores; estes á súa vez elixen ao presidente e vicepresidente da Asemblea Municipal.

Pobos irmandados

[editar | editar a fonte]
  1. "Municipios de Cuba". www.citypopulation.de (en inglés). Consultado o 18 de setembro de 2019. 
  2. "Persoeiros Ilustres". Consultado o 18 de febreiro de 2018.