iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: https://gl.wikipedia.org/wiki/Knoppix
Knoppix - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Knoppix

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Knoppix

Knoppix (6.0.1).
DesenvolvedorKlaus Knopper
Familia de S.O.Linux
Modelo de desenvolvementoSoftware libre
NúcleoLinux
Tipo de núcleoMonolítico
LicenzaGPL
Última versión estable7.7.1 27 de outubro de 2016
Estado actualEn desenvolvemento
Sitio webknoppix.org

Knoppix é unha distribución de GNU/Linux creada polo alemán Klaus Knopper en 2002. Knoppix está baseada en Debian e execútase directamente dende un CD/DVD sen usar o disco duro ou instalar ningún ficheiro nel. Knoppix usa o ambiente gráfico LXDE, pero existe unha opcións para empregalo KDE Plasma 5 e con Gnome[1].

Características

[editar | editar a fonte]
Árbore de distros de Knoppix.

A súa detección de hardware permite que se arrinque directamente un ambiente gráfico na maioría das máquina sen necesidade de configuración ningunha. Conéctase automaticamente á maioría dos tipos de redes, e inclúe software tanto para uso normal (especialmente navegadores web, a suite informática LibreOffice, e o programa de retoque fotográfico GIMP) coma para a reparación de sistemas. O completo ambiente gráfico e de rede é máis cómodo cá xeración anterior de discos de arrinque para os administradores de sistemas que reparaban sistemas nos que os discos duros non arrincaban. Ademais Knoppix permite conservar os cartafois persoais dos usuarios e a configuración do sistema despois de apagar o ordenador. Aínda que Knoppix é unha distribución de Linux en Live CD pódese instalar no disco duro mediante un script.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.