iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: https://gl.wikipedia.org/wiki/Kiekko-Espoo
Kiekko-Espoo - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Kiekko-Espoo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kiekko-Espoo
Fundación1984
Cidade Espoo,
Uusimaa
Finlandia Finlandia
EstadioEspoo Metro Areena
(6 982 persoas)
LigaLiiga
DirectorFinlandia Ami Rubinstein
AdestradorFinlandia Jyrki Aho
CoresAzul mariño, dourado, azul
                 

O Kiekko-Espoo é un equipo de hóckey sobre xeo da cidade de Espoo, Finlandia. O equipo foi fundado en 1984 e xoga os seus partidos como local no Espoo Metro Areena, un estadio con capacidade para 6 982 persoas. Dende a tempada 2024-25 xoga na Liiga, a liga máis importante do hóckey sobre xeo masculino en Finlandia.

Equipo feminino

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Kiekko-Espoo Naiset.

No club destaca o seu equipo feminino, denominado Kiekko-Espoo Naiset, ou simplemente Kiekko-Espoo ou K-Espoo, que compite na Naisten Liiga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés. Xoga os seus partidos como local no Tapiolan urheilupuisto.

Fundado en 1988, é o equipo máis laureado do hóckey sobre xeo feminino finlandés, tendo dominado o campionato nacional durante a década de 2000. En total, o equipo conquistou o campionato quince veces, sendo a última vez que alzou a Aurora Borealis Malja en 2022.

Trofeos colectivos

[editar | editar a fonte]
Mestis
  • A Mestis-pokaali (Copa Mestis) é entregada anualmente ao equipo vencedor dos play-offs e, polo tanto, campión da Mestis. É o trofeo principal da competición. O equipo gañou o trofeo tres veces: 2023
    • 1 medalla de prata como segundo clasificado dos play-offs: 2022
    • 1 medalla de bronce como terceiro clasificado dos play-offs: 2024
Suomen Cup
  • Campión: 2022
  • Subcampión: 2021


Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]