iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: https://gl.wikipedia.org/wiki/Joaquín_Sorolla
Joaquín Sorolla - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Joaquín Sorolla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJoaquín Sorolla
Biografía
Nacemento(es) Joaquín Sorolla y Bastida Editar o valor en Wikidata
27 de febreiro de 1863 Editar o valor en Wikidata
Valencia, España Editar o valor en Wikidata
Morte10 de agosto de 1923 Editar o valor en Wikidata (60 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio Xeral de Valencia Editar o valor en Wikidata
Vogal da Xunta para Ampliación de Estudos e Investigacións científicas
1907 – Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Outros nomesSorolla, Joaquin Editar o valor en Wikidata
EducaciónReial Acadèmia de Belles Arts de Sant Carles Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Madrid
Roma
París
Valencia Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintor, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoRetrato Editar o valor en Wikidata
MovementoPostimpresionismo, Realismo social, Naturalismo e Impresionismo Editar o valor en Wikidata
ProfesoresFrancisco Pradilla y Ortiz e Gonzalo Salvá Simbor Editar o valor en Wikidata
AlumnosVicente Santaolaria Montoro, Álvaro Alcalá Galiano y Vildósola, Fernando de Amárica e Teodoro Andreu Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeClotilde García del Castillo Editar o valor en Wikidata
FillosMaría Sorolla García, Joaquín Sorolla García, Elena Sorolla García Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Соролья Хоакин)
Obálky knih,
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1120853 Discogs: 3062232 WikiTree: Sorolla_Bastida-2 Find a Grave: 6981446 Editar o valor en Wikidata

Joaquín Sorolla y Bastida, nado en Valencia o 27 de febreiro de 1863 e finado en Cercedilla o 10 de agosto de 1923, foi un artista gráfico e pintor. Sorolla destacou na pintura de retratos, paisaxes e obras monumentais de temática social e histórica. As súas obras máis coñecidas caracterízanse por unha hábil representación da xente, da paisaxe e as augas iluminadas polo sol.[1] A súa obra madura foi etiquetada como impresionista, posimpresionista e luminista.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Cando apenas contaba con dous anos de idade, faleceron os seus pais por mor dunha epidemia de cólera. Ao quedar orfos a súa irmá Eugenia e mais el, a súa tía Isabel, irmá da súa nai, e o seu marido, de profesión cerralleiro, recolléronos. Pasados os anos intentaron ensinarlle, en balde, o oficio da cerrallaría, advertindo pronto que a súa verdadeira vocación era a pintura.[3]

Após finalizar os seus estudos na Escola de Belas Artes, Sorolla comezou a enviar as súas obras a diversos concursos e exposicións. A pesar dos primeiros rexeitamentos debido á súa elección temática, pronto gañou recoñecemento, especialmente tras a súa obra Defensa del parque de artillería de Monteleón.[3]

Viaxou a Roma e París, onde foi influenciado polo impresionismo e a pintura nórdica, desenvolvendo o seu característico estilo "luminista". Casou en 1888 con Clotilde García, e establecéronse en Madrid, onde Sorolla acadou prestixio e fama. En 1897, recibiu a encarga por parte do Senado español de rematar o cadro Jura de la Constitución por S.M. la Reina Regente Doña María Cristina, que fora encargado orixinalmente a Francisco Jover Casanova, quen morrera deixando o cadro apenas bosquexado.

A partir de 1900, a súa carreira internacional despegou con exposicións nos Estados Unidos e en Europa. O seu contrato con The Hispanic Society of America en 1911 levouno a un ambicioso proxecto mural, o Visión de España, que durou case oito anos.

Outra importante faceta súa foi a de retratista, de figuras importantes como foron Juan Ramón Jiménez, o rei Afonso XIII, Vicente Blasco Ibáñez, Ortega y Gasset etc. Tamén, en 1914, fora nomeado académico e, cando terminou os traballos para a Hispanic Society, traballou como profesor de composición e cor na Escola de Belas Artes de Madrid. A súa pintura representou a aplicación directa do luminismo á paisaxe e a figura, achegando xa que logo esta tendencia á sociedade da época.

Pasamento

[editar | editar a fonte]

En 1920, mentres pintaba o retrato da señora Pérez de Ayala no xardín da súa casa en Madrid, padeceu un ataque de hemiplexía que minguou drasticamente as súas facultades físicas e mentais. Faleceu na súa casa de Cercedilla o 10 de agosto de 1923.

Obras de Sorolla con temática galega

[editar | editar a fonte]
Galicia. La romería.
Artigo principal: Visión de España.

En agosto de 1915, Sorolla decidiu tomar un descanso, o primeiro en tres anos, do monumental encargo "Visión de España" por parte de Huntington, no que o pintor compuxo obras sobre paixases de España e Portugal. Escolleu como refuxio o Pazo de Vista Alegre en Vilagarcía de Arousa. Durante esa pausa, sumerxiuse nos desafíos que Galiza lle ofrecía, culminando o seu labor na no panel Galicia. La romería. Reflexionando sobre a súa experiencia, Sorolla comentou sobre a complexidade da paleta galega, afirmando que "El color, en Galicia, es una cosa acariciadora, blanda. Creo que Galicia es el país más difícil de pintar, por la variedad, por la facilidad con que todo cambia".[4] Esta interacción coa cambiante natureza galega evidencia o compromiso do artista por capturar a esencia do lugar e o seu constante desexo de evolución e aprendizaxe.

Pinos de Galicia.

En 2015 realizouse na Coruña a exposición Sorolla íntimo. Bosquexos da serie Visión de España, na que se presentaron ao público os esbozos preparatorios para os catorce paneis monumentais sobre as rexións de España e Portugal que Sorolla pintou para a biblioteca da Hispanic Society of América.

Após seren restaurados en Valencia, estes 32 bosquexos estiveron temporalmente no Museo de Belas Artes da Coruña, antes de volver a Nova York. Estas pezas inclúen paisaxes e retratos típicos de Galiza. Dúas destas obras, Gaitero gallego e Tipo de Galicia, foron realizadas durante a estancia do pintor en Vilagarcía, e foi neste período cando Sorolla pintou Galicia. La romería. O Museo de Belas Artes da Coruña, que acolleu a exposición, conta entre os seus fondos con varias obras do artista. Algúns destes cadros, como El Boyero castellano e outros de temática galega, foron incluídos na mostra, que estivo aberta até o 8 de xaneiro de 2017.[5][6]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Notas

  1. Peel, Edmund (1987). The Painter Joaquin Sorolla. Philip Wilson Publishers Ltd. ISBN 978-0856673511. 
  2. Chilvers, Ian (2004). Diccionario del arte del siglo XX. Edición de Arturo Colorado Castellary. p. 773. ISBN 978-84-74916003. OCLC 436924875. 
  3. 3,0 3,1 Martins, Simone (2016-05-27). "Joaquín Sorolla". Historia das Artes (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2023. Consultado o 2023-08-12. 
  4. López, Rafa (2023-07-02). "Sorolla en el país de las rías". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2023-08-12. 
  5. "Patrimonio: O SOROLLA ÍNTIMO, EN GALICIA". Cultura de Galicia; www.cultura.gal. Consultado o 2023-08-12. 
  6. "Sorolla íntimo. Bosquexos da serie Visións de España". Museos de Galicia; museos.xunta.gal. Consultado o 2023-08-12. 


Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]