iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: https://gl.wikipedia.org/wiki/Janet_Leigh
Janet Leigh - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Janet Leigh

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJanet Leigh

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Jeanette Helen Morrison Editar o valor en Wikidata
6 de xullo de 1927 Editar o valor en Wikidata
Merced, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte3 de outubro de 2004 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
Beverly Hills, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da morteVasculite
infarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaWestwood Village Memorial Park Cemetery (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversity of the Pacific (en) Traducir
Stockton High School (en) Traducir
Merced High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura166 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor de xénero, actriz de cinema, actriz, actriz de televisión, actriz de teatro, escritora Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1947 Editar o valor en Wikidata -
Partido políticoPartido Demócrata Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeTony Curtis (1951–1962)
Robert Brandt
John Kenneth Carlisle
Stanley Reames Editar o valor en Wikidata
FillosKelly Curtis
 () Tony Curtis
Jamie Lee Curtis
 () Tony Curtis Editar o valor en Wikidata
PaisFrederick Robert Morrison Editar o valor en Wikidata  e Helen Lita Westergard Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0001463 Allocine: 149 Rottentomatoes: celebrity/janet_leigh Allmovie: p41670 79463 TV.com: people/janet-leigh IBDB: 49417
BNE: XX1148043 Musicbrainz: 0e97ce00-1e98-4b9a-90bf-deec2724e420 Discogs: 2064027 WikiTree: Morrison-5735 Find a Grave: 9550589 Editar o valor en Wikidata

Jeanette Helen Morrison, nada en Merced (California) o 6 de xullo de 1927 e finada en Beverly Hills o 3 de outubro de 2004, foi unha actriz, cantante, bailarina e escritora estadounidense, coñecida como Janet Leigh.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Leigh criouse en Stockton, California, nunha familia de clase traballadora.[1]

No inverno de 1945–6, a actriz Norma Shearer estaba de vacacións en Sugar Bowl, un resort de esquí en Sierra Nevada, onde traballaban os pais de Leigh.[2][3] Na entrada, Shearer viu unha foto de Leigh, que entón tiña dezaoito anos, tomada polo fotógrafo do club polo Nadal.[4] Cando regresou aos Ánxeles, Shearer amosou a fotografía ao axente Lew Wasserman, da Metro-Goldwyn-Mayer (MGM),[5] e axudou a Leigh a obter un contrato. Leigh realizou a súa primeira incursión real na interpretación aparecendo en programas de radio[6] antes de debutar no cinema con The Romance of Rosy Ridge (1947) como interese romántico da personaxe de Van Johnson. Durante a rodaxe, o nome de Leigh foi cambiado primeiro a "Jeanette Reames" e logo a "Janet Leigh" e finalmente ao seu nome real, "Jeanette Morrison", porque "Janet Leigh" lembraba demasiado a Vivien Leigh.[7] Porén, a Johnson non lle gustaba o nome e finalmente foi cambiado definitivamente a "Janet Leigh" (pronunciado como "Lee").[7]

No principio da súa carreira apareceu en varios filmes populares de MGM que incluían unha gran variedade de xéneros, como Act of Violence (1948), Little Women (1949), Angels in the Outfield (1951), Scaramouche (1952), The Naked Spur (1953) e Living It Up (1954). Leigh interpretou sobre todo papeis dramáticos durante a segunda metade da década de 1950, en filmes como os de Safari (1956) e o filme negro de Orson Welles Touch of Evil (1958), mais o seu recoñecemento máis forte foi coa súa interpretación de Marion Crane en Psicose (1960), de Alfred Hitchcock, que lle valeu un Globo de Ouro e unha candidatura ao Óscar á mellor actriz secundaria.[8]

O seu publicitado matrimonio con Tony Curtis acabou en divorcio en 1962, e tras protagonizar The Manchurian Candidate ese mesmo ano, Leigh reduciu o ritmo da súa carreira. Continuou a aparecer en filmes de xeito intermitente, incluídos Bye Bye Birdie (1963), Harper (1966), Night of the Lepus (1972) e Boardwalk (1979). A finais de 1975, debutou en Broadway nunha produción de Murder Among Friends. Tamén apareceu en dous filmes de terror coa súa filla, Jamie Lee Curtis: The Fog (1980) e Halloween H20: 20 Years Later (1998).

Ademais do seu traballo como actriz, Leigh escribiu catro libros entre 1984 e 2002, dous deles novelas. Faleceu en outubro de 2004 aos 77 tras unha longa batalla contra a vasculite, inflamación dos vasos sanguíneos.

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Ano Título Personaxe Notas Ref.
1947 The Romance of Rosy Ridge Lissy Anne MacBean [9]
1947 If Winter Comes Effie Bright [9]
1948 Hills of Home Margit Mitchell Títulos alternativos: Danger in the Hills e Master of Lassie [9]
1948 Words and Music Dorothy Feiner Rodgers [9]
1949 How to Smuggle a Hernia Across the Border Curtametraxe [10]
1949 Act of Violence Edith Enley [9]
1949 Little Women Meg March [9]
1949 The Red Danube Maria Buhlen [9]
1949 The Doctor and the Girl Evelyn Heldon Título alternativo: Bodies and Souls [9]
1949 That Forsyte Woman June Forsyte Título alternativo: The Forsyte Saga [9]
1949 Holiday Affair Connie Ennis [9]
1951 Strictly Dishonorable Isabelle Perry [9]
1951 Angels in the Outfield Jennifer Paige [9]
1951 Two Tickets to Broadway Nancy Peterson [9]
1951 It's a Big Country Rosa Szabo Xenophon [9]
1952 Just This Once Lucy Duncan [9]
1952 Scaramouche Aline de Gavrillac de Bourbon [9]
1952 Fearless Fagan Abby Ames [9]
1953 The Naked Spur Lina Patch [9]
1953 Confidentially Connie Connie Bedloe [9]
1953 Houdini Bess Houdini [9]
1953 Walking My Baby Back Home Chris Hall [9]
1954 O príncipe valente Princesa Aleta [9]
1954 Living It Up Wally Cook [9]
1954 The Black Shield of Falworth Lady Anne [9]
1954 Rogue Cop Karen Stephanson [9]
1955 Canción triste de Pete Kelly Ivy Conrad [9]
1955 My Sister Eileen Eileen Sherwood [9]
1956 Safari Linda Latham [9]
1957 Jet Pilot Lt. Anna Marladovna Shannon / Olga Orlief [9]
1958 Touch of Evil Susan Vargas [9]
1958 The Vikings Morgana [9]
1958 The Perfect Furlough Lt. Vicki Loren [9]
1960 Who Was That Lady? Ann Wilson Premio Laurel á mellor interpretación feminina de comedia (4.º posto) [9]
1960 Psicose Marion Crane Globo de Ouro á mellor actriz secundaria
Premio Laurel á mellor actriz secundaria (2.º posto)
Candidata ao Óscar á mellor actriz secundaria
[9]
1960 Pepe Ela mesma Premio Laurel á mellor interpretación feminina de comedia [9]
1962 The Manchurian Candidate Eugenie Rose Chaney [9]
1963 Bye Bye Birdie Rosie DeLeon [9]
1963 Wives and Lovers Bertie Austin [9]
1966 Kid Rodelo Nora [9]
1966 Harper Susan Harper Título alternativo: The Moving Target [9]
1966 Three on a Couch Dr. Elizabeth Acord [9]
1966 An American Dream Cherry McMahon Título alternativo: See You in Hell, Darling [9]
1967 The Spy in the Green Hat Miss Diketon Reeditado a partir de "The Concrete Overcoat Affair", episodio en dúas partes da serie de televisión The Man From U.N.C.L.E. [11]
1967 Grand Slam Mary Ann Título alternativo: Ad ogni costo [9]
1969 Hello Down There Vivian Miller Título alternativo: Sub-A-Dub-Dub [9]
1972 One Is a Lonely Number Gert Meredith Título alternativo: Two Is a Happy Number [9]
1972 Night of the Lepus Gerry Bennett Título alternativo: Rabbits [9]
1979 Boardwalk Florence Cohen [9]
1980 The Fog Kathy Williams [9]
1985 The Fantasy Film Worlds of George Pal Ela mesma Documental [12]
1998 Halloween H20: 20 Years Later Norma Watson [13]
2005 Bad Girls from Valley High Mrs. Witt Filmado en 2000 e estreado postumamente [14]

Publicacións

[editar | editar a fonte]
  1. Capua 2013, pp. 4–6, 8.
  2. Muskal, Michael (4 de outubro de 2004). "Actress Janet Leigh Dies at 77". Los Angeles Times. Consultado o 30 de decembro de 2017. 
  3. Capua 2013, p. 12.
  4. Capua 2013, p. 10.
  5. "'Luckiest' Photograph Changed Whole Life for a College Girl", Milwaukee Journal Sentinel, 16 de agosto de 1947, páx. 1
  6. Dunning, John. (1976). Tune in Yesterday: The Ultimate Encyclopedia of Old-Time Radio, 1925–1976. Prentice-Hall, Inc. ISBN 0-13-932616-2. pp. 283–284.
  7. 7,0 7,1 "Hayward And Bacall Bid For Novel, 'Ronnie Harper'" by Sheilah Graham, The Miami News, 2 de decembro de 1946, páx. 11
  8. Weinraub, Bernard (1 de maio de 1995). "'Psycho' in Janet Leigh's Psyche". The New York Times. Consultado o 27 de decembro de 2017. 
  9. 9,00 9,01 9,02 9,03 9,04 9,05 9,06 9,07 9,08 9,09 9,10 9,11 9,12 9,13 9,14 9,15 9,16 9,17 9,18 9,19 9,20 9,21 9,22 9,23 9,24 9,25 9,26 9,27 9,28 9,29 9,30 9,31 9,32 9,33 9,34 9,35 9,36 9,37 9,38 9,39 9,40 9,41 9,42 9,43 9,44 9,45 9,46 9,47 "Janet Leigh". American Film Institute Catalog. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2017. Consultado o 30 de decembro de 2017. 
  10. Capua 2013, p. 51.
  11. Capua 2013, p. 266.
  12. Capua 2013, p. 223.
  13. Capua 2013, p. 204.
  14. Capua 2013, p. 145.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]