iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: https://gl.wikipedia.org/wiki/Jan_Mayen
Jan Mayen - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Jan Mayen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaJan Mayen
Imaxe

EpónimoJan Jacobszoon May van Schellinkhout (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 70°58′59″N 8°32′01″O / 70.983, -8.5336
CapitalOlonkinbyen (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación18 (2010) Editar o valor en Wikidata (0,05 hab./km²)
Lingua oficiallingua norueguesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie377 km² Editar o valor en Wikidata
Medición15 (ancho) × 54 (lonxitude) km
Bañado porOcéano Ártico, Mar de Groenlandia e Mar de Noruega Editar o valor en Wikidata
Altitude2.277 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoBeerenberg (pt) Traducir (2.277 m) Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Evento clave
Identificador descritivo
Código postal8099 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
ISO 3166-2NO-22 Editar o valor en Wikidata
Código NUTSNO0B1 Editar o valor en Wikidata

Páxina webjan.mayen.no Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5405639
Mapa de Jan Mayen.
Foto satélite de Jan Mayen.

A illa de Jan Mayen, parte do Reino de Noruega, é unha illa volcánica de 373 km² situada no ártico, parcialmente cuberta por glaciar e dividida en dúas partes por un estreito istmo. Atópase no mar noruegués e marca o seu límite co mar de Groenlandia; ao norte de Islandia entre Groenlandia e Noruega a 71º N e 8º O. A illa é montañosa debido á súa orixe volcánica e o seu pico máis alto é o volcán Beerenberg (2.277 m) ao norte da illa.

Esta illa non posúe recursos naturais explotables. A súa actividade económica limítase a prover servizos aos empregados das estacións de radio e meteorolóxicas norueguesas situadas na illa. Ten unha pista aérea sen pavimentar de aproximadamente 1.585 m de longo e os seus 124,1 quilómetros de costa carecen de portos ou peiraos, tendo unicamente ancoradoiras fóra da costa.

Jan Mayen é parte xeograficamente integrada de Noruega. Desde 1995 foi administrada polo gobernador (fylkesmann) do condado (fylker) de Nordland, no entanto, parte da autoridade foi delegada a un comandante de estación do Servizo Noruegués de Comunicación de Defensa.

Henry Hudson descubriu esta illa en 1607 e chamouna Hudson's Tutches ou Touches. A partir de entón foi observada varias veces por navegantes que exitosamente se aduciron o seu descubrimento e a renomearon. Así, en 1611 ou un ano despois baleeiros de Hull chamárona Illa Trindade; en 1612 Jean Vrolicq, un baleeiro francés, chamouna Île de Richelieu (Illa de Richelieu); en 1814 Joris Carolus nomeou un dos seus promontorios Jan Meys Hoeck (Outeiro de Jan Mey) en honra do capitán dun dos seus barcos. O nome actual da illa provén disto último xa que a afirmación do descubrimento en 1611 por un navegante holandés de nome Jan Mayen non ten fundamento.

A illa está habitada por persoal que opera unha base de navegación de alto alcance (Loran-C) cun total de 14 empregados e unha estación de servizos climatolóxicos con persoal de 4. Os membros do persoal de ambas viven no centro de aloxamento da base de Loran-C chamado Olonkinbyen (Cidade de Olonkin).

A illa non ten habitantes nativos ou aborixes pero se lle asignou o ISO 3166-1 código do País SJ, o dominio de Internet de máis alto nivel (ccTLD) é .no (.sj está asignado pero non se utiliza) e o código de datos é JN. O prefixo de radio é JX.

Referencias

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]