Jèrriais
Jèrriais | ||
---|---|---|
Falado en: | Reino Unido | |
Rexións: | Illa de Jersey e Sark | |
Total de falantes: | 1 900 (censo de 2011) | |
Familia: | Indoeuropea Itálica Románica Románica occidental Galorrománica Oïl Normando Jèrriais | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | nrf
| |
Mapa | ||
Status | ||
O jèrriais é unha forma da lingua normanda que se fala na Illa de Jersey, unha das Illas da Canle a carón da costa de Francia. Esmoreceu durante o século XX pola substitución do inglés como lingua da educación, do comercio e da administración. Hai moi poucas persoas que falen o jèrriais como lingua nai e, tendo en conta a idade dos falantes, este número mingua ano tras ano. Unha lingua semellante, o guernésiais, fálase na veciña illa de Guernsey; a lingua de Sark, o sercquiais, descende do jèrriais levado por colonos de Jersey que se asentaron en Sark no século XVI. É mutuamente intelixible coa lingua normanda da Normandía continental.
Literatura
[editar | editar a fonte]A literatura en jèrriais ten as súas orixes na poesía de Wace (s. XII). Porén, apenas se conservan obras anteriores á introdución da imprenta na illa de Jersey durante a década de 1780. Os primeiros textos impresos na lingua proceden de xornais de finais do século XVIII, e o primeiro poema datado é un fragmento de Matchi L'Gé (1777-1849), publicado en 1795. Ao longo do século XIX, houbo un incremento notable no número de xornais e revistas en jèrriais, onde moitos autores escribían con regularidade. A primeira antoloxía de poesía en jèrriais, Rimes Jersiaises, saíu do prelo en 1865.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jèrriais |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Paul W. Birt (1985): Lé Jèrriais Pour Tous.
- Frank Le Maistre (1996): Dictionnaire Jersiais–Français.
- Mari C. Jones (2001): Jersey Norman French: A Linguistic Study of An Obsolescent Dialect .
- Mari C. Jones (2003): Jèrriais: Jersey's Native Tongue. ISBN 978-1-904210-03-0.
- (2005): Dictionnaithe Jèrriais-Angliais. ISBN 0-901897-40-X.
.