iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: https://gl.wikipedia.org/wiki/Invasión
Invasión - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Invasión

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha invasión[1][2] é unha acción militar que consiste na entrada das forzas armadas dunha entidade xeopolítica no territorio controlado por outra entidade semellante, normalmente co obxectivo de conquistar o territorio ou cambiar o goberno estabelecido. Unha invasión pode ser a causa dunha guerra, pode usarse como parte dunha estratexia maior para terminar unha guerra ou pode constituír unha guerra completa en si mesma.

O termo adoita connotar un esforzo estratéxico de considerable magnitude. Xa que os obxectivos dunha invasión adoitan ser a grande escala e a longo prazo, necesítanse moitas forzas para manter un territorio e protexer os intereses da entidade invasora. En xeral, as infiltracións tácticas máis pequenas non se consideran invasións e normalmente clasifícanse como escaramuzas, saídas, asasinatos selectivos ou recoñecementos ofensivos. Por definición, unha invasión é un ataque levado a cabo por forzas externas. Por tanto, as rebelións, guerras civís, golpes de estado, democidios ou outros actos de opresión non se consideran invasións.

Invasión como agresión

[editar | editar a fonte]

Tras a segunda guerra mundial, reuniuse un tribunal de Núremberg para procesar aos oficiais da Alemaña nazi por crimes de guerra. Nese contexto, o concepto de «invasión» abstraeuse en principio como «agresión», para facer referencia á propia hostilidade como violación dos principios do civismo ou da lei internacional. Alemaña empezara unha campaña de ofensivas que incluía a invasión de case todos os países veciños de Europa, incluíndo a Polonia, Francia e a Unión Soviética. De acordo co tribunal, unha agresión é:

o crime internacional supremo, distinto a outros crimes de guerra só en que contén dentro de si a maldade acumulada do conxunto.

Faise referencia a este principio nos Principios de Núremberg que, en paralelo coas Convencións de Xenebra, están incluídos na Carta das Nacións Unidas.

A evidencia arqueolóxica indica que as invasións foron frecuentes desde a prehistoria. Na antigüidade, antes das comunicacións por radio e o transporte rápido, a única maneira de asegurarse uns reforzos suficientes era mover os exércitos como unha única forza masiva. Isto, pola súa propia natureza, conduciu ata a estratexia da invasión. Coas invasións viron os intercambios culturais no goberno, a relixión, a filosofía e a tecnoloxía, que moldearon o desenvolvemento de gran parte do mundo antigo.[3]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para invasión.
  2. Definición de invasión no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  3. Bagnall, Nigel (1990). The Punic Wars : Rome, Carthage, and the Struggle for the Mediterranean (Thomas Dunne Books ed.). ISBN 0-312-34214-4. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]