Independencia de México
Guerra de independencia de México | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Miguel Hidalgo y Costilla, coñecido en México como Pai da Patria. | |||||||
| |||||||
Belixerantes | |||||||
• Insurxentes e • Trigarantes leais a México |
• Realistas leais a España | ||||||
Líderes | |||||||
Miguel Hidalgo (1810-1811)† Ignacio Allende (1810-1811)† Ignacio López Rayón (1811-1813) José María Morelos (1810-1815)† Guadalupe Victoria e Vicente Guerrero (1815-1821) Francisco Xavier Mina (1817)† Agustín de Iturbide (1821)[n. 1] |
Francisco Xavier Venegas (1810-1813) Félix Calleja (1813-1816) Juan Ruiz de Apodaca (1816-1821) Francisco Novella (1821) Juan O'Donojú (1821) |
A Independencia de México foi a consecuencia dun proceso político e social resolto pola vía das armas, que puxo fin ao dominio español nos territorios de Nova España. A guerra pola independencia mexicana tivo o seu antecedente na invasión de Francia a España en 1808 e estendeuse desde o ''Grito de Dolores'', o 16 de setembro de 1810, até a entrada do Exército Trigarante á Cidade de México, o 27 de setembro de 1821.
O movemento independentista mexicano ten como marco a Ilustración e as revolucións liberais da última parte do século XVIII. Por esa época a elite ilustrada comezaba a reflexionar acerca das relacións de España coas súas colonias. Os cambios na estrutura social e política derivados das reformas borbónicas, aos que se sumou unha profunda crise económica en Nova España, tamén xeraron un malestar entre algúns segmentos da poboación.
A ocupación francesa da metrópole en 1808 desencadeou en Nova España unha crise política que desembocou no movemento armado. Nese ano, o rei Carlos IV e Fernando VII abdicaron sucesivamente en favor de Napoleón Bonaparte, que deixou a coroa de España ao seu irmán Xosé Bonaparte. Como resposta, o concello de México —con apoio do vicerrei José de Iturrigaray reclamou a soberanía en ausencia do rei lexítimo; a reacción conduciu a un golpe de estado contra o vicerrei e levou ao cárcere aos xefes do movemento.
A pesar da derrota dos crioulos na Cidade de México en 1808, noutras cidades de Nova España reuníronse pequenos grupos de conxurados que pretenderon seguir os pasos do concello de México. Tal foi o caso da conxura de Valladolid, descuberta en 1809 e cuxos participantes foron postos en prisión. En 1810, os conspiradores de Querétaro estiveron a piques de correr a mesma sorte pero, ao verse descubertos, optaron por tomar as armas o 16 de setembro en compañía dos habitantes indíxenas e campesiños do pobo de Dores (Guanajuato), convocados polo cura Miguel Hidalgo y Costilla.
A partir de 1810, o movemento independentista pasou por varias etapas, pois os sucesivos líderes foron postos en prisión ou executados polas forzas leais a España. Ao principio reivindicábase a soberanía de Fernando VII sobre España e as súas colonias, pero os líderes asumiron despois posturas máis radicais, incluíndo cuestións de orde social como a abolición da escravitude. José María Morelos y Pavón convocou ás provincias independentistas a conformar o Congreso de Anáhuac, que dotou ao movemento insurxente dun marco legal propio. Trala derrota de Morelos, o movemento reduciuse a unha guerra de guerrillas. Cara a 1820, só quedaban algúns núcleos rebeldes, sobre todo na serra Madre do Sur e en Veracruz.
A rehabilitación da Constitución de Cádiz en 1820 alentou o cambio de postura das elites novohispanas, que ata aí apoiaran o dominio español. Ao ver afectados os seus intereses, os crioulos monárquicos decidiron apoiar a independencia de Nova España, para o que buscaron aliarse coa resistencia insurgente. Agustín de Iturbide dirixiu o brazo militar dos conspiradores, e a principios de 1821 puido atoparse con Vicente Guerreiro. Ambos proclamaron o Plan de Iguala, que convocou á unión de todas as faccións insurxentes e contou co apoio da aristocracia e o clero de Nova España. Finalmente, a independencia de México consumouse o 27 de setembro de 1821.
Tras isto, Nova España converteuse no Imperio Mexicano, unha efémera monarquía católica que deu paso a unha república federal en 1823, entre conflitos internos e a separación de América Central.
Logo dalgúns intentos de reconquista, incluíndo a expedición de Isidro Barradas en 1829, España recoñeceu a independencia de México en 1836, tralo falecemento do monarca Fernando VII.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Os insurxentes e o seu comandante Guerrero se subordinan á dirección de Iturbide no Abrazo de Acatempan.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Independencia de México |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- De Bustamante, Carlos María (1823). Cuadro Histórico de la revolución de la América Mexicana, comenzada en quince de septiembre de mil ochocientos diez, por el ciudadano Miguel Hidalgo y Costilla. Cidade de México: Impresiones de El Águila
- Da Torre Villar, Ernesto (1982). La Independencia Mexicana. De la Torre Villar, Ernesto (1982). La independencia mexicana. México: Fondo de Cultura Económica. ISBN 968-16-0893-3.
- Lemoine Villicaña, Ernesto (1978). La revolución radical: José María Morelos. Lemoine Villicaña, Ernesto (1978). La revolución radical: José María Morelos. Historia de México. México: Salvat. ISBN 968-32-0000-1.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- El Despertador Americano (primeiro periódico editado polos insurxntes de México) en versión PDF. Dispoñible en: antorcha.net
- Independencia de México. Dispoñible en: monografías.com
- Atlas de historia de la revolución de independencia.
Predecesor: Vicerreinado de Nova España (1535-1810) |
Historia de México |
Sucesor: México Independeente (1821-1854) |
Predecesor: Primeiro Imperio Mexicano (1821-1824) |
México Independente 1821-1854 |
Sucesor: Primeira República Federal (1821-1835) |