HK Nitra
HK Nitra | |
---|---|
Fundación | 1926 |
Cidade | Nitra, Nitra Eslovaquia |
Estadio | Nitra Aréna (5.300 espectadores) |
Liga | Extraliga Eslovaca |
Director | Ján Plandora |
Adestrador | Antonín Stavjaňa |
Cores | Azul e branco |
Na rede | |
http://www.hockeynitra.com |
O Hokejový klub Nitra ou HK Nitra é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Nitra, Eslovaquia. Actualmente compite na Extraliga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo eslovaco, dende a 2003-04. Xoga os seus partidos como local no Nitra Aréna, un pavillón con capacidade para 5.300 espectadores.
Historía
[editar | editar a fonte]A HK Nitra foi fundado en 1926 baixo o nome de AC Nitra. O seu primeiro grande éxito chegou na tempada 1933-34, cando gañou a Tatranský pohár. O club foi renomeado moitas veces, dende 1945 ata 1976 foi denominado Sokol, Komunálny podnik, Spojené závody, Slavoj, Slovan e Štart. En 1976 o club adoptou o nome de Plastika Nitra. O equipo gañou a 1. SNHL (1ª Liga Nacional de Hóckey de Eslovaquia), a segunda categoría do hóckey sobre xeo checoslovaco na tempada 1983–84 e asegurouse a súa participación na rolda preliminar da Extraliga Checoslovaca, onde conseguiron 2 puntos en 4 partidos fronte ao Škoda Plzeň e o Poldi Kladno, polo que non ascendeu á Extraliga. O HK Nitra gañou novamente a 1. SNHL na tempada 1986–87, mais perdeu novamente na rolda preliminar fronte ao Poldi Kladno. Na seguinte tempada volveu triunfar na 1. SNHL, mais novamente caeu na rolda preliminar, desta vez fronte ao TJ Vítkovice. O primeiro ascenso do HK Nitra á Extraliga Checoslovaca chegou na tempada 1989–90, cando finalizaou na cuarta posición grupo clasificatorio e asegurou a súa participación da máxima categoría a tempada seguinte. O equipo rematou na 13ª posición no seu debut na máxima categoría checoslovaca, conseguindo 39 puntos en 53 partidos, polo que descendeu á 1. SNHL. Ao ano seguinte volveu gañar a 1. SNHL, mais caeu na rolda preliminar polo ascenso fronte ao ŠKP Poprad. Na seguinte tempada gañou unha vez máis a 1. SNHL, mais non se xogou a rolda preliminar de escenso a causa da disolución de Checoslovaquia.
Logo da disolución de Checoslovaquia, o HK Nitra foi un dos equipo que participaron na tempada inaugural da máxima categoría do hóckey sobre xeo eslovaco, a Extraliga, onde finalizou na 5ª posición e non se clasificou para os play-offs. Ao ano seguinte o equipo empeorou a súa clasificación e finalizou 9º nunha liga de 10 equipos, mais conseguiu manter a categoría. Na súa terceira participación conseguiu clasificarse para os play-offs logo de finalizar na 6ª posición na liga regular, mais caeu na primeira rolda fronte ao Martimex ZŤS Martin en catro partidos (3-1). Na tempada 1996-97 conseguiu a permanencia ao finalizar 1º na rolda para evitar o descenso. Non obstante, na tempada 1998-99 o equipo descendía tras finalizar na derradeira praza a liga regular e 5º na rolda de permanencia. Na tempada 2001-02 xogou novamente na máxima categoría logo da súa ampliación de 8 a 10 equipos, mais finalizou na derradeira posición e descendeu. O último ascenso do equipo á máxima categoría produciuse no 2003, e dende aquela conseguiu manterse na elite do hóckey sobre xeo eslovaco, conseguindo mesmo o campionato da liga regular na tempada 2005-06, aínda que non foi quen de superar as semifinais, onde caeu fronte ao MsHK Žilina (que logo se alzaría co campionato) en 6 partidos (4-2).
Denominacións
[editar | editar a fonte]Ao longo da súa historia o club adoptou diversas denominacións:[1]
- AC Nitra
- Plastika Nitra
- MHC Plastika Nitra
- MHC Nitra
- HC Nitra
- HK Dynamax Nitra
- HK Dynamax Oil Nitra
Palmarés
[editar | editar a fonte]- 5 1. SNHL: 1984, 1987, 1989, 1992 e 1993
- 1 Tatranský pohár: 1934
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Historia do club en http://www.hkmnr.sk/ (en eslovaco)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey sobre xeo |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial Arquivado 21 de xuño de 2013 en Wayback Machine. (en eslovaco)