Gran Premio de Estiria
Nome na lingua orixinal | (de) Großer Preis der Steiermark |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Fórmula 1 |
Deporte | deportes de motor |
Organizador | Federación Internacional do Automóbil |
Localización e Datas | |
Localización | A1-Ring (Spielberg) 47°13′11″N 14°45′53″L / 47.219722222222, 14.764722222222 |
Lonxitude | 4,318 km |
País | Austria |
O Gran Premio de Estiria (oficialmente Formula 1 Pirelli Großer Styrian Grand Prix) é unha carreira válida para o campionato de Fórmula 1 que forma parte do calendario da tempada 2020. Debido á pandemia do coronavirus, o calendario está modificado, e nalgúns circuítos, entre eles o Red Bull Ring, se disputan dous Grandes Premios. Ao estar o circuíto localizado no estado de Estiria, o segundo dos Grandes Premios adoptou este nome.[1][2]
Historia
[editar | editar a fonte]2020
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Gran Premio de Estiria de 2020.
A Pandemia de COVID-19 en 2020 provocou a interrupción do calendario de carreiras orixinal, cunha serie de carreiras canceladas. O Gran Premio de Estiria engadiuse ao calendario revisado como unha carreira "puntual", como outros Grandes Premios novos ou de volta, para compensar a perda doutras carreiras.[3] Despois do Gran Premio de Austria de 2020, foi a segunda carreira consecutiva no Red Bull Ring. Lewis Hamilton co Mercedes acadou a pole e gañou a carreira.
2021
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Gran Premio de Estiria de 2021.
A pesar da intención orixinal de que o Gran Premio de Estiria se celebrase como evento único en 2020, o evento regresou en 2021 como a oitava xornada do campionato en substitución do Gran Premio de Turquía que adiuse debido ás restricións de viaxe para xestionar a pandemia de COVID-19 en curso.[4] Max Verstappen co Red Bull acadou a pole e gañou a carreira.
Gañadores
[editar | editar a fonte]Fórmula 1
[editar | editar a fonte]Ano | Piloto | Construtor | Circuíto | Resultados |
---|---|---|---|---|
2021 | Max Verstappen | Red Bull-Honda | Red Bull Ring | Resultados |
2020 | Lewis Hamilton | Mercedes | Red Bull Ring | Resultados |
Notas
[editar | editar a fonte]- Referencias
- ↑ "F1 anuncia oito primeiras carreiras do calendario 2020". lat.motorsport.com (en castelán). Consultado o 2020-07-06.
- ↑ "¿Qué son o GP de Estiria e o GP do 70 Aniversario de F1?". es.motorsport.com (en castelán). Consultado o 2020-07-06.
- ↑ "F1 confirms first 8 races of revised 2020 calendar, starting with Austria double header". F1. Arquivado dende o orixinal o 9 de xuño de 2020. Consultado o 2 June 2020.
- ↑ "2021 F1 calendar reshuffled, as Turkey drops off and extra Austria race added". Formula1.com (en inglés). Formula One. 2021-05-14. Consultado o 2021-05-14.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Estiria |